Ekaterina Budanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEkaterina Budanova
Nome orixinal(ru) Екатерина Буданова Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Vyazemsky District, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xullo de 1943 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Antratsyt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de guerra , militar , aviadora , as da aviación Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Rama militarForza Aérea Editar o valor em Wikidata
Rango militarporuchik (en) Traducir
Tenente Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial e Fronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Premios


Ekaterina Vasilievna Budanova (ruso: Екатерина Васильевна Буданова), coñecida como Katia (Катя), nada en Konoplanka (Imperio Ruso) o 6 de decembro de 1916 e finada en Novokasnovka (RSS de Ucraína) o 19 de xullo de 1943, foi unha aviadora de combate na Forza Aérea Soviética durante a segunda guerra mundial. Atribúenselle decote polo menos cinco vitorias aéreas. Xunto con Lidia Litviak, é a miúdo considerada unha das dúas mulleres ases de combate a nivel mundial.[1]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Budanova naceu nunha familia campesiña en Konoplanka, unha aldea da gubernia de Smolensk. Tras rematar a primaria con notas brillantes, tivo que abandonar os estudos pola morte do pai, e empezou a traballar coidando nenos.[2] Con 13 anos a nai enviouna a Moscova coa súa irmá, onde empezou a traballar como carpinteira nunha fábrica de aeronaves.[3] Alí empezou a interarse pola aviación, e uniuse á sección de paracaidismo dun aeroclub. Obtivo a súa licenza de voo en 1934 e graduouse como instrutora de voo en 1937.[3] Participou en varios desfiles aéreos a bordo do monopraza Yakovlev UT-1.[3]

Un Yakovlev UT-1. Katia Budanova pilotou este modelo de aeronave en varios desfiles aéreos sobre Moscova antes da Gran Guerra Patria

Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

Despois do ataque alemán á URSS en xuño de 1941, alistouse na aviación militar e foille asignada o 586º Rexemento Aéreo, formado por Marina Raskova. Esta unidade estaba composta unicamente por mulleres e foi equipado con Yak-1. Nun principio, as aviadoras foron colocadas en tres unidades non mixtas: o 586º Rexemento Aéreo, o 587º Rexemento Aéreo de Voo Picado e o 588º Rexemento Aéreo de Bombardeiros Nocturnos. Os 500 nomeamentos tiñan como obxectivo inicial reforzar as fortificacións defensivas. Eran unidades compostas por mulleres que foran instrutoras de voo ou membros de clubs de voo xa dende antes da guerra.

O 586º, liderado pola comandante Tamara Kazarinova, entrou no combate na primavera de 1942 como parte da retagarda. En maio de 1942 este rexemento foi enviado a Anisovka, onde foi asignado á 144ª Unidade Aérea para cubrir as instalacións ferroviarias próximas á cidade de Saratov. Foi aquí onde Budanova participou por primeira vez nunha misión de combate aéreo. Porén, conforme se foi prolongando a Batalla de Stalingrado, tamén se foron esgotando os suplentes dos aviadores masculinos. Vendo as habilidades desas mulleres, a Stavka (alto mando soviético) empezou a asignar aviadoras seleccionadas a unidades masculinas xa existentes.

O 10 de setembro, Budanova foi asignada, xunto con Lidia Litviak, Maria Kuznetsova e Raisa Beliaeva, ao 437º Rexemento Aéreo. Este tiña a súa base en Verkhnania Akhtuba, na marxe dereita do río Volga,[4] centrado na batalla de Stalingrado. O 437º, formado por cazas LaGG-3, estaba liderado polo comandante Khvostikov, quen se mostraba inicialmente escéptico ante as habilidades das mulleres para pilotaren avións.[5]

Segundo algunhas fontes, derrubou o seu primeiro adversario (un caza Messerschmitt Bf 109) o 14 de setembro de 1942, en conxunto con Lidia Litviak.[6] Segundo Ekaterina Polunina, arquivista do rexemento, o 2 de outubro de 1942 Budanova conseguiu as súas dúas primeiras vitorias en solitario ao derrubar un Junkers Ju 88 e un Bf 109.[7] Con todo, segundo Inna Pasportnikova, mecánica de Budanova, derrubou a súa primeira aeronave o 6 de outubro, nun ataque a trece bombardeiros Ju 88.[8]

Dende outubro até xaneiro de 1943 Budanova e Litviak prestaron servizo na zona de Stalingrado co 9º Rexemento Aéreo de Gardas, un grupo de elite comandado por Lev Shestakov, Heroe da Unión Soviética. Este rexemento estaba formado por ases ou potenciais ases.[9] Un deles foi Vladimir Lavrinenkov, quen acabou a guerra con 36 cazas derrubados en solitario e outros 11 en conxunto.[10] Máis adiante recordou que Budanova «era alta, tiña sempre o cabelo curto,... e co traxe de voo posto apenas destacaba entre os compañeiros». Describiu a Budanova como «unha persoa de carácter alegre», mentres que Litviak semellaba «pensativa e tranquila».[11] Consideraba a ambas excelentes pilotos.

Malia as dúas mulleres voaren xuntas ao principio, máis adiante adoitaban voaban por separado como copilotos.[12] Durante a súa estadía na zona de Stalingrado, solicitouse o retorno das dúas mulleres ao 586º Rexemento Aéreo. Anos despois, Pasportnikova lembraba que «Budanova e Litviak solicitáronlle ao tenente coronel Shestakov, comandante do 9º Rexemento Aéreo de Gardas, que as deixase ficar no rexemento». Recibiron o permiso e permaneceron nese rexemento durante máis de tres meses.[11]

O 10 de decembro Budanova derrubou dous Messerschmitt Bf 110.[7] Durante os meses seguintes atribuíronselle varios éxitos máis.

Budanova derrubou dous Bf 110 o 10 de decembro de 1942, o seu primeiro éxito dobre

En xaneiro de 1943 o 9º Rexemento Aéreo de Gardas foi re-equipado con cazas P-39 "Airacobra", construídos nos EUA. Budanova e Litviak pasaron ao 296º Rexemento Aéreo (máis tarde renomeado como 73º Rexemento Aéreo de Gardas) de Nikolai Baranov, e continuaron a pilotar o Yak-1.[13] Neste rexemento Budanova e Litviak conseguiu os máis dos seus logros en combate. Baranov escolleu a Budanova como copiloto, mentres que o xefe de escuadra Aleksei Solomatin escolleu a Litviak.[12]

Budanova recibiu axiña autorización para a «caza libre», un privilexio concedido a pilotos agresivos e exitosos.[14][15]

O 10 de febreiro de 1943, nas proximidades de Rostov do Don, derrubou un Focke-Wulf Fw 190 xunto co Primeiro Tenente Nikolai Demkin e o copiloto Tenente Boris Gorkhiver.[7]

O 23 de febreiro foi condecorada coa Orde da Estrela Vermella. O 9 de marzo, entre as 17:30 e as 18:30, notificou o derrubamento dun Bf 109 xunto co Tenente Oleg Filipchenko.[7]

O 20 de abril de 1943 o semanario Ogoniok, dirixido a adultos novos, incluíu na súa portada unha imaxe de Budanova e Litviak. Nun artigo detallábanse os seus logros, en especial os obtidos en conxunto. A revista enumerou as misións de combate e vitorias en conxunto até o momento das dúas aviadoras.[11] O 30 de maio, baixo as ordes de Soshnikov, Budanova participou na destrución doutro Bf 109.[7]

Última misión[editar | editar a fonte]

O 19 de xullo de 1943 participou na última misión, preto de Novokrasnovka. Aquela mañá despegou para actuar de escolta e nas proximidades da cidade de Antratsit (óblast de Luhansk) estivo implicada nunha batalla con cazas Bf 109. Inna Pasportnikova relembraba:

«Albiscou tres Messerschmitt que se dirixían contra un grupo de bombardeiros. Katia atacou e distraeu o inimigo. Unha loita desesperada tivo lugar no ar. Katia logrou ter unha aeronave inimiga a tiro para cribala. Foi a quinta aeronave que derrubou en solitario. O caza de Katia elevouse rapidamente e botouse en picado sobre unha segunda aeronave inimiga. Cheo de balazos, o segundo Messer fuxiu cara o oeste envolto en fume negro. Porén, o caza de Katia fora alcanzado; as súas as xa estaban entre linguas de lume."[11]

Budanova logrou apagar o lume e realizar unha aterraxe forzada en terra de ninguén. Porén, cando foron os labregos da zona sacala da aeronave, xa estaba morta. Enterrárona nos arrabaldes da aldea de Novokrasnovka.[11] O piloto que a derrubou foi Georg Schwientek, cun JG 52, ou Emil Bitsch, cun 8/JG 3, os dous únicos que notificaron ese día o derrubamento dun Yak-1 nesa zona.[16]

Número de vitorias[editar | editar a fonte]

Existen varias versións sobre o número de vitorias aéreas de Budanova. O máis estendido é un reconto de 11 derrubamentos (6 individuais e 5 en conxunto). Algunhas fontes mesmo notifican un total de 11 vitorias en solitario.[17]

Pasportnikova afirmou que Budanova levaba cinco vitorias en solitario cando finou.[18] Varias fontes da historia da aviación rusa cuestionan o recoñecemento de Budanova como ás de combate.

Andrei Simonov e Svetlana Chudinova atribúenlle só tres vitorias en solitario,[19] mentres que Mikhail Bikov rexistra tres en solitario e unha en conxunto.[20] En abril de 1943 a revista soviética Smena citou tres vitorias en solitario e tres en conxunto.[21]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

A serie de banda deseñada White Lily, de Pocket Jacks Comics, está protagonizada por unha Budanova trasladada á ficción. A historia describe con detalle a súa relación con Lidia Litviak.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jackson 2003, p. 57.
  2. Milanetti 2011, p. 126–130.
  3. 3,0 3,1 3,2 Milanetti, p. 126.
  4. Pennington 2001, p. 130.
  5. Pennington, Reina (2002). Wings, Women, and War: Soviet Airwomen in World War II Combat. Modern War Studies (en inglés). University Press of Kansas. p. 131. ISBN 9780700615544. 
  6. Seidl 1998, p. 135.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Polunina 2004, p. 138.
  8. Cottam 1998, p. 267-268.
  9. Cottam 1998a, p. 150.
  10. Bodrikhin, N.G.; Simonov, Andrei (2017). Boevye lëtchiki--dvazhdy i trizhdy Geroi Sovetskogo Soi︠u︡za (en ruso). p. 187. ISBN 9785990960510. OCLC 1005741956. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Pennington 2001, p. 134.
  12. 12,0 12,1 Pennington 2001, p. 135.
  13. Pennington 2001.
  14. Alvarez Trentini, Yisela. "Fighter Aces: Yekaterina Budanova, Soviet Air Force Pilot. Soviet Medals". identifymedals.com (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  15. "Katya Budanova – Russia". Women in Aviation & Space History (en inglés). 25 de xullo de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  16. Robison, Robert (2016). Piloti Dimenticati (en italiano). Youcanprint. p. 118. ISBN 9788893326377. 
  17. Seidl 1998, p. 324.
  18. Pennington 2001, p. 140.
  19. Seidl, Hans D. (1998). Stalin's Eagles: An Illustrated Study of the Soviet Aces of World War II and Korea (en inglés). Schiffer Publishing Ltd. ISBN 9780764304767. 
  20. "Budanova Ekaterina Vasilievna". Советские летчики-истребители 1936–1953 (en ruso). 
  21. Redacción (abril de 1943). "Мы - Сталинградцы" (PDF). Smena 7–8 (381–382): 8. 

Bibliografía [editar | editar a fonte]