Elche Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elche C.F.»)
Elche
NomeElche Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)Franjiverdes
Ilicitanos
Fundación1923
EstadioMartínez Valero,
Elx, España
Inauguración1976
Capacidade39.750
Propietario Christian Bragarnik
PresidenteEspaña Joaquín Buitrago Marhuenda
AdestradorEspaña Pablo Machín
LigaPrimeira División
2021–22Primeira División, 13.º de 20
Na rede
Sitio web oficial
Facebook: elchecf Twitter: elchecfoficial Instagram: elchecfoficial Youtube: UCeY_BssoWHlT-juP90UcZZg Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Elche Club de Fútbol, S.A.D.[1] (en valenciano: Elx Club de Futbol) é un club de fútbol español con sede social na cidade de Elx (Alacant). Actualmente compite na Primeira División tras ascender na tempada 2019-20.

Historia[editar | editar a fonte]

O Elche Football Club foi fundado en 1922, coa unión de varios clubs da cidade, entre eles o Illice, o Sporting e o Gimnástica de Elche. Na tempada 1958–59 logra o seu primeiro ascenso a 1ª División, manténdose nesta categoría durante doce tempadas consecutivas. O seu maior éxito conségueo na tempada 1968-69 cando accede á final da Copa do Xeneralísimo, (actual Copa do Rei), proclamándose subcampión contra o Athletic Club.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Primeiro equipamento: Camiseta branca cunha franxa horizontal verde, pantalón branco e medias brancas.
  • Segundo equipamento: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Martínez Valero.

O Estadio Martínez Valero, foi inaugurado o 8 de setembro de 1976, substituíndo ao antigo campo de Altabix (1926). Obra do arquitecto Juan Boix Matarredona, é na actualidade o maior recinto deportivo da provincia de Alacant. Conta cun aforamento de 41.000 localidades, divididas en dúas gradarías. Ten unha altura de 18 metros e un peso de 100 millóns de quilos. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 108 metros de longo por 70 de ancho, e o aparcadoiro pode albergar 2.184 vehículos. O Martínez Valero dispón dun sistema de vixilancia por cámaras, unha rede de altofalantes e dous videomarcadores, situados nos aneis norte e sur do estadio.

Estadio Martínez Valero en Elx.

O partido inaugural foi Elche C.F. - Selección de México, onde empataron a tres. Os goles do Elche C.F nese partido conseguíronos Finarolli, Orellana e Gómez Voglino. Ademais, nel xogouse a final da Copa do Rei da tempada 2002/03. Formou parte dos estadios onde levaron a cabo os partidos da Copa Mundial de Fútbol de 1982.[2]

O Elche Club de Fútbol dispuxo doutros estadios, como o El Clot, El Cementerio, Stadium de Elche (Campo de Don Jeremías) e do Altabix.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Visión do Martínez Valero nun partido do trofeo Festa d'Elx entre o Elche CF e o FC Barcelona en 2003.
  • Tempadas en : 22 (Incluída a 2020/21)
    • Mellor posto: 5º (tempada 1963-64)
  • Tempadas en : 37
    • Mellor posto: 1º (tempadas 1958-59 e 2012-13)
  • Tempadas en 2ªB: 7
    • Mellor posto: 2º (tempada 1996-97)
  • Tempadas en : 19
    • Mellor posto: 1º (tempada 1957-58)
  • Posto na Clasificación histórica de Primeira división: 23º

Denominacións[editar | editar a fonte]

  • Elche Football Club (1923-1939).
  • Elche Club de Fútbol (1939-1997).
  • Elche Club de Fútbol Sociedad Anónima Deportiva (Desde 1997).

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Elche CF.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 31 de xaneiro de 2014

Posto País Xogador
1 POR España Manu Herrera
2 DEF Uruguai Damián Suárez
3 DEF España Alberto Botía (cedido polo Sevilla)
4 DEF España David Lombán
6 MED España Rubén Pérez (cedido polo Atlético de Madrid)
7 MED España Aarón Ñíguez
8 MED España Sergio Mantecón
9 DIA Richmond Boakye (cedido polo Juventus)
10 MED España Javi Flores
11 DIA España Coro
13 POR España Toño
14 DIA España Manu del Moral (cedido polo Sevilla)
Posto País Xogador
15 DIA España Carles Gil (cedido polo Valencia)
16 MED España Fidel
17 MED España Javi Márquez (cedido polo Mallorca)
18 DEF España Sergio Pelegrín
19 DEF Romanía Cristian Săpunaru
21 DEF España Edu Albácar Capitán
23 DEF España Domingo Cisma
24 DEF Carlos Sánchez
25 MED Garry Rodrigues (cedido polo Levski Sofia)
26 DEF Inglaterra Charlie I'Anson
27 DIA España Álvaro Giménez
28 DIA España Cristian Herrera

Cedidos[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
POR España Leandro (na Ponferradina)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Distincións especiais[editar | editar a fonte]

  • Trofeo Antuerpen[3] (1): 1966-67

Filial[editar | editar a fonte]

O Elche Ilicitano é o equipo filial do Elche Club de Fútbol, chamado nas súas orixes Club Deportivo Ilicitano. Fundouse en 1932 coa intención de servir como canteira para o primeiro equipo. Actualmente milita no grupo IV da Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Na década de 1960 chegou a xogar en 2ª división.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia. Os anos máis amargos". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2009. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 
  2. "Instalacións. Estadio Martínez Valero". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 
  3. Trofeo "ó club que máis e mellor coida e promociona a súa canteira".
  4. "Federación Valenciana de Fútbol. Competicións". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]