El Camino: A Breaking Bad Movie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Camino: A Breaking Bad Movie
Ficha técnica
Título orixinalEl Camino: A Breaking Bad Movie
DirectorVince Gilligan
Produtor
GuiónVince Gilligan
Baseado enBreaking Bad de Vince Gilligan
IntérpretesAaron Paul
MúsicaDave Porter
FotografíaMarshall Adams
MontaxeSkip Macdonald
EstudioSony Pictures Television
Gran Vía Productions
High Bridge Productions
Distribuidora
Estrea11 de outubro de 2019
Duración122 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCrime
Orzamento6 millóns de dólares
Na rede
https://www.elcaminobreakingbadmovie.com/
IMDB: tt9243946 Filmaffinity: 424407 Allocine: 269367 Rottentomatoes: m/el_camino_a_breaking_bad_movie Metacritic: movie/el-camino-a-breaking-bad-movie Netlix: 81078819Editar o valor em Wikidata

El Camino: A Breaking Bad Movie (ou sinxelamente El Camino) é un filme estadounidense de 2019 que serve como continuación da serie de televisión Breaking Bad. O creador da serie, Vince Gilligan, escribiu, dirixiu e produciu o filme, e Aaron Paul retomou o seu papel como Jesse Pinkman. O argumento segue os eventos de Pinkman logo do remate da serie. Varios actores, incluíndo Bryan Cranston, Jesse Plemons, Krysten Ritter e Jonathan Banks, retomaron os seus papeis orixinais. El Camino tamén foi o derradeiro filme no que aparece Robert Forster, quen morreu o día da súa estrea.

Rumoreouse un filme de Breaking Bad despois de que a serie rematase no ano 2013. Gilligan propúxolle a idea a Paul en 2017, preto do décimo aniversario de Breaking Bad, e a rodaxe comezou en segredo en Novo México en novembro de 2018, durando uns 60 días. O proxecto permaneceu sen confirmar até agosto de 2019, cando Netflix lanzou un trailer.

El Camino estreouse dixitalmente en Netflix, así como nunha estrea limitada nos cinemas, o 11 de outubro de 2019. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que encomiou a interpretación de Paul e considerou o filme como un peche para os seareiros da serie.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Camino: A Breaking Bad Movie". Netflix. Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  2. Porter, Rick (17 de setembro de 2019). "'Breaking Bad' Movie: Matt Jones Reprises Series Role (Exclusive)". The Hollywood Reporter. Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  3. Bonomolo, Cameron (29 de setembro de 2019). "New El Camino Movie Trailer Features Return of Another Breaking Bad Character". Comicbook.com. Consultado o 29 de setembro de 2019. 
  4. ET Canada, ed. (22 de setembro de 2019). "Jonathan Banks Confirms 'El Camino' Role". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2019. Consultado o 23 de setembro de 2019. 
  5. Snierson, Dan (11 de outubro de 2019). "13 Breaking Bad characters who returned in El Camino". Entertainment Weekly. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  6. Gallagher, Caitlin (11 de outubro de 2019). "17 ‘Breaking Bad’ Easter Eggs In ‘El Camino’ That Even Fanatics May Have Missed". Bustle. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  7. Sepinwall, Alan (12 de outubro de 2019). "‘El Camino: A Breaking Bad Movie’ Recap: Jesse Pinkman Is Born Again". Rolling Stone. Consultado o 12 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]