Eileen Heckart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eileen Heckart
Eileen Heckart.jpg
Imaxe da película Bus Stop de 1956.
Nome completoAnna Eileen Herbert
Nacemento23 de marzo de 1919
LugarColumbus, Ohio
Falecemento31 de decembro de 2001 (82 anos)
LugarNorwalk, Connecticut
CausaCancro de pulmón
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Educada enUniversidade do Estado de Ohio e Universidade de Ohio
Cónxuxe(s)John Harrison Yankee, Jr. (1942-1997)
FillosLuke Yankee
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Anna Eileen Herbert,[1][2] nada en Columbus (Ohio) o 29 de marzo de 1919 e finada en Norwalk (Connecticut) o 31 de decembro de 2001 foi unha actriz estadounidense coñecida como Eileen Heckart.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Heckart naceu en Columbus, Ohio, filla de Esther Stark, que casou con Leo Herbert (que non era o pai da nena) pola insistencia da súa nai para que a filla non tivese o estigma de ilexítima. A nena axiña foi adoptada polo segundo marido da súa avoa materna, J.W. Heckart, co apelido co que sería coñecida toda a súa vida.

Tras estudar arte dramática na Universidade de Ohio comezou a súa carreira en Broadway como axudante de escena en 1943. Continuou no teatro toda a súa vida, e en 2000, con 81 anos apareceu na obra The Waverly Gallery, de Kenneth Lonergan, no off-Broadway, gañando varios premios.

En 1972 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por Butterflies Are Free.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1956 Miracle in the Rain Grace Ullman
1956 Somebody Up There Likes Me Ma Barbella
1956 Bus Stop Vera
1956 The Bad Seed Hortense Daigle
1958 Hot Spell Alma's Friend
1960 Heller in Pink Tights Mrs. Lorna Hathaway
1967 Up the Down Staircase Henrietta Pastorfield
1968 No Way to Treat a Lady Mrs. Brummel
1969 The Tree Sally Dunning
1972 Butterflies Are Free Mrs. Baker
1974 Zandy's Bride Ma Allan
1975 The Hiding Place Katje
1976 Burnt Offerings Roz Allardyce
1983 Trauma Center Amy Decker R.N.
1986 Seize the Day Funeral Woman #1
1986 O sarxento de ferro Little Mary Jackson
1994 The 5 Mrs. Buchanans Emma Buchanan
1996 The First Wives Club Catherine MacDuggan

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "On March 29, 1919, Anna Eileen Herbert was born, and her surname was quickly changed to Heckart." Yankee, Luke. Just Outside the Spotlight: Growing Up with Eileen Heckart. BackStage Books (2006), p. 16; ISBN 0-8230-7888-4; Library of Congress Control# 2006921113
  2. Pogrebin, Robin (2 de xaneiro de 2002). "Eileen Heckart, Oscar-Winning Actress, Is Dead at 82". The New York Times. Consultado o 1 de maio de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Yankee, Luke (2006). Just Outside the Spotlight: Growing Up with Eileen Heckart. Back Stage Books. ISBN 0-8230-7888-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]