Eleccións en Estonia
Estonia elixe unha lexislatura a nivel nacional. O Riigikogu ten 101 membros, elixidos para un prazo de catro anos por representación proporcional cun 5% de limiar electoral. Un xefe de estado, o presidente, é elixido para un prazo de cinco anos polo parlamento (1.ª–3.ª rolda) ou nun colexio electoral (4.º e roldas subseguintes). Localmente, Estonia elixe consellos de goberno locais, os cales varían en tamaño. A lei de eleccións expón o tamaño mínimo dun consello que depende no tamaño de concello. Os consellos de goberno locais son elixidos por representación proporcional tamén.
- O número mínimo de membros do consello prescríbese como mínimo de 7 prazas
- Máis de 2.000 habitantes: cando menos 13 prazas
- Máis de 5.000 habitantes: cando menos 17 prazas
- Máis de 10.000 habitantes: cando menos 21 prazas
- Máis de 50.000 habitantes: cando menos 31 prazas
- Máis de 300.000 habitantes: cando menos 79 prazas
Eleccións
[editar | editar a fonte]Estonia ten un sistema multipartidista con numerosos partidos. Moitas veces ningún partido ten a oportunidade de gañar o poder só e os partidos deben traballar uns cos outros para formar gobernos de coalición.
As eleccións directas tiveron lugar nos seguintes anos:
- Riigikogu (parlamento): 1920, 1923, 1926, 1929 1932, 1936, 1938, 1940, 1992, 1995, 1999, 2003, 2007, 2011, 2015, 2019, 2023.
- Local/municipal: 1993, 1996, 1999, 2002, 2005, 2009, 2013, 2017, 2021 e 2025.
- Parlamento Europeo: 2004, 2009, 2014, 2019, 2014, 2019, 2024.
- Referendos: 2003 (UE).
- Presidente: 1992 (as eleccións presidenciais dende 1996 tiveron lugar en Riigikogu ou no Colexio Electoral).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |