Elaine Anderson Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elaine Steinbeck»)
Elaine Anderson Scott
Nome completoElaine Anderson
Nacemento14 de agosto de 1914
LugarAustin
Falecemento27 de abril de 2003
LugarManhattan
SoterradoCalifornia
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enUniversidade de Texas en Austin
Cónxuxe(s)John Steinbeck e Zachary Scott
Profesiónactriz, directora de teatro e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0026667 IBDB: 96764
WikiTree: Anderson-14261 Find a Grave: 7394972 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Elaine Anderson Scott Steinbeck, nada o 14 de agosto de 1914 e finada o 27 de abril de 2003, foi unha actriz americana e unha das primeiras mulleres en desempeñar o posto de "stage manager" na década dos corenta. Mentres estivo casada co actor Zachary Scott tamén recibiu o nome de Elaine Scott. Despois do seu matrimonio co escritor John Steinbeck foi coñecida como Elaine Steinbeck.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Austin, Texas en 1914, no seo dunha familia próspera cos negocios petrolíferos. Estivo interesada en actuar dende pequena e estudou drama en UTA. Na década dos corenta trasládase co seu primeiro marido a Nova York, onde comezará a traballar no teatro e a aprender os aspectos técnicos da produción teatral. Tras conseguir o divorcio de Zachary Scott, casou á semana seguinte con John Steinbeck o 28 de decembro de 1950. Permaneceron casados ata a morte de Steinbeck en 1968, actuando de voceira e abandeirada del en conferencias ó longo de todo o mundo e gardando celosamente o seu legado literario. Foi a editora da súa correspondencia baixo o título de A Life in Letters (Steinbeck, John, Ed. Elaine Steinbeck e Robert Wallsten (1975). Steinbeck: A Life in Letters, Viking: University of California Press). Tivo unha filla con Scott, Waverly Scott.

Morreu en Manhattan no 2003.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]