Eleccións xerais de Suráfrica de 1999

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións xerais de Suráfrica de 1999Eleccións xerais de Suráfrica de 1999
Data2 de xuño de 1999 Editar o valor em Wikidata
Tipoeleccións xerais de Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido400 membro da Asemblea Nacional de Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado18.172.751 Editar o valor em Wikidata
16.228.462
   89.3٪
Ponto percentual (pt) 2.43
Número de votos válidos15.977.142    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos 251.320
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
<1
2>
Congreso Nacional Africano  — Thabo Mbeki
10.601.330   66.35٪
Ponto percentual (pt) 3.7
Membro do Parlamento de Suráfrica 252 → 266 Número de escanos 14
<1
2>
Partido Democrático  — Tony Leon
1.527.337   9.56٪
Ponto percentual (pt) 7.83
Membro do Parlamento de Suráfrica 7 → 38 Número de escanos 31
<1
2>
IFP  — Mangosuthu Buthelezi
1.371.477   8.58٪
Ponto percentual (pt) 1.96
Membro do Parlamento de Suráfrica 43 → 34 Número de escanos 9
<1
2>
Novo Partido Nacional  — Marthinus van Schalkwyk
1.098.215   6.87٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 28
<1
2>
Movemento Democrático Unido  — Bantu Holomisa
546.790   3.42٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 14
<1
2>
Partido Demócrata Cristián Africano  — Kenneth Meshoe
228.975   1.43٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 6

Editar o valor em Wikidata
 ← 1994 Editar o valor em WikidataSuráfrica Editar o valor em Wikidata 2004 Editar o valor em Wikidata  → 

As eleccións xerais de Suráfrica de 1999 tiveron lugar o 2 de xuño de dito ano para escoller os 400 membros da Asemblea Nacional e renovar as lexislaturas provinciais, que á súa vez elixirían os 90 membros do Consello Nacional das Provincias, configurando así a lexislatura do Parlamento de Suráfrica para o período 1999-2004. Foron as segundas eleccións xerais desde a fin do apartheid en 1994, así como as primeiras desde a sanción da nova constitución en 1996. Tras o anuncio do presidente Nelson Mandela en xullo de 1996 de non presentarse á reelección, o seu partido, o Congreso Nacional Africano (ANC), designou o vicepresidente saínte Thabo Mbeki como o seu candidato presidencial. O número de rexistrados para votar foi moi inferior ao de 1994, aínda que en sentido porcentual a participación foi maior. De 22.709.152 inscritos para participar na primeira elección, pasaron a 18.172.751 rexistrados para facelo cinco anos despois.

Ante unha oposición dividida e a alta popularidade do goberno de Mandela, o resultado foi unha esmagadora vitoria para o ANC, que logrou o 66.35% dos votos e unha maioría de 266 dos 400 escanos, a tan só unha banca de obter a maioría dos dous terzos requirida para modificar a constitución sen ter que negociar con outros partidos. En segundo lugar, o até entón minoritario Partido Democrático (DP), presidido e liderado por Tony Leon, creceu até o 9.56% dos votos e 38 escanos, converténdose na principal forza da oposición e arrebatando ao Partido Nacional (NP), gobernante durante o apartheid e daquelas opositor principal, o seu papel como forza política máis representativa da minoría branca e de cor. O terceiro lugar obtívoo o Partido da Liberdade Inkatha (IFP) co 8.58%, un lixeiro descenso con respecto á anterior elección, pero de todas formas sendo o único partido á parte do ANC en ser a forza máis votada nalgunha das nove provincias, retendo por pouco o seu bastión en KwaZulu-Natal. Pola súa parte, o Partido Nacional intentara reformarse e cortar os seus lazos co período do apartheid baixo o liderado de Marthinus van Schalkwyk renomeándose como Novo Partido Nacional, pero en lugar diso obtivo un desastroso resultado ao ser o cuarto cun 6.87% e 28 escanos, menos da metade que na anterior elección. O Movemento Democrático Unido (UDM), fundado recentemente por Bantu Holomisa, un disidente do ANC, logrou o 3.42% e 14 escanos na súa primeira elección, quedando de quinto.

Con respecto ao plano provincial, o ANC impúxose en oito das nove provincias, coa soa excepción de KwaZulu-Natal, onde o IFP triunfou sen maioría. En Cabo Occidental o ANC impúxose estreitamente ante o NNP e este conservou o goberno por un período máis mediante unha coalición. O Consello Nacional das Provincias tivo unha maioría de dous terzos do ANC, con 63 escanos, contra 10 do NNP, 8 do DP, 4 do IFP, 3 do UDM, un do Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) e un do Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP), recentemente fundado e segunda forza na provincia do Noroeste. Pese á contundente hexemonía do ANC, o Parlamento electo foi notablemente máis multipartidista que o anterior, con trece partidos obtendo representación parlamentaria na Asemblea Nacional con respecto aos sete que o lograron en 1994.

Asemblea Nacional[editar | editar a fonte]

Ademais de desempeñar a función lexislativa, a Asemblea Nacional é a encargada de elixir o Presidente de Suráfrica. O carismático presidente Nelson Mandela anunciara xa o 7 de xullo de 1996 que non se ía presentar á reelección e que ía delegar no vicepresidente Thabo Mbeki a dirección do Goberno e do seu partido, o Congreso Nacional Africano (CNA). O 18 de decembro de 1997, durante a celebración da 50ª Conferencia Nacional do partido que se celebraba en Mafeking, a presidencia executiva do ANC foi transferida a Mbeki e proclamouse a súa candidatura presidencial. A partir dese momento, o vicepresidente levou o peso do goberno e Mandela foise convertendo nun presidente representativo.[1]

Congreso Nacional Africano[editar | editar a fonte]

O CNA obtivo máis do 66% dos votos, co que mellorou os seus xa bos resultados de 1994. Isto traduciuse en 266 asentos na cámara, un menos da maioría dos dous terzos necesaria para reformar a Constitución,[1] un obxectivo que segundo algúns medios de comunicación se marcara o propio ANC.[2] O incremento do apoio ao CNA foi interpretado por algúns analistas como expresión de agradecemento a Mandela polo seu labor en pro do recoñecemento das liberdades da maioría.[1]

Novo Partido Nacional[editar | editar a fonte]

A pesar de ter cambiado o seu tradicional nome de Partido Nacional polo de «Novo Partido Nacional» (NPN), o até entón principal partido da oposición sufriu unha dura derrota. O partido que gobernara a Suráfrica do apartheid durante décadas abandonara o 30 de xuño de 1996 o Goberno de Unión Nacional que fora creado tras as eleccións de 1994 segundo o acordado na Constitución provisional. Desa forma, deixara claro que interpretaba que a transición finalizara con éxito. A pesar do seu paso á oposición, o NPN baixou desde o 20,39% dos votos e 82 escanos de 1994 até o 6,87% e 28 asentos.[1]

Partido Democrático[editar | editar a fonte]

O posto de principal partido da oposición foi ocupado polo Partido Democrático (PD) liderado agora por Tony Leon. O herdeiro da tradición liberal da minoría branca que se opuxera ao apartheid desde dentro do sistema avanzou desde o 1,73% e 7 escanos obtidos en 1994 até o 9,56% e 38 parlamentarios.[1]

Inkatha[editar | editar a fonte]

A diferenza do NPN, o Partido da Liberdade Inkatha de Mangosutu Buthelezi, con apoio principalmente entre a minoría zulú, permanecera no Goberno até o momento da celebración das eleccións. Iso non impediu que retrocedera sensiblemente. Do 10,54% e 43 parlamentarios de 1994 pasou ao 8,58% e 34 postos na Asemblea.[1]

Outros[editar | editar a fonte]

As eleccións tamén ratificaron o declive das opcións máis extremistas. A Fronte da Liberdade que representaba un importante sector da minoría africáner descendeu desde o 2,17% dos votos e nove asentos a un insignificante 0,80% e tres prazas. Igualmente, o Congreso Panafricano —defensor dunha Suráfrica controlada pola maioría negra— baixou do 1,25% e cinco asentos a un máis irrelevante aínda 0,71% e dous escanos. Só o sistema electoral estritamente proporcional evitou a súa saída do parlamento.[1]

Resultados[editar | editar a fonte]

Asemblea Nacional[editar | editar a fonte]

A composición do parlamento segundo a antiga clasificación racial experimentou un lixeiro cambio tendente á normalización con respecto á asemblea anterior. Así, os parlamentarios considerados «negros» aumentaron desde o anterior 52% até o 58% (unha porcentaxe máis próxima á xeral da poboación); os «brancos» diminuíron do 32 ao 26%; os «mulatos» aumentaron do 7 ao 10% e os «indios», do 3 ao 5 %. A porcentaxe de mulleres aumentou do 27 ao 30%, o que tamén supón unha aproximación á proporción existente na sociedade.[3]

Thabo Mbeki foi elixido presidente tras as eleccións.
Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 10.601.330
 66,35 %
Crecente (crecemento)3.70
266 / 400
Crecente (crecemento)14
Partido Democrático (DP) 1.527.337
 9,56 %
Crecente (crecemento)7.83
38 / 400
Crecente (crecemento)31
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 1.371.477
 8,58 %
Decrecente1.96
34 / 400
Decrecente9
Novo Partido Nacional (NNP) 1.098.215
 6,87 %
Decrecente13.52
28 / 400
Decrecente54
Movemento Democrático Unido (UDM) 546.790
 3,42 %
Novo
14 / 400
Novo
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 228.975
 1,43 %
Crecente (crecemento)0.98
6 / 400
Crecente (crecemento)3
Fronte da Liberdade (VF+) 127.217
 0,80 %
Decrecente1.37
3 / 400
Decrecente6
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 125.280
 0,78 %
Novo
3 / 400
Novo
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 113.125
 0,71 %
Decrecente0.74
3 / 400
Decrecente2
Alianza Federal (FA) 86.704
 0,54 %
Novo
2 / 400
Novo
Fronte Minoritaria (MF) 48.277
 0,30 %
Crecente (crecemento)0.23
1 / 400
Crecente (crecemento)1
Movemento de Unidade Africáner (AUM) 46.292
 0,29 %
Novo
1 / 400
Novo
Organización do Pobo de Azania (APO) 27.257
 0,17 %
Novo
1 / 400
Novo
Partido pola Abolición do Imposto sobre a Renda e a Usura (AITUP) 10.611
 0,07 %
Novo
0 / 400
Novo
Partido Verde polo Goberno do Pobo (GPGP) 9.193
 0,06 %
Novo
0 / 400
Novo
Partido Socialista de Azania (ASP) 9.062
 0,06 %
Novo
0 / 400
Novo
Votos válidos 15.977.142
 98,45 %
Votos en branco/nulos 251.320
 1,55 %
Votos en total 16.228.462
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 18.172.751
 89,30 %

Asembleas provinciais[editar | editar a fonte]

Provincia Resultado
Cabo Oriental[4] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.606.856
 73,80 %
Decrecente10.55
47 / 63
Decrecente1
Movemento Democrático Unido (UDM) 296.015
 13,60 %
Crecente (crecemento)13.60
9 / 63
Crecente (crecemento)9
Partido Democrático (DP) 136.859
 6,29 %
Crecente (crecemento)4.24
4 / 63
Crecente (crecemento)3
Novo Partido Nacional (NNP) 70.141
 3,22 %
Decrecente6.61
2 / 63
Decrecente2
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 24.837
 1,14 %
Decrecente0.90
1 / 63
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 20.857
 0,96 %
Crecente (crecemento)0.45
0 / 63
Fronte da Liberdade (VF+) 7.287
 0,33 %
Decrecente0.46
0 / 63
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 7.166
 0,33 %
Crecente (crecemento)0.16
0 / 63
Movemento de Unidade Africáner (AE) 3.673
 0,17 %
Crecente (crecemento)0.17
0 / 63
Alianza Federal (FA) 3.575
 0,16 %
Crecente (crecemento)0.16
0 / 63
Votos válidos 2.177.266
 98,42 %
Votos en branco/anulados 30.469
 1,38 %
Votos en total 2.207.735
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 2.454.543
 89,94 %
Estado Libre[5] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 881.381
 80,79 %
Crecente (crecemento)4.15
25 / 30
Crecente (crecemento)1
Partido Democrático (DP) 58.163
 5,33 %
Crecente (crecemento)4.77
2 / 30
Crecente (crecemento)2
Novo Partido Nacional (NNP) 56.740
 5,20 %
Decrecente7.39
2 / 30
Decrecente2
Fronte da Liberdade (VF+) 22.996
 2,11 %
Decrecente3.92
1 / 30
Decrecente1
Movemento Democrático Unido (UDM) 18.194
 1,67 %
Crecente (crecemento)1.67
0 / 30
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 12.548
 1,15 %
Decrecente0.66
0 / 30
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 9.827
 0,90 %
Crecente (crecemento)0.45
0 / 30
Alianza Federal (FA) 8.798
 0,81 %
Crecente (crecemento)0.81
0 / 30
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 8.543
 0,78 %
Crecente (crecemento)0.78
0 / 30
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 5.119
 0,47 %
Decrecente0.04
0 / 30
Movemento de Unidade Africáner (AE) 4.390
 0,40 %
Crecente (crecemento)0.40
0 / 30
Alianza Laborista de Desempregados (ULA) 2.974
 0,27 %
Crecente (crecemento)0.27
0 / 30
Partido Socialista de Azania (ASP) 1.235
 0,11 %
Nuevo
0 / 400
Nuevo
Votos válidos 1.090.908
 98,47 %
Votos en branco/anulados 16.943
 1,53 %
Votos en total 1.107.851
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 1.225.730
 90,38 %
Gauteng[6] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 2.448.780
 67,87 %
Crecente (crecemento)10.27
50 / 73
Partido Democrático (DP) 658.236
 17,95 %
Crecente (crecemento)12.63
13 / 73
Crecente (crecemento)8
Novo Partido Nacional (NNP) 142.579
 3,89 %
Decrecente19.99
3 / 73
Decrecente18
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 128.807
 3,51 %
Decrecente0.15
3 / 73
Movemento Democrático Unido (UDM) 71.630
 1,95 %
Crecente (crecemento)1.95
1 / 73
Crecente (crecemento)1
Fronte da Liberdade (VF+) 45.750
 1,25 %
Decrecente4.92
1 / 73
Decrecente4
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 42.621
 0,90 %
Crecente (crecemento)0.55
1 / 73
Alianza Federal (FA) 32.494
 0,89 %
Crecente (crecemento)0.89
1 / 73
Crecente (crecemento)1
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 26.781
 0,73 %
Decrecente0.73
0 / 73
Decrecente1
Movemento de Unidade Africáner (AE) 11.450
 0,31 %
Crecente (crecemento)0.31
0 / 73
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 8.642
 0,24 %
Crecente (crecemento)0.24
0 / 73
Organización do Pobo de Azania (APO) 5.896
 0,16 %
Crecente (crecemento)0.16
0 / 73
Partido Socialista de Azania (ASP) 1.235
 0,05 %
Crecente (crecemento)0.05
0 / 73
Partido Laborista (LP) 1.096
 0,03 %
Crecente (crecemento)0.03
0 / 73
Votos válidos 3.666.752
 98,90 %
Votos en branco/anulados 40.843
 1,10 %
Votos en total 3.707.595
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 4.154.087
 89,25 %
KwaZulu-Natal[7] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 1.241.522
 41,90 %
Decrecente8.43
34 / 80
Decrecente7
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.167.094
 39,83 %
Crecente (crecemento)7.15
32 / 80
Crecente (crecemento)6
Partido Democrático (DP) 241.779
 8,16 %
Crecente (crecemento)6.01
7 / 80
Crecente (crecemento)5
Novo Partido Nacional (NNP) 97.077
 3,28 %
Decrecente7.93
3 / 80
Decrecente6
Frente Minoritario (MF) 86.770
 2,93 %
Crecente (crecemento)1.59
2 / 80
Crecente (crecemento)1
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 53.745
 1,81 %
Crecente (crecemento)1.14
1 / 80
Movemento Democrático Unido (UDM) 34.586
 1,17 %
Crecente (crecemento)1.17
1 / 80
Crecente (crecemento)1
Alianza Federal (FA) 9.762
 0,33 %
Crecente (crecemento)0.33
0 / 80
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 7.654
 0,26 %
Decrecente0.47
0 / 80
Decrecente1
Fronte da Liberdade (VF+) 6.804
 0,23 %
Decrecente0.28
0 / 80
Movemento de Unidade Africáner (AE) 5.801
 0,20 %
Crecente (crecemento)0.20
0 / 80
Organización do Pobo de Azania (APO) 5.052
 0,17 %
Crecente (crecemento)0.17
0 / 80
Partido Socialista de Azania (ASP) 3.451
 0,12 %
Crecente (crecemento)0.12
0 / 80
Movemento Unido de Masas (MUM) 2.261
 0,08 %
Crecente (crecemento)0.08
0 / 80
Votos válidos 2.963.358
 98,47 %
Votos en branco/anulados 46.141
 1,53 %
Votos en total 3.009.499
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 3.443.978
 87,38 %
Mpumalanga[8] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 954.788
 84,83 %
Crecente (crecemento)4.13
26 / 30
Crecente (crecemento)1
Partido Democrático (DP) 50.421
 4,48 %
Crecente (crecemento)3.92
1 / 30
Crecente (crecemento)1
Novo Partido Nacional (NNP) 27.909
 2,48 %
Decrecente6.52
1 / 30
Decrecente3
Fronte da Liberdade (VF+) 19.170
 1,70 %
Decrecente3.96
1 / 30
Decrecente1
Movemento Democrático Unido (UDM) 16.013
 1,42 %
Crecente (crecemento)1.42
1 / 30
Crecente (crecemento)1
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 15.901
 1,41 %
Decrecente0.11
0 / 30
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 12.586
 1,12 %
Crecente (crecemento)0.64
0 / 30
Alianza Federal (FA) 9.019
 0,80 %
Crecente (crecemento)0.80
0 / 30
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 7.296
 0,65 %
Decrecente0.99
0 / 30
Movemento de Unidade Africáner (AE) 4.520
 0,40 %
Crecente (crecemento)0.40
0 / 30
Partido Progresista Sindawonye (SPP) 4.318
 0,38 %
Crecente (crecemento)0.38
0 / 30
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 2.553
 0,23 %
Crecente (crecemento)0.23
0 / 30
Organización do Pobo de Azania (APO) 1.090
 0,10 %
Crecente (crecemento)0.10
0 / 80
Votos válidos 1.125.584
 98,13 %
Votos en branco/anulados 21.502
 1,87 %
Votos en total 1.147.086
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 1.277.783
 89,77 %
Noroeste[9] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.030.901
 78,97 %
Crecente (crecemento)4.36
27 / 33
Crecente (crecemento)1
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 124.874
 9,57 %
Crecente (crecemento)9.57
3 / 30
Crecente (crecemento)3
Partido Democrático (DP) 42.593
 3,26 %
Crecente (crecemento)2.76
1 / 33
Crecente (crecemento)1
Novo Partido Nacional (NNP) 29.931
 2,29 %
Decrecente6.55
1 / 33
Decrecente2
Fronte da Liberdade (VF+) 17.964
 1,38 %
Decrecente3.26
1 / 33
Movemento Democrático Unido (UDM) 16.785
 1,29 %
Crecente (crecemento)1.29
0 / 33
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 12.227
 0,94 %
Crecente (crecemento)0.58
0 / 33
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 9.613
 0,74 %
Decrecente1.00
0 / 33
Alianza Federal (FA) 7.157
 0,55 %
Crecente (crecemento)0.55
0 / 33
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 6.759
 0,52 %
Crecente (crecemento)0.14
0 / 33
Movemento de Unidade Africáner (AE) 6.637
 0,51 %
Crecente (crecemento)0.51
0 / 33
Votos válidos 1.305.441
 98,37 %
Votos en branco/anulados 21.722
 1,64 %
Votos en total 1.327.163
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 1.527.672
 86,87 %
Cabo do Norte[10] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 210.837
 64,32 %
Crecente (crecemento)14.58
20 / 30
Crecente (crecemento)5
Novo Partido Nacional (NNP) 79.214
 24,17 %
Decrecente16.31
8 / 30
Partido Democrático (DP) 15.632
 4,77 %
Crecente (crecemento)2.90
1 / 30
Fronte da Liberdade (VF+) 5.446
 1,66 %
Decrecente4.31
1 / 30
Decrecente1
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 5.004
 1,53 %
Crecente (crecemento)0.72
0 / 30
Movemento Democrático Unido (UDM) 2.936
 0,90 %
Crecente (crecemento)0.90
0 / 30
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 2.158
 0,66 %
Decrecente0.27
0 / 30
Alianza Federal (FA) 1.735
 0,53 %
Crecente (crecemento)0.53
0 / 30
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 1.728
 0,53 %
Crecente (crecemento)0.11
0 / 30
Movemento de Unidade Africáner (AE) 1.722
 0,53 %
Crecente (crecemento)0.53
0 / 30
Organización do Pobo de Azania (APO) 1.360
 0,41 %
Crecente (crecemento)0.41
0 / 30
Votos válidos 327.772
 98,53 %
Votos en branco/anulados 4.897
 1,47 %
Votos en total 332.669
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 377.173
 88,20 %
Limpopo[11] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.464.432
 88,29 %
Crecente (crecemento)3.35
44 / 49
Crecente (crecemento)6
Movemento Democrático Unido (UDM) 41.700
 2,51 %
Crecente (crecemento)2.51
1 / 49
Crecente (crecemento)1
Novo Partido Nacional (NNP) 28.159
 1,70 %
Decrecente1.57
1 / 49
Partido Democrático (DP) 23.486
 1,42 %
Crecente (crecemento)1.21
1 / 49
Crecente (crecemento)1
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 23.325
 1,41 %
Crecente (crecemento)0.14
1 / 49
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 18,281
 1,10 %
Crecente (crecemento)0.72
1 / 49
Partido Ximoko Progresista (XPP) 13.817
 0,83 %
Crecente (crecemento)0.57
0 / 49
Fronte da Liberdade (VF+) 22.996
 0,65 %
Decrecente1.50
0 / 49
Decrecente1
Organización do Pobo de Azania (APO) 8.931
 0,54 %
Crecente (crecemento)0.54
0 / 49
Fronte Patriótica Dabalorivhuwa (DPF) 8.229
 0,50 %
Crecente (crecemento)0.50
0 / 49
Movemento de Unidade Africáner (AE) 4.520
 0,40 %
Crecente (crecemento)0.40
0 / 49
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 5.644
 0,34 %
Crecente (crecemento)0.22
0 / 49
Alianza Federal (FA) 5.365
 0,32 %
Crecente (crecemento)0.32
0 / 49
Votos válidos 1.658.694
 98,51 %
Votos en branco/anulados 25.137
 1,49 %
Votos en total 1.683.831
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 1.847.766
 91,13 %
Cabo Occidental[12] Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 668.106
 42,07 %
Crecente (crecemento)9.08
18 / 42
Crecente (crecemento)4
Novo Partido Nacional (NNP) 609.612
 38,39 %
Decrecente14.86
17 / 42
Decrecente6
Partido Democrático (DP) 189.183
 11,91 %
Crecente (crecemento)5.27
5 / 42
Crecente (crecemento)2
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 44.323
 2,79 %
Crecente (crecemento)1.59
1 / 42
Movemento Democrático Unido (UDM) 38.071
 2,40 %
Crecente (crecemento)2.40
1 / 42
Crecente (crecemento)1
Partido Moral Africano (AMP) 9.513
 0,60 %
Decrecente0.38
0 / 42
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 23.325
 0,49 %
Decrecente0.58
0 / 42
Fronte da Liberdade (VF+) 6.394
 0,40 %
Decrecente1.66
0 / 42
Decrecente1
Alianza Federal (FA) 4.153
 0,26 %
Decrecente1.66
0 / 42
Decrecente1
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 2.895
 0,18 %
Decrecente0.17
0 / 42
Movemento de Unidade Africáner (AE) 2.854
 0,18 %
Crecente (crecemento)0.18
0 / 42
Partido Verde polo Goberno do Pobo (GPGP) 2.453
 0,15 %
Crecente (crecemento)0.15
0 / 42
Partido da Coalición Nacional (NCP) 1.126
 0,07 %
Crecente (crecemento)0.07
0 / 42
Partido da Liberación Popular (HKP) 915
 0,06 %
Crecente (crecemento)0.06
0 / 42
A Internacional de Traballadores para Construír a Cuarta Internacional (WIRFI) 672
 0,04 %
0 / 42
Votos válidos 1.587.978
 99,16 %
Votos en branco/anulados 13.499
 0,84 %
Votos en total 1.601.477
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 1,864,019
 85,92 %

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O 14 de xuño, a Asemblea elixiu presidente a Thabo Mbeki e vicepresidente a Jacob Zuma, quen se consolidou así como número dous do ANC e do Estado. Dous días máis tarde celebrouse a cerimonia de toma de posesión, á que asistiron representantes de oitenta estados e organizacións internacionais. Mbeki mantivo a coalición con Inkatha e mantivo a Trevor Manuel como ministro de Finanzas, a Alec Erwin como ministro de Industria e Comercio e a Buthelezi na carteira de Interior. Novas incorporacións ao executivo foron as de Nkosazana Dlamini-Zuma en Asuntos Exteriores substituíndo a Alfred Nzo, e Terror Lekota en Defensa substituíndo a Joe Modise. Govan Mbeki, o pai do novo mandatario, foi elixido presidente do Senado.[13]

No seu discurso, Mbeki afirmou que Suráfrica necesitaba a reconciliación, unha cuestión que ocasionara polémica uns meses antes cando o entón vicepresidente criticou duramente os resultados da Comisión para a verdade e a reconciliación por ter censurado as violacións de dereitos humanos cometidas polo ANC durante a época do apartheid, postura da que discrepou abertamente o presidente Mandela. Tamén prometeu gobernar «sen arrogancia e con responsabilidade», e sinalou como principais problemas do país o desemprego —que alcanzaba un 35%—, o subdesenvolvemento no que vivía gran parte da poboación negra, a crecente criminalidade —con 25.000 asasinatos e 50.000 violacións ao ano— e as enfermidades endémicas como a tuberculose, o cólera e a crecente sida.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Roberto Ortiz de Zárate (13 de marzo de 2014). "Nelson Mandela". CIDOB. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2014. 
  2. "El delfín de Mandela quiere una mayoría que le permita cambiar la Constitución". El País. 1 de xuño de 1999. Consultado o 31 de agosto de 2014. 
  3. "Sudáfrica: sistemas electorales, manejo de conflictos e inclusión". Enciclopedia de Administración y Costo de Elecciones (ACE). Consultado o 31 de agosto de 2014. 
  4. "June 2, 1999 General Election Results - Eastern Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  5. "June 2, 1999 General Election Results - Free State: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  6. "June 2, 1999 General Election Results - Gauteng: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  7. "June 2, 1999 General Election Results - KwaZulu-Natal: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  8. "June 2, 1999 General Election Results - Mpumalanga: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  9. "June 2, 1999 General Election Results - North West: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  10. "June 2, 1999 General Election Results - Northern Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  11. "June 2, 1999 General Election Results - Limpopo: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  12. "June 2, 1999 General Election Results - Western Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  13. 13,0 13,1 Ortiz de Zárate, Roberto (2013). "Thabo Mbeki". CIDOB. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]