Eiruga (planta)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eiruga (homónimos).
- A planta Eruca vesicaria tamén recibe o nome vulgar de eiruga.
| Eiruga | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Eruca vesicaria subsp. sativa Albert Thellung 1918 | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||
A eiruga[1] (Eruca sativa) é unha verdura da mesma familia que a mostaza, Brassicaceae, e orixinaria do Mediterráneo e de Asia Occidental. Adáptase a climas frescos, nin quentes nin fríos.
Usos
[editar | editar a fonte]Posúe un sabor moi forte, picante e amargo. É moi utilizada en Italia. En Galiza o seu uso non é tradicional, mais comeza a popularizarse en ensaladas e pizzas.
Preparada crúa, en ensaladas, ou refogada, é utilizada como complemento das comidas debido ao seu forte sabor, capaz de eliminar o sabor doutros alimentos.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Con propiedades estimulantes do apetito, é nutricionalmente rica en proteínas, vitaminas A e C, e sales minerais, principalmente calcio e ferro. Contén tamén omega 3 e é pobre en calorías.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eiruga |