El Pueblo (Betanzos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Pueblo foi un semanario publicado en Betanzos entre 1900 e 1902.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano Único de esta Localidad, apareceu en agosto de 1900.[1] Periódico semanal, estivo dirixido por José Bartolomé Vidal, Juan Gómez Navaza e Bernardo Miño Abelenda. Entre os seus redactores figuoru Ramón Plasencia Ruibal. Cambiou o subtítulo polo de Órgano Independiente de esta Localidad. Foi unha revista anticaciquil de periodicidade semanal (agás nos seus tres últimos números, que se presentaron quincenalmente). Cesou a súa publicación en xullo de 1902.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 7-8-1900, p. 1.
  2. La Correspondencia Gallega, 14-7-1902, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.