El Periódico de Aragón
El Periódico de Aragón | |||
---|---|---|---|
Tipo | xornal ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 23 de outubro de 1990 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Zaragoza ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | elperiodicodearagon.com ![]() | ||
Redes | ![]() | ||
[ Wikidata ] |
El Periódico de Aragón é un xornal español, pertencente ao grupo Prensa Ibérica, editado en Zaragoza. Fundado en 1990,[1] e propiedade orixinalmente do Grupo Zeta,[2][3] dende entón constituíu un dos principais xornais da rexión aragonesa.
Historia
[editar | editar a fonte]El Periódico de Aragón, fundado o 23 de outubro de 1990,[4] non tardou en consolidarse como o segundo xornal de maior tirada na comunidade, tan só por detrás do Heraldo de Aragón.
A súa primeira exclusiva foi publicada o 24 de novembro de 1994, na que destapou que o goberno de Aragón abonara o 24 de novembro de 1993 dúas facturas por un valor total de 15 millóns de pesetas á empresa Diamond para que espiara a algúns membros do PSOE, como o entón alcalde de Zaragoza, Antonio González Triviño. En 1997 inauguraronse as instalacións centrais de El Periódico en Aragón na rúa Hernán Cortés de Zaragoza.[5]
De ideoloxía progresista e aragonesista, El Periódico de Aragón foi a cabeza do Grupo Zeta en Aragón, que tivo un xornal deportivo, Equipo, clausurado no ano 2009. Outros proxectos, como unha destacada empresa de Internet chamada Dicom Medios, cuxo portal é RedAragon e unha produtora audiovisual, Zeta Audiovisual, cuxo principal e único cliente é a televisión autonómica aragonesa Aragón TV.
Entre os seus columnistas e xornalistas máis populares atopábanse:
- Juan Bolea
- Joaquín Carbonell
- José Luis Trasobares
- Míchel Vallés
No ano 2008 o populoso columnista Mariano Gistaín deixou de colaborar e traballar para ese diario após unha frutífera traxectoria na súa columna La ciudad de las gaviotas.
Directores
[editar | editar a fonte]- 1990-1992: Juancho Dumall Puértolas
- 1992-2003: Miguel Ángel Liso Tejada
- 2003-2018: Jaime Armengol Cardil
- 2018-2023: Nicolás Espada Ibáñez
- 2023-presente: Ricardo Barceló Lostes
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fontes & Menéndez 2004, p. 974.
- ↑ Armentia Vizuete 2009, p. 37.
- ↑ Casero Ripollés & et al 2012, p. 39.
- ↑ Santos Díez 2008, p. 191.
- ↑ Dalia Moliné es la nueva subdirectora de El Periódico de Aragón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Armentia Vizuete, José Ignacio (2009). Redacción Informativa en Prensa. Barcelona: Ariel. ISBN 978-84-344-1312-2.
- Casero Ripollés, Andreu; et al. (2012). La prensa local ante el reto digital. Castellón: Universidade Jaume I.
- Fontes, Ignacio; Menéndez, Manuel Ángel (2004). El parlamento de papel: las revistas españolas en la transición democrática I. Asociación da Prensa de Madrid.
- Santos Díez, María Teresa (2008). El auge de la prensa gratuita en España. Universidade do País Vasco.