Eladio Vázquez Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eladio Vázquez Ferro
Voda de Eladio Vázquez Ferro e Eloisa Filgueiras Parapar 1924.jpg
Lugar de nacementoO Carballiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Eladio Vázquez Ferro, nado no Carballiño, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba cara a 1918. Foi un dos redactores da revista literaria Juvencia (1922). Foi un dos fundadores da Irmandade Nazonalista Galega da Habana en novembro de 1922. Colaborou en Galicia, Eco de Galicia, El Progreso de Asturias, DM, Athenea e Chic. Directivo da Asemblea de Apoderados do Centro Galego da Habana, foi secretario do partido Afirmación Gallega (1937). En 1936 fundou, coa colaboración de Adolfo Víctor Calveiro, Cultura Gallega, da que foi subdirector e onde publicou artigos, relatos e poemas. Despois dirixiu Lar (1940-1941), órgano político de Afirmación y Defensa, simpatizantes do franquismo. Tamén colaborou en Cultura Hispánica e La Vida Gallega en Cuba (1951). Foi presidente da Sección de Bellas Artes do Centro Galego. Visitou Galicia en 1953.[1] Marchou despois a Miami. Foi correspondente da Real Academia Galega.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Eloisa Filgueiras Parapar en 1924.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 20-9-1953, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]