Eisenia fetida
Eisenia fetida | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Eisenia fetida[2] é unha especie de miñoca de terra adaptada a descompoñer a materia orgánica. Estes vermes prosperan en vexetación que está apodrecendo, compost e esterco. Son epíxeas (viven na superficie) e raramente se atopan dentro do solo. Nesta característica précense a Lumbricus rubellus.
É de cor marrón avermellada, e o seu corpo está formado por aneis pequenos, e ten unha cola amarelada.[3] Grupos de quetas en cada segmento do verme serven para agarrarse ás superficies a medida que o animal estira e contrae os seus músculos para impulsarse cara a diante ou atrás.
Son vermes nativos de Europa, pero foron introducidos (tanto á mantenta coma non) en todos os continentes agás a Antártida.
E. fetida posúe tamén un sistema de defensa único no seu fluído celómico: unhas células chamadas celomocitos segregan unha proteína chamada lisenina, que é unha toxina formadora de poros, que pode facer permeables e lisar células invasoras. Ataca con maior facilidade as células alleas cuxas membranas conteñan cantidades significativas de esfingomielina. Porén, a lisenina é tamén tóxica para organismos que carecen de esfingomielina nas súas paredes celulares, como Bacillus megaterium, aínda que esta vía non se comprende polo momento.[4]
Usos
[editar | editar a fonte]E. fetida utilízase para a vermicompostaxe de lixo orgánico doméstico ou industrial.[5][6][7] Os sistemas de vermicompostaxe séptica foron usados durante décadas e permiten o procesamento no sitio descentralizado de augas negras usando Eisenia fetida.[8][9] Estes anélidos foron tamén utilizados para o seu uso en baños secos, que actualmente están sendo probados na India, Uganda e Myanmar.[10]
Ademais, é un verme amplamente usado para pescar, e considérase un isco ideal para pescar tencas, bramas e rutilos. [11][12]
Cheiro
[editar | editar a fonte]Cando se manexa con rudeza, exsuda un líquido acre, de aí o seu nome específico fetida (fedorenta). Isto suponse que é unha adaptación antipredadores.[13]

Especies relacionadas
[editar | editar a fonte]E. fetida está estreitamente relacionada con E. andrei, tamén chamada E. f. andrei (tratada como subespecie). A única maneira simple de distinguilas é que E. fetida ten ás veces unha cor máis clara. As análises moleculares confirmaron a súa identidade como especies separadas, e os experimentos de cruzamentos mostraron que poden producir híbridos.[14]
As características xenéticas mitocondriais da poboación irlandesa de E. fetida poderían ser o resultado do illamento reprodutivo, o que suxire que esta mostra podería constituír unha especie ou subespecie aínda non recoñecida de E. fetida.[15]
Reprodución
[editar | editar a fonte]
Como noutras especies de miñocas, E. fetida é hermafrodita, pero normalmente a reprodución realízase entre individuos que copulan.[16] Os dous vermes copulantes unen os seus clitelos, que son a bandas grandes de cor máis clara que conteñen os órganos reprodutores do verme, e que só son prominentes durante o proceso reprodutor. Os dous vermes intercambian esperma, que almacenan. Ambos os vermes segregan despois un casulo, que contén varios ovos, verten o seme almacenado dooutro individuo no casulo e prodúcese a fecundación dos ovos. Estes casulos teñen a forma dun limón, son de cor amarelo claro ao principio, facéndose de tons máis marróns a medida que os vermes que hai dentro maduran. Estes casulos son claramente visibles a simple vista. A 25 °C as E. fetida fillas saen do seu casulo nunhas 3 semanas. [17]
Reparación do ADN
[editar | editar a fonte]A radiación ionizante induce roturas nas febras do ADN e oxidación de bases tanto en células espermatoxénicas coma en células somáticas de E. fetida, e tamén induce a reparación destes danos.[18]
Duración da vida
[editar | editar a fonte]A duración da vida de E. fetida en condicións controladas varía entre un e cinco anos. [19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eisenia foetida". Fauna Europaea. 2004. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2007.
- ↑ "Catalogue of Life : Eisenia fetida (Savigny, 1826)". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2021-01-26.
- ↑ "Red wiggler Body appearance". 26 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2024. Consultado o 04 de abril de 2025.
- ↑ Bruhn, Heike; Winkelmann, Julia; Andersen, Christian; Andrä, Jörg; Leippe, Matthias (2006-01-01). "Dissection of the mechanisms of cytolytic and antibacterial activity of lysenin, a defence protein of the annelid Eisenia fetida". Developmental & Comparative Immunology (en inglés) 30 (7): 597–606. ISSN 0145-305X. PMID 16386304. doi:10.1016/j.dci.2005.09.002.
- ↑ Albanell, E.; Plaixats, J.; Cabrero, T. (1988). "Chemical changes during vermicomposting (Eisenia fetida) of sheep manure mixed with cotton industrial wastes". Biology and Fertility of Soils 6 (3). ISSN 0178-2762. doi:10.1007/BF00260823.
- ↑ Orozco, F. H.; Cegarra, J.; Trujillo, L. M.; Roig, A. (1996). "Vermicomposting of coffee pulp using the earthworm Eisenia fetida: Effects on C and N contents and the availability of nutrients". Biology and Fertility of Soils 22 (1–2): 162–166. ISSN 0178-2762. doi:10.1007/BF00384449.
- ↑ Maboeta, M.S.; Rensburg, L.van (2003). "Vermicomposting of industrially produced woodchips and sewage sludge utilizing Eisenia fetida". Ecotoxicology and Environmental Safety 56 (2): 265–270. ISSN 0147-6513. PMID 12927558. doi:10.1016/S0147-6513(02)00101-X.
- ↑ "Vermicomposting Toilets". Vermicomposting Toilets (en inglés). Consultado o 2021-10-27.
- ↑ Dey Chowdhury, Sanket; Bhunia, Puspendu (2021-04-02). "Simultaneous Carbon and Nitrogen Removal from Domestic Wastewater using High Rate Vermifilter". Indian Journal of Microbiology 61 (2): 218–228. ISSN 0046-8991. PMC 8039078. PMID 33927463. doi:10.1007/s12088-021-00936-4.
- ↑ "Testing the "Tiger Toilet"". US AID. May 26, 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2019.
- ↑ Jim, Uncle (26 June 2012). "Best Worms For Bait Fishing". Uncle Jim's Worm Farm. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "LOBWORMS, REDWORMS AND DENDROBAENA WORMS". Angling Times. 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ Townsend, Craig; Ebizuka, Yutaka, eds. (2010). Natural products structural diversity-I, secondary metabolites : organization and biosynthesis 1 (1st ed.). Boston: Elsevier. p. 393. ISBN 978-0-08-045381-1.
- ↑ Plytycz, Barbara; Bigaj, Janusz; Panz, Tomasz; Grzmil, Paweł (2018-09-21). "Asymmetrical hybridization and gene flow between Eisenia andrei and E. fetida lumbricid earthworms". PLOS ONE (en inglés) 13 (9): e0204469. Bibcode:2018PLoSO..1304469P. PMC 6150523. PMID 30240427. doi:10.1371/journal.pone.0204469.
- ↑ Pérez-Losada, Marcos; Eiroa, Julio; Mato, Salustiano; Domínguez, Jorge (agosto de 2005). "Phylogenetic species delimitation of the earthworms Eisenia fetida (Savigny, 1826) and Eisenia andrei Bouché, 1972 (Oligochaeta, Lumbricidae) based on mitochondrial and nuclear DNA sequences". Pedobiologia 49 (4): 317–324. doi:10.1016/j.pedobi.2005.02.004.
- ↑ Domínguez, Jorge; Velando, Alberto; Aira, Manuel; Monroy, Fernando (2003-01-01). "Uniparental reproduction of Eisenia fetida and E. andrei (Oligochaeta: Lumbricidae): evidence of self-insemination: The 7th international symposium on earthworm ecology · Cardiff · Wales · 2002". Pedobiologia (en inglés) 47 (5): 530–534. ISSN 0031-4056. doi:10.1078/0031-4056-00224.
- ↑ Neuhauser, Edward F.; Hartenstein, Roy; Kaplan, David L. (agosto de 1980). "Growth of the Earthworm Eisenia Foetida in Relation to Population Density and Food Rationing". Oikos (en inglés) 35 (1): 93–98. JSTOR 3544730. doi:10.2307/3544730. Consultado o 2020-10-14.
- ↑ Hertel-Aas T, Oughton DH, Jaworska A, Brunborg G (novembro de 2011). "Induction and repair of DNA strand breaks and oxidised bases in somatic and spermatogenic cells from the earthworm Eisenia fetida after exposure to ionising radiation". Mutagenesis 26 (6): 783–93. PMID 21825113. doi:10.1093/mutage/ger048.
- ↑ Venter, J.M.; Reinecke, A.J. (1987-01-29). "The life-cycle of the compost worm Eisenia fetida (Oligochaeta)". African Zoology (en inglés) 23 (3): 161–165. doi:10.1080/02541858.1988.11448096.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Identify Tiger Worm" Arquivado 07 de decembro de 2024 en Wayback Machine..