Eiríks saga rauða

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tres diferentes rutas de navegación a Groenlandia, Vinland (Newfoundland), Helluland (Illa de Baffin) e Markland (Labrador) recorridas por diferentes personaxes nas sagas islandesas.

A saga de Erik o Roxo ou Eiríks saga rauða é unha obra literaria escrita en prosa que narra as aventuras dun grupo de viquingos que colonizan Groenlandia, Marklandia e Vinlandia.

Esta é unha das sagas islandesas do século XIII de autor anónimo.

Comentarios[editar | editar a fonte]

Este é un dos rexistros e fontes utilizados polos investigadores para estudar o posíbel contacto entre Europa e América no ano 1000, uns cinco séculos antes da chegada de Cristovo Colón.

Argumento[editar | editar a fonte]

En esencia, a Saga de Eirik o Roxo relata os mesmos acontecementos que a Saga dos Groenlandeses: Uns viquingos de orixe norueguesa, entre eles Erik o Roxo, parten desde Islandia e descobren Groenlandia, a cal colonizan. Máis tarde, Leif Eriksson diríxese máis ao oeste e establécese na terra que denominan Vinland (Terra do Viño), pero os ataques de indíxenas e outras dificultades obrígaos a retirárense, ao cabo duns anos.