El Plata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada de El Plata.

El Plata é un café-espectáculo con números de cabaré localizado na cidade de Zaragoza, en Aragón, concretamente na rúa Cuatro de Agosto número 23, na popular zona coñecida como El Tubo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 1920, co nome de «La Conga», na época de moda dos tangos e no que traballaban 40 mulleres para atender aos clientes. O custo era de vinte e cinco céntimos a peza, dos cales quince céntimos eran para elas e dez para a casa.[Cómpre referencia]

Está situado en pleno corazón de El Tubo zaragozano, enclave coñecido polas súas tapas, e por ser tamén unha das portas da cidade, xa desde a época romana, a chamada Puerta Cinegia, da que partía a calzada que se dirixía cara ao sur. El Plata converteuse nun local social de referencia da cidade, pero aínda así foi pechado pola ditadura de Miguel Primo de Rivera, malia que reaberto de novo aos poucos meses. Ao comezo dos anos 40 cambiou de nome e quedou co actual El Plata. Comezou daquela a funcionar co formato de café-cantante, con grande éxito de público e tres funcións diarias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]