Elaine de Kooning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaElaine de Kooning

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Elaine Marie de Kooning Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Elaine Marie Fried Editar o valor em Wikidata
12 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Southampton, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGreen River Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAmericanos brancos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónLeonardo da Vinci Art School (en) Traducir (1936–1937)
Erasmus Hall High School (en) Traducir (1932–1936)
Black Mountain College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e artes visuais Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Albuquerque
Manhattan Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , debuxante arquitectónica , escultora , ilustradora , gravadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBlack Mountain College Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato e Arte abstracta Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo abstracto Editar o valor em Wikidata
AlumnosKermit Oliver (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeWillem de Kooning (1943–)

Musicbrainz: e1a3b6b3-17da-4773-bf35-e301a3f6f738 Find a Grave: 3809 Editar o valor em Wikidata


Elaine Marie Catherine Fried, coñecida como Elaine de Kooning, nada en Brooklyn o 12 marzo de 1918 e finada en Southampton o 1 de febreiro de 1989, foi unha pintora e escultora estadounidense, expoñente do expresionismo e expresionismo abstracto.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Foi a maior de catro fillos de Charles Frank Fried e Marie Ellen O'Brien, creceu no barrio de Sheepshead Bay en Brooklyn.[4] [5] A súa sensibilidade artística foi fomentada pola súa nai, que a levaba ao Metropolitan Museum of Art e aos espectáculos de Broadway.[5]

A finais da década de 1920, a súa nai foi trasladada a un centro psiquiátrico e Elaine fíxose cargo da súa irmá e dos seus dous irmáns máis pequenos.[1]

Formación[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse na Erasmus Hall High School e seguir estudos no Hunter College de Nova York,[5] en 1937 asistiu á Escola de Arte Leonardo da Vinci en Hoboken, Nova Jersey.[1] Durante este período, embarcouse en iniciativas políticas de esquerda, xunto co artista Milton Resnick, co que tivo unha relación.[1] En 1938 continuou os seus estudos na American Artists School de Nova York e ingresou na Young Communists League. Para apoiar os seus estudos, traballou como modelo para artistas.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

En decembro de 1943 casou co artista Willem de Kooning, adoptando o nome de casada Elaine de Kooning, que sería o seu nome artístico.[5]

En 1948 pasou a ser editora da revista Art News, onde repasou as obras de artistas como Arshile Gorky, Hans Hofmann, Franz Kline, Mark Rothko ou Josef Albers.

En 1952 fixo a súa primeira exposición individual na Stable Gallery de Nova York.[3] [5]

En 1957, tras anos de matrimonio tumultuoso, feito de traizóns e problemas de alcoholismo, os dous cónxuxes separáronse, aínda que non se divorciaron legalmente.[1] [3]

En 1962 recibiu o encargo da Casa Branca de pintar un retrato do presidente John F. Kennedy,[5] que se converteu nunha das súas obras máis importantes e coñecidas. Despois do asasinato do presidente, de Kooning deixou de pintar durante un ano.[1] [3]

Máis tarde seguiu unha carreira como profesora e deu conferencias na Universidade de Yale, no Pratt Institute, na Carnegie Mellon University, no Wagner College e na Universidade de Pensilvania, en Filadelfia, e na Parsons School of Design de Nova York e París.[3] [5] Grazas á gran cantidade de traballo, de Kooning decidiu deixar de beber definitivamente, e tamén convenceu ao seu marido, co que se reunira mentres tanto,[3] para que asistise aos grupos de alcohólicos anónimos.[1]

Durante a década de 1980, viaxou polo mundo continuando dando clases, en Exipto, Kenya, China, Xapón e varios países de Europa.[1]

Pasamento[editar | editar a fonte]

Elaine de Koonig era unha grande fumadora. En 1987, o cancro obrigoulle a extirparse un pulmón. Morreu aos setenta anos en 1989.[1]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Foi interpretada por Janet Sheen na miniserie Kennedy de 1983.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "More Information ; A Finding Aid to the Jackson Pollock and Lee Krasner papers, circa 1914-1984, bulk 1942-1984 ; Digitized Collection". www.aaa.si.edu ; Archives of American Art, Smithsonian Institution (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  2. ULAN Full Record Display (Getty Research)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "U.S. Department of State - Art in Embassies". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  4. "Elaine de Kooning Paintings, Bio, Ideas". The Art Story. Consultado o 2023-02-25. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Glueck, Grace (1989-02-02). "Elaine de Kooning, Artist and Teacher, Dies at 68". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-25. 
  6. "Kennedy". 1983-11-20. Consultado o 2023-02-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]