Elaine Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElaine Brown

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónPhiladelphia High School for Girls (en) Traducir
Southwestern Law School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista política , escritora , cantante Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
ParellaRaymond Hewitt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1104277 Musicbrainz: 8fa7ed4c-7cbf-4290-b8fc-29711c4741c6 Discogs: 647127 Allmusic: mn0001742875 Genius: Elaine-brown Editar o valor em Wikidata

Elaine Brown, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 2 de marzo de 1943, é unha activista política, escritora e cantante afroamericana. Formou parte do Partido Pantera Negra, liderándoo entre 1971 e 1974. É a fundadora da asociación Mothers Advocating Juvenile Justice. A súa última participación política foi como candidata á presidencia polo Green Party, á que renunciou a finais do ano 2007. Actualmente vive en Atlanta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacida nunha familia de clase baixa de North Philadelphia, recibiu clases en distintos centros da cidade, incluído o Conservatorio de Philadelphia, e a Temple University, unha universidade pública. Na súa mocidade comeza a interesarse polos movementos sociais, comezando a colaborar tamén co xornal Harambee, de tendencia esquerdista.

Ingresa nas Panteras Negras no ano 1967. En 1974 convértese na primeira muller en ostentar a presidencia do mesmo, cargo que ocupa até a disolución do partido, no ano 1977. A súa influencia política na organización pasa por un achegamento do movemento ás teses do feminismo contemporáneo, desterrando comportamentos sexistas que até entón foran habituais no conxunto do movemento do Black Power.

Elaine Brown aspirou á alcaldía de Oakland no ano 1973. O antigo membro dos Panteras Negras, David Horowitz ten acusado á Elaine Brown de estar involucrada no asasinato da tamén asociada Betty Van Patter, acontecido en 1974. Segundo Horowitz, Van Patter pretendía facer públicas unha serie de irregularidades económicas acontecidas dentro da organización que podían prexudicar as aspiracións de Elaine Brown como candidata á alcaldía de Oakland.

Como cantante, Elaine Brown gravou dous traballos: Seize the Time! (Vault, 1969) e Elaine Brown (Motown Records, 1973). Seize the Time inclúe a canción "The Meeting", himno dos Panteras Negras. Tamén é autora dos libros A Taste of Power: A Black Woman's Story (Doubleday, 1992), e The Condemnation of Little B: New Age Racism in America (Beacon, 2002).

Como candidata do Green Party, presentouse á alcaldía de Brunswick, Xeorxia no 2005 pero tivo que retirar a súa candidatura ao non poder demostrar que residía na cidade.