El fava de Ramonet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El fava de Ramonet
Ficha técnica
Título orixinalEl fava de Ramonet
DirectorJuan Andreu Moragas
Estrea1933
Duración39 min.
OrixeEspaña
XéneroComedia
Orzamento11.000 pesetas
Na rede
IMDB: tt0023997 Filmaffinity: 888048 Editar o valor em Wikidata

El fava de Ramonet (O bobo de Ramonet) é unha mediametraxe rodada e dirixida por Joan Andreu i Moragas en Valencia en 1933. É a primeira película sonora en valenciano. Está baseada nun sainete de Lluís Martí (tío de Luis García Berlanga) e Ismael Serneguet sobre a non-violencia, no cal se xoga cos elementos populares.

Ten unha duración de 39 minutos e está protagonizada por Mode Calandin, Campitos, Carme Casesnoves, C. e Julio Espí, Paco Fernández e Empar Gregori, entre outros. O presuposto foi de 11.000 pesetas.

No filme aparecen salas de baile de moda naquel momento, o barrio da Malva-rosa ou os barracóns da praia. Todo isto debuxa a Valencia da época.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ramonet é un mozo de 17 anos, extravertido e falangueiro. A súa nai, propietaria dun taller de confección, está preocupada por el, así que o deixa nas mans dun peiteador descarado e vividor, chamado Chuano, coa tarefa de espabilalo. Este lévao con el a un cabaret, onde teñen lugar unha serie correlativa de números musicais na pista de baile (tango, pasodoble, claqué etc.). No entanto, Ramonet non para de facer parvadas e de meterse con algúns espectadores, como coa «malagueña», unha valenciana que se fai pasar artisticamente por andaluza, e co seu mozo. Este enfádase finalmente con Ramonet e Chuano, ameázaos e cítaos nun barracón a carón da praia para se vingar das ofensas. Por fin, no lugar dos feitos, a intervención da nai de Ramonet evita un final tráxico e pon un final positivo á historia.