O anarquista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «El anarquista»)

O anarquista
Título orixinalO anarquista
Autor/aLeandro Pita Romero
CubertaCamilo Díaz Baliño
OrixeGaliza
Linguagalega
ColecciónColección Lar
Xénero(s)Novela costumista
EditorialLar
Data de pub.1924
FormatoTapa branda
Páxinas38
Precedido porA miña muller
de W. Fernández Flórez
Seguido porO pastor de doña Silvia
de Aurelio Ribalta
TraduciónLeandro Carré Alvarellos
editar datos en Wikidata ]

O anarquista (novela orixinal e inédita) é unha novela de Leandro Pita Romero, escrita por Pita en castelán e traducida ao galego por Leandro Carré Alvarellos para a súa publicación, o 20 de decembro de 1924, na revista-editorial Lar. Levou a capa propia de toda a colección, deseñada por Camilo Díaz Baliño e saíu das prensas de Moret, A Coruña.

Trama[editar | editar a fonte]

A novela está ambientada na aldea ficticia de San Xián de Lanzós. Marica é unha rapaza pobre, que ten unha vaca pero non prados para alimentala. Coma todos os habitantes da aldea, agás o cura, ten un alcume. O seu é "A anarquista", e recibiuno por vía parental.

Seu pai era Mariano de Vilar, un labrego relativamente acomodado. Malia as primeiras reticencias da súa muller, quere darlle unha educación á súa filla, que xa colabora na economía familiar escribindo cartas para os familiares emigrados dos veciños da aldea. Mariano vende as vacas e as terras que ten e monta unha tenda, onde a rapaza dá clases aos rapaces da aldea.

Porén, o cacique da aldea, Andrés, tiña outra tenda, e logra que Mariano peche a súa, co conto de que lle faltan uns permisos administrativos. Mariano, xa maior, cando se decata da xogada, decide non quedar de brazos cruzados, e fabrica un artefacto explosivo con dúas cabezas dos foguetes de dinamita das romarías, que coloca na vivenda do cacique. Non obstante, non causa ningún dano, agás a morte dun porco, o aborto dunha vaca e a rotura dalgúns vidros.

Malia que ese mesmo día é avisada a Garda Civil e o xuíz, logo de declarar Mariano morre na casa, quedándolle o alcume de "anarquista" polos múltiples atentados acontecidos na época a mans de anarquistas cataláns.

Narración[editar | editar a fonte]

O anarquista é un cadro costumista que presenta de xeito estereotipado diversas situacións e personaxes presentes no debate agrarista dos anos 20: a figura do cacique, a necesidade de educación para a clase baixa, o pago de rendas, a liberación de terras improdutivas, o ascenso do pequeno campesiñado á pequena burguesía comercial, ou o uso da violencia revolucionaria.

Fai unha achega á realidade antropolóxica da clase rural galega.

Reedicións[editar | editar a fonte]

Foi reeditada en facsímile en 2009 pola CNT e en 2010 polo concello de Ortigueira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]