Eksperimentet
Eksperimentet | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema dramático ![]() |
Lingua orixinal | Lingua groenlandesa ![]() |
Autoría | |
Director/a | Louise Friedberg ![]() |
Compositor/a | Ola Kvernberg ![]() |
Guionista | Louise Friedberg e catalán Rikke de Fine Licht ![]() |
Director/a fotografía | Magnus Nordenhof Jønck ![]() |
Editor/a de cine | Martin Schade ![]() |
Deseñador/a produción | Nikolaj Danielsen ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Groenlandia ![]() |
Publicación | |
País orixe | Dinamarca ![]() |
Produtor/a | Det Danske Filminstitut ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 30 minutos ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Eksperimentet é un filme dinamarqués de 2010[1][2][3] escrito e dirixido por Louise Friedberg,[4] e protagonizado por Ellen Hillingsø.[4] Estreouse o 28 de agosto de 2010 no Centro Cultural Katuaq de Nuuk, a capital de Groenlandia.[2][3] En Dinamarca estreouse o 9 de setembro de 2010.[1]
Contexto
[editar | editar a fonte]O filme trata do experimento dos pequenos dinamarqueses, experimento social da década de 1950 e o problema do xenocidio cultural en Groenlandia. En 1951 as autoridades coloniais dinamarquesas sacaron das súas casas 22 nenos inuit groenlandeses (9 nenas e 13 nenos), con dubidoso consentimento dos seus pais ou titores, trasladándoos a Dinamarca para a súa adopción e reeducación.[3] Os nenos seleccionados, con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos,[5] procedían de familias desfavorecidas; o goberno quería a súa adopción para integralos na sociedade dinamarquesa "moderna" co obxectivo de transformar os nenos en "pequenos dinamarqueses".[6][3][5]
Os nenos sobreviventes perderon a súa lingua nativa e a súa cultura, e sufriron o trauma psicolóxico de ser separados das súas familias a maior parte da súa vida.[5][7] Algúns dos nenos foron devoltos a Groenlandia despois dun ano, onde foron levados a un orfanato en Nuuk, no canto de ser devoltos ás súas familias. Outros quedaron en Dinamarca o resto das súas vidas.[7] Máis da metade morreron sendo adultos mozos.[6][8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]O elenco está composto por actores groenlandeses e dinamarqueses:[4][7]
Actor | Papel |
---|---|
Ellen Hillingsø | enfermeira Gert |
Nukâka Coster-Waldau | Margrethe |
Morten Grunwald | Omann |
Laura Skaarup Jensen | Karen |
Kurt Ravn | Svendsen |
Laura Bro | Høgh |
Mads Ville | Dr. Brandt |
Finn Nielsen | Møller |
Domilia Marianne Singertat | Marie |
Paniaraq R. Søltoft | Ingrid |
Najaaraq Margit Davidsen | Dorthe |
Kristian Falck-Petersen | Daniel |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Fakta om film". Danish Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Verdenspremiere på 'Eksperimentet'". Kalaallit Nunaata Radioa (en dinamarqués). 28 de agosto de 2010. Consultado o 1 de setembro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Premiere på 'Eksperimentet'". Sermitsiaq (en Danish). 27 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2010-08-29. Consultado o 1 de setembro de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Eksperimentet". Nimbus Film, Official Website. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-19. Consultado o 28 de agosto de 2010.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Anmeldelse: Stærk og rørende film". Sermitsiaq (en dinamarqués). 29 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2010-09-19. Consultado o 29 de agosto de 2010.
- ↑ 6,0 6,1 "No apology from Denmark". The Copenhagen Post. 20 de agosto de 2009. Consultado o 28 de agosto de 2010.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Eksperimentet vises i september". Kalaallit Nunaata Radioa (en Danish). 22 de xullo de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2010.
- ↑ "Greenland demands apology for Danish child experiments". IceNews. 14 de agosto de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2010.