El Sol (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Sol
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

El Sol foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1902.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu a principios de outubro de 1902.[1] Semanario obreirista de tendencia unitaria, participaron nas súas páxinas militantes obreiros de ideario socialista, republicano ou anarquista. Aos poucos días apareceu o semanario joco-serio La Comadre co propósito de combatilo.[2] O 27 de outubro unha manifestación de estudantes de Farmacia apedreou a súa redacción en protesta polas opinións do periódico sobre o discurso de apertura do curso do catedrático da Facultade de Farmacia, Miguel Sojo.[3] Desapareceu ao pouco tempo, forzado pola persecución gobernativa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Idea Moderna, 10-10-1902, p. 2.
  2. La Idea Moderna, 18-10-1902, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 28-10-1902, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]