Eleccións xerais dos Países Baixos de 2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As eleccións xerais dos Países Baixos de 2012 celebráronse o 12 de setembro de 2012 co obxectivo de renovar cada un dos 150 escanos da Segunda Cámara dos Estados Xerais, a cámara baixa dos Estados Xerais dese país.[1]

Tratouse dunhas eleccións anticipadas,[2], consecuencia da dimisión do goberno do primeiro ministro Mark Rutte o 23 de abril. Os 150 membros da Cámara dos Representantes foron distribuídos polo sistema de representación proporcional.[3] Foi a quinta vez en dez anos que os holandeses participaron en eleccións lexislativas.

O goberno de Mark Rutte caeu despois de que o Partido para a Liberdade (PVV), que o apoiaba no parlamento, recusou apoiar as medidas de austeridade que o gabinete pretendía aplicar.[4]

O Partido Popular para a Liberdade e Democracia (VVD) venceu as eleccións, conquistando dúas cadeiras máis que o segundo, o Partido do Traballo. O Partido para a Liberdade, do populista de dereita Geert Wilders, foi o maior derrotado nestas eleccións, perdendo 9 das 24 cadeiras que posuía no Parlamento. Este partido defínese como euroescéptico, mostrando como resultado que os holandeses confiaban na zona do euro.[5] A elección tamén mostrou unha diferenza en relación coa maioría das eleccións doutros países europeos, onde, independentemente da ideoloxía que estaba no poder, todos os partidos políticos estaban sendo substituídos pola oposición.[6]

Mark Rutte ten o desafío de formar unha coalición co Partido do Traballo, que a pesar de ser favorábel á Unión Europea ten grandes diverxencias políticas, social e fiscal.[5] Os liberais (como, por exemplo, Mark) posúen tendencia de maior alianza coas ideas alemás dun plano de austeridade, e os traballistas tenden a aproximación co presidente francés François Hollande para relanzar a economía europea, sen, no entanto, renunciar á disciplina orzamentaria.[5]

Proceso electoral[editar | editar a fonte]

Nos Países Baixos, os electores teñen costume de facer sondaxes electorais online. Varios sitios como o Stemwijzer (Indicador de Voto) e o Kieskompas (Brújula Electoral) elaboran sondaxes dos principais temas máis relevantes de 20 partidos. Nesas enquisas virtuais, o internauta escolle unha opción (concorda, non concorda, ningún dos dous) en relación a unha idea partidaria; e indica o partido que ten máis afinidade co internauta.[7]

Resultados[editar | editar a fonte]

Partido Sufraxios Escanos
Votos  % +/- Deputados +/-
Partido Popular pola Liberdade e a Democracia (VVD) 2.504.948 26.6% +6.1 41 +10
Partido do Traballo (PvdA) 2.340.750 24,8% +5.2 38 +8
Partido pola Liberdade (PVV) 950.263 10.1% -5.3 15 -9
Partido Socialista (SP) 909.853 9.7% -0.2 15 =
Chamada Democristiá (CDA) 801.620 8.5% -5.1 13 -8
Demócratas 66 (D66) 757.091 8.0% +1.1 12 +2
Unión Cristiá (CU) 294.586 3.1% -0.1 5 =
Esquerda Verde (GL) 219.896 2.3% -4.4 4 -6
Partido Político Reformado (SGP) 196.780 2.1% +0.4 3 +1
Partido polos Animais (PvdD) 182.162 1.9% +0.6 2 =
50Plus 177.631 1.9% +1.9 2 +2
Outros 88.655 1.0 -0.2 0
TOTAL (participación: 74.6%) 9.424.235 100% 150

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Euronews. "Las elecciones holandesas, un examen para la Europa de la crisis" (en español). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  2. CNN (27 de abril de 2012). "Dutch government sets election date" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  3. Rfi (13/9/2012). "Liberais vencem eleições e preparam governo de coalizão na Holanda" (en portugués). Consultado o 19 de agosto de 20152. 
  4. Schneider, Howard (24 de abril de 2012). "Dutch government falls in skirmish over austerity measures". The Washington Post (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 DW (13/9/2012). "Liberais vencem eleições acirradas na Holanda" (en portugués). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  6. "Primeiro-ministro da Holanda vence eleições e continua no poder". Bom Dia Brasil (en portugués). 13/9/2012. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  7. IG (12/9/2012). "Holandeses vão às urnas em eleições parlamentares" (en portugués). Consultado o 19 de agosto de 2015.