Electron (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Electron
Diagrama dun foguete Electron.
Diagrama dun foguete Electron.
Función Lanzador espacial de lixeiro.
Fabricante Rocket Lab
País de orixe Estados Unidos/Nova Zelandia[1]
Tamaño
Altura 17,0 m[1]
Diámetro 1,2 m[1]
Etapas 2 ou 3[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 225 kg[1]
Historia de lanzamentos
Estado En activo[1]
Sitios de lanzamento Mahia (Nova Zelandia)[2]
Total de lanzamentos 11[1][2]
Éxitos 10[2]
Fallos 1[2]
Voo inaugural 25 de maio de 2017[1][2]
Primeira Etapa - Etapa 1
Diámetro 1,2 m
Motores 9 Rutherford
Pulo 162,00 kN
Impulso específico 303 s
Propelente Osíxeno líquido e queroseno
Segunda Etapa - Etapa 2
Diámetro 1,2 m
Motores 1 Rutherford
Pulo 22 kN
Impulso específico 333 s
Propelente Osíxeno líquido e queroseno
Terceira Etapa - Etapa 3
Diámetro 1,2 m
Motores 1 Curie
Pulo 120 N
Propelente Monopropelente

Electron é o nome dun foguete lixeiro fabricado e operado pola compañía estadounidense/neozelandesa Rocket Lab.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Electron está deseñado para poñer cargas lixeiras, de non máis de 225 kg, en órbita terrestre. O foguete ten un diámetro de 1,2 m e unha altura de 17 m. Usa dúas etapas construídas en composto de carbono alimentadas por osíxeno líquido e queroseno, a primeira con nove motores Rutherford e a segunda con un, especialmente deseñado para funcionar no baleiro. Os motores Rutherford son os primeiros motores foguete construídos coas súas partes principais impresas en 3D. As bombas que moven o propelente son puramente eléctricas para aforrar peso. Opcionalmente pódese usar unha pequena terceira etapa, propulsada por un motor Curie, capaz de múltiples acendidos para modificar a órbita dos satélites lanzados. O foguete lánzase desde a estación Onenui, en Mahia (Nova Zelandia), en Nova Zelandia, aínda que hai plans para lanzalo desde Escocia e desde Wallops Island.[1][2]


Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 25 de maio de 2017 Mahia It's a Test / Humanity Star Fallo Primeiro lanzamento dun Electron.
2 21 de xaneiro de 2018 Mahia Still Testing / Humanity Star / Lemur-2 72 / Lemur-2 73 / Dove Pioneer Éxito
3 11 de novembro de 2018 Mahia CICERO 10 / Lemur-2 82 / Lemur-2 83 / Proxima 1 / Proxima 2 / Irvine 01 / NABEO 1 Éxito
4 16 de decembro de 2018 Mahia ALBus / CeREs / CHOMPTT / Da Vinci / ISX / NMTSat / RSat-P / Shields 1 / STF 1 / CubeSail A / CubeSail B / TOMSat EagleScout / TOMSat R3 / SHFT 1 Éxito
5 28 de marzo de 2019 Mahia R3D2 Éxito
6 5 de maio de 2019 Mahia Harbinger (ICEYE X3) / SPARC 1 / Falcon-ODE Éxito
7 29 de xuño de 2019 Mahia BlackSky Global 3 / Painani 1 / Prometheus 2.7 / Prometheus 2.9 / ACRUX 1 / SpaceBEE 8 e 9 Éxito
8 19 de agosto de 2019 Mahia BlackSky Global 4 / BRO 1 / Pearl White 1 / Pearl White 2 Éxito
9 17 de outubro de 2019 Mahia Palisade Éxito
10 6 de decembro de 2019 Mahia ALE 2 / NOOR 1A / NOOR 1B / ATL 1 / FossaSat 1 / SMOG-P / TRSI-Sat Éxito
11 31 de xaneiro de 2020 Mahia NROL 151 Éxito
12 13 de xuño de 2020 Mahia ANDESITE Mule / ANDESITE Node 1 a 8 / NRO Sat 1 / NRO Sat 2 / NRO Sat 3 / RAAF M2 Pathfinder Éxito
13 4 de xullo de 2020 Mahia CE-SAT 1B / Flock-4e 1 a 5 / Faraday 1 Fallo
14 31 de agosto de 2020 Mahia Capella 2 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 Mark Wade (2020). "Electron" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Electron" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]