Saltar ao contido

Eleccións xerais de Groenlandia de 2025

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións xerais de Groenlandia de 2025
 ← 2021 Editar o valor en WikidataGroenlandia Editar o valor en Wikidata
Data11 de marzo de 2025 Editar o valor en Wikidata
Tipoelección lexislativa e Eleccións xerais de Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido31 deputado do Parlamento de Groenlandia. Duración do mandato: 4 Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado40.369 Editar o valor en Wikidata
28.620
   70.9٪
Ponto percentual (pt) 5.06
Número de votos válidos28.298    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Demokraatit  — Jens-Frederik Nielsen
8.563   30.26٪
Ponto percentual (pt) 21
Parlamentario 3 → 10 Número de escanos 7
<1
2>
Naleraq  — Pele Broberg
7.009   24.77٪
Ponto percentual (pt) 12.5
Parlamentario 4 → 8 Número de escanos 4
<1
2>
Inuit Ataqatigiit  — Múte Bourup Egede
6.119   21.62٪
Ponto percentual (pt) 15.8
Parlamentario 12 → 7 Número de escanos 5
<1
2>
Siumut  — Erik Jensen
4.210   14.88٪
Ponto percentual (pt) 15.22
Parlamentario 10 → 4 Número de escanos 6
<1
2>
Atassut  — Aqqalu Jerimiassen
2.092   7.39٪
Ponto percentual (pt) 0.3
Parlamentario 2 → 2

Editar o valor en Wikidata

As eleccións xerais celebráronse en Groenlandia o 11 de marzo de 2025 para elixir os 31 membros do Inatsisartut.[1] Os Demócratas de oposición gañaron dez asentos no parlamento groenlandés.[2] Estas eleccións foron as primeiras dende 1987 (con Atassut) nas que un partido de centro se situou primeiro por diante de partidos de esquerdas.

A independencia foi o tema máis importante das eleccións.[3] O goberno declarou en febreiro de 2024 que a independencia era o seu obxectivo.[4] Nunha rolda de prensa a comezos de 2025, o primeiro ministro independentista Múte Bourup Egede dixo que "xa se comezou a traballar na creación do marco para que Groenlandia sexa un estado independente" e deu a entender que un referendo de independencia podería celebrarse en abril de 2025, en paralelo ás eleccións.[5][6] Ademais dos cinco partidos que xa tiñan representación no Inatsisartut, un novo sexto partido con foco principal na independencia de Groenlandia, Qulleq, conseguiu acceso ás urnas un mes antes das eleccións.[7]

Porén, logo de que o presidente electo estadounidense, Donald Trump, renovase o seu interese en Groenlandia, Egede minimizou calquera idea de independencia inmediata e, en troques, subliñou a necesidade de reformas na cooperación entre os gobernos de Dinamarca e Groenlandia nunha rolda de prensa en Copenhague o 10 de xaneiro de 2025.[8] Nunha entrevista en Fox News o 16 de xaneiro, Egede afirmou que os groenlandeses non desexan formar parte dos Estados Unidos,[9] e unha enquisa de opinión dese mes mostrou que o 85% dos enquisados ​​se opoñía á proposta, cun 6% a favor e un 9% de inseguros.[10] Antes das eleccións, o líder da oposición Jens Frederik Nielsen (Demócratas) falou en apoio á independencia completa, dicindo en Sky News que Groenlandia "non está á venda".[11]

De cara ás eleccións, o Servizo de Seguridade e Intelixencia Dinamarqués e o Servizo de Intelixencia de Defensa de Dinamarca anunciaron que estaban a controlar activamente os posibles intentos de potencias estranxeiras de influír no resultado das eleccións groenlandesas.[12][13] Nunha entrevista con TV 2, analistas independentes nomearon aos Estados Unidos, Rusia e a China como posibles instigadores de operacións clandestinas no país.[12]

Sistema electoral

[editar | editar a fonte]

Os 31 membros de Inatsisartut son escollidos por representación proporcional nunha única circunscrición nacional. Os asentos son repartidos empregando o método D'Hondt.[14] Aínda que non hai un limiar formal, os partidos necesitan arredor do 3% dos votos totais para conseguir escanos.[15]

Partidos participantes

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións participaron un total de seis partidos e 213 candidatos:[16]

Nr. Partido Abbr. Ideoloxía Candidatos Posición sobre a independencia
1 Inuit Ataqatigiit IA Independentismo groenlandés
Socialismo democrático
Ecoloxismo
39 Independencia gradual[17]
2 Siumut S Independentismo groenlandés
Socialdemocracia
51 Independencia gradual[17]
3 Naleraq N Independentismo groenlandés
Populismo
62 Independencia rápida[17]
4 Demokraatit D Independentismo groenlandés
Socioliberalismo
25 Independencia gradual[17]
5 Atassut A Unionismo
Liberalismo
20 Contra a independencia[18]
6 Qulleq Q Independentismo groenlandés 16 Independencia rápida[19]

Candidatos que se retiraron

[editar | editar a fonte]
Nome Partido
Kalistat Lund Inuit Ataqatigiit
Eqaluk Høegh Inuit Ataqatigiit

Resultados

[editar | editar a fonte]
Partido Votos % Escanos +/–
Demokraatit 8.563 29,9 10 Crecente (crecemento) 7
Naleraq 7.009 24,5 8 Crecente (crecemento) 4
Inuit Ataqatigiit 6.119 21,4 7 Decrecente 5
Siumut 4.210 14,7 4 Decrecente 6
Atassut 2.092 7,3 2 0
Qulleq 305 1,1 0 Novo
Votos válidos 28.298 98,9
Votos inválidos/en branco 322 1,1
Total 28.620 100 31 0
Votantes rexistrados/participación 40.369 70,9
Fonte: Qinersineq

Resultados por municipalidades

[editar | editar a fonte]
Municipalidade Demokraatit Naleraq IA Siumut Atassut Qulleq
Avannaata 29,0 33,7 11,5 16,3 8,6 0,5
Kujalleq 27,9 15,2 27,0 18,8 7,8 1,6
Qeqertalik 25,4 31,5 19,4 13,6 7,9 1,2
Qeqqata 26,4 30,1 16,8 15,2 8,2 2,3
Sermersooq 33,5 18,5 26,9 13,0 6,1 0,6
  1. Hyldal, Christine (4 de febreiro de 2025). "Múte B. Egede opfordrer til valg 11. marts - og sådan bliver det" (en dinamarqués). Kalaallit Nunaata Radioa. 
  2. Derhgawen, Shubhangi (11 de marzo de 2025). "Demokraatit wins Greenland parliamentary election". DW. 
  3. "Greenland’s Premier will visit Denmark’s king after all". Copenhagen Post. 8 de xaneiro de 2025. Consultado o 8 de xaneiro de 2025. 
  4. Gray, Alexander B. (25 de novembro de 2024). "Why Trump Really Should 'Buy' Greenland". The Wall Street Journal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2024. Consultado o 23 de decembro de 2024. 
  5. "Greenland’s leader wants independence from Denmark as Trump hovers over Arctic island". Politico (en inglés). 3 de xaneiro de 2025. Consultado o 6 de xaneiro de 2025. 
  6. "Greenland's PM pushes for independence from Denmark". Euronews (en inglés). 3 de xaneiro de 2025. Consultado o 6 de xaneiro de 2025. 
  7. Berthelsen, Jensine (7 de febreiro de 2025). "Partiet Qulleq klar til at stille op". Sermitsiaq (en dinamarqués). 
  8. "Grønlænderne vil ikke være danskere - eller amerikanere: Her er de vigtigste pointer fra pressemøde". DR. 10 de xaneiro de 2025. 
  9. "Greenland's prime minister says Arctic island doesn’t want to be part of the US: 'Always be a strong partner'". Fox News. 16 de xaneiro de 2025. 
  10. "Greenlanders overwhelmingly oppose becoming part of the United States, poll shows". Reuters. 2025-01-29. 
  11. Waghorn, Dominic (11 de marzo de 2025). "President Trump is forcing Greenlanders to confront their future". Sky News. Consultado o 12 de marzo de 2025. 
  12. 12,0 12,1 "Eksperter frygter desinformation og udenlandsk indblanding – "ser det allerede"". TV 2. 5 de febreiro de 2025. Consultado o 5 de febreiro de 2025. 
  13. Hivert, Anne-Françoise (5 de febreiro de 2025). "Greenland prepares for risks of foreign interference". Le Monde. Consultado o 4 de marzo de 2025. 
  14. "Election Profile". IFES Election Guide. 
  15. "Grønland har ingen formel spærregrænse" (en dinamarqués). 11 de marzo de 2025. Consultado o 11 de marzo de 2025. 
  16. "Valglisten er godkendt: Se de opstillede kandidater" (en dinamarqués). 19 de febreiro de 2025. Consultado o 2 de marzo de 2025. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 "Greenland's independence gradualists win election amid Trump control pledge". 12 de marzo de 2025. Consultado o 12 de marzo de 2025. 
  18. "Parti i overraskende "sneskredssejr" – dårligt nyt for Mette Frederiksen, siger analytiker". 12 de marzo de 2025. Consultado o 12 de marzo de 2025. 
  19. Adserballe, Nicolas; Jacobsen, Johanne Breum (2025-02-08). "Grønland står over for et skæbnevalg. Information klæder dig på til at følge med". Information (en dinamarqués). Consultado o 2025-03-08.