El Reno Renardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Reno Renardo é un grupo de orixe vasca de heavy metal humorístico ou freak metal en lingua castelá, fundado en 2006 polos membros de Valhalla, Jevo, Mikel e Iván Corcuera. A maior parte das cancións de El Reno Renardo narran situacións cotiás en clave de humor. Con todo, e sobre todo a partir do segundo disco, moitas delas teñen como obxectivo a denuncia ou a crítica social. Moitas das cancións deste grupo son adaptacións de temas famosos doutros grupos de pop, rock, metal etc., ás que se lles modificou a letra. Outras, porén, son totalmente orixinais (tanto a letra como a música).

O grupo non comercializa as súas cancións, senón que as distribúe de balde mediante a súa páxina web. Ademais, o grupo compaxina o labor musical coa creación esporádica de videoclips para os seus temas máis famosos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]