Elópidos
| Elópidos | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Elopidae | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||


Os elópidos (Elopidae) son unha familia de peixes cun único xénero, Elops, incluída na orde Elopiformes.[1] O seu nome procede do grego ellops, un tipo de serpe.[2]
Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Cretáceo inferior.[3]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Son principalmente peixes mariños, distribuídos por augas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico e Pacífico, aínda que os xuvenís adoitan vivir en estuarios e remontar os ríos para vivir en auga doce. Son pescados en pesca deportiva.[1]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Teñen o corpo fusiforme, oval e lixeiramente comprimido; grandes ollos parcialmente recubertos con pálpebras adiposas; boca terminal, cunha mandíbula superior que se estende até o bordo posterior dos ollos e unha mandíbula inferior prominente, cunha placa ósea ventral entre as súas dúas branquias; gran pseudobranquia; o estado larva é translúcido.[1]
Normalmente teñen entre 20 e 25 raios na aleta dorsal, cunhas aletas pelvianas que se insiren por baixo ou por detrás da orixe da aleta dorsal; tanto a aleta dorsal como a anal teñen a súa base cunha vaíña escamosa; as aletas pectorais e pelvianas teñen ósos auxiliares de proxección.[1]
Especies
[editar | editar a fonte]Existen seis especies agrupadas neste xénero e familia:[4]
- Familia Elopidae:
- Xénero Elops:
- Elops affinis (Regan, 1909)
- Elops hawaiensis (Regan, 1909)
- Elops lacerta (Valenciennes, 1847)
- Elops machnata (Forsskål, 1775)
- Elops saurus (Linnaeus, 1766)
- Elops senegalensis (Regan, 1909)
- Xénero Elops:
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Nelson, J.S. (1984). Fishes of the world (en inglés) (2ª edición ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. pp. 523 p.
- ↑ Romero, P. (2002). An etymological dictionary of taxonomy. Madrid: unpublished.
- ↑ Berg, L.S. (1958). System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische (en alemán). Berlín: VEB Verlag der Wissenschaften.
- ↑ Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (novembro de 2008). "{{{1}}} {{{2}}}". FishBase (en inglés).
- «Elopidae (TSN 161109)». Sistema Integrado de Información Taxonómica (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elópidos |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Elópidos |