Saltar ao contido

El Extramundi y los Papeles de Iria Flavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Extramundi y los Papeles de Iria Flavia
 Título
    El Extramundi y los papeles de Iria Flavia (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tema principal
 Lingua
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Data de comezo
1994 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
2011 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1994 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
ISSN1134-9905 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 124589 BNE: bise0000034005 Dialnet: 464
Wikidata

El Extramundi y los papeles de Iria Flavia (decote citada só como El Extramundi)[1] foi unha revista cultural española fundada e dirixida por Camilo José Cela en 1994, de publicación trimestral,[2] que tivo a Francisco García Marquina como subdirector ata 2005,[3] e a Rafael Conte como director adxunto.[2]

O título da revista evocaba outra revista anterior fundada por Cela, Papeles de Son Armadans (1956-1979),[4][1] e tamén aludía a Estramundi, topónimo de dúas aldeas próximas a Iria Flavia (Padrón),[1] onde naceu o escritor e sede da Fundación que leva o seu nome.

Tras a morte de Cela en 2002, a revista publicouse até 2011.[1] Estaba dedicada á creación literaria[5] e á difusión da obra de Cela e os estudos sobre ela, publicada pola Fundación Camilo José Cela. Entre os directores posteriores a Cela estivo, a partir de 2009, o xornalista Ernesto Sánchez Pombo.[4][6] En xullo de 1998, cadrando co centenario da xeración do 98, a Fundación reuniu en Iria Flavia unha serie de novos escritores apadriñados por Cela: Antonio Álamo, Lola Beccaria, Gabriela Bustelo, Carlos Castán, Luisa Castro, Javier Cercas, Juan Manuel de Prada, Diego Doncel, Lucía Etxebarria, Óscar Esquivias, Francisco Casavella, Luis García Jambrina, Ignacio García-Valiño, Ismael Grasa, Josan Hatero, Begoña Huertas, Gloria Méndez, Toni Montesinos, Antonio Orejudo, Tino Pertierra, Blanca Riestra, Hilario J. Rodríguez Gil, Care Santos, Marta Sanz, Lorenzo Silva e Ángela Vallvey. Asinaron un manifesto que se publicou en El Extramundi xunto cos seus textos literarios.[7][8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]