El Peñón, Santander, Colombia
Coordenadas: 06°03′N 73°49′O / 6.050, -73.817
El Peñón é un concello de Colombia. Está situado a 262 km de Bucaramanga, no departamento de Santander e na provincia de Vélez. Limita con Bolívar e con Sucre.
Historia[editar | editar a fonte]
En 1943 foi recoñecida a fundación da poboación. Mediante un decreto de 1 de xaneiro de 1953 ascendeu á categoría de correxemento do concello de Bolívar, pero logo diversas ordenanzas de 1990 e 1992 facultaron o gobernador para que o declarase concello, cousa que fixo o 8 de febreiro de 1993 o gobernador Juan Carlos Duarte Torres.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |