Eleanor Bron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleanor Bron
Nacemento14 de marzo de 1938 e 1934
LugarStanmore
NacionalidadeReino Unido
Educada enNewnham College e North London Collegiate School
Profesiónactriz de teatro, actriz de cinema, actriz, guionista e escritora
Na rede
IMDB: nm0111376 Allocine: 7811 Allmovie: p8674 TCM: 22874
Musicbrainz: 73a6d81d-c6e4-45a4-8fb7-0d0071961596 Discogs: 437206 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eleanor Bron nada en Middlesex o 14 de marzo de 1938 é unha escritora e actriz de televisión, cinema e teatro inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É descendente de xudeus da Europa Occidental. O seu pai acurtou o apelido "Brontein" por "Bron" na honra ó fundador da Bron`s Orchestral Service. Estudou no norte de Inglaterra no Collegiate School e no Newnham College, en Cambridge. Estivo casada co arquitecto Cedric Price até o seu falecemento no 2003. Non tiveron fillos. O seu irmán é o produtor Gerry Bron.

Traxectoria cinematográfica[editar | editar a fonte]

Eleanor Bron comezou a súa carreira no Cambridge Footlights con The Last Laugh. A actriz apareceu no filme Help! cos Beatles no papel de Ahme. Paul McCartney tamén tomou o seu nome para a canción "Eleanor Rigby".

Tamén interpretou a doutora que fixo razoar ó casanova interpretado por Michael Caine en Alfie, a inalcanzábel Margaret Spencer no filme de Peter Cook e Dudley Moore Bedazzled, Hermione Roddice en Mulleres namoradas de Ken Russell, e Lydia Reynols no drama A Touch of Love.

Aparece no filme Two for the Road xunto a Albert Finney, Audrey Hepburn e William Daniels. Máis recentemente colaborou nas adaptacións cinematográficas de A princesiña, The House of Mirth, Black Beauty e Wimbledon.

Bron é citada acotío como unha inspiración para a canción dos Beatles “Eleanor Rigby”. É nomeada na canción “Yo la Tengo” de Tom Courtenay, na estrofa: “dreaming 'bout Eleanor Bron, in my room with the curtains drawn...".

Obra[editar | editar a fonte]

É autora de varios libros, entre os que destacan Life and other Punctures, unha historia sobre a volta ciclista en Francia e Países Baixos sobre unha bicicleta, e The Pillow Book of Eleanor Bron.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]