Saltar ao contido

Eileen Chang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEileen Chang

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Concesión Internacional de Shanghai Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Westwood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Hong Kong
St. Mary's Hall, Shanghai (en) Traducir
St. John's University (en) Traducir
Faculty of Arts, University of Hong Kong (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, escritora, tradutora, xornalista, novelista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio e drama psicolóxico Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literario梁京
Լյան Ցին Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFerdinand Reyher (1956–1967), morte
Hu Lancheng (1944–1947) Editar o valor en Wikidata
PaisZhang Zhiyi Editar o valor en Wikidata  e Huang Suqiong Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Chinese Women: The Twentieth Century Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0151690 Allocine: 154213 Allmovie: p316571 BNE: XX5627637 WikiTree: 張-75 Editar o valor en Wikidata

Eileen Chang (chinés tradicional: 張愛玲; chinés simplificado: 张爱玲; pinyin: Zhāng Aìlíng; Wade-Giles: Chang1 Ai4-ling2), nada en Shanghai o 30 de setembro de 1920 e finada nos Ánxeles o 8 de setembro de 1995, foi unha ensaísta, novelista, guionista e crítica literaria chinesa-estadounidense.

Chang naceu no seo dunha familia de ascendencia aristocrática, e foi educada nun contexto bilingüe. Gañou fama literaria no Shanghai ocupado polos xaponeses, entre 1943 e 1945. Porén, tras a vitoria dos comunistas contra os nacionalistas na guerra civil chinesa, fuxiu do país. A finas dos 60 e comezos dos 70, a súa produción foi recuperada por eruditos como C. T. Hsia e Shui Jing. Xunto coa reavaliación da historia literaria na era posmaoísta durante os 70 e 80, acadou nova fama en Taiwán, Hong Kong, a China continental e nas comunidades da diáspora chinesa.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Chang naceu como Zhang Ying (en chinés: 張煐) en Shanghai o 30 de setembro de 1920. Foi a primeira filla de Zhang Zhiyi (1896-1953) e Huang Suqiong (1893-1957). O bisavó materno, Huang Yisheng (1818-1916), foi un importante comandante da armada. Pola súa banda, o avó paterno, Zhang Peilun (1848-1903), foi xenro de Li Hongzhang (1823-1901), un influente funcionario da corte imperial. Chang foi criada coa súa tía por parte de pai, Zhang Maoyuan (1898-1991).[2]

En 1922, aos dous anos de idade, a familia decidiu mudarse a Tianjin. Ao ano seguinte, o pai deulle a coñecer a poesía dos Tang. A comezos de 1924, o pai adoitaba levar prostitutas ou concubinas á casa e consumir opio, ao que se fixo adicto; esta situación comportou constantes pelexas entre os pais. Durante esta época, a nai de Chang decidiu viaxar coa súa irmá a Francia para estudar.[2] En 1927, o pai comprometeuse a abandonar as drogas e as súas relacións extramaritais, polo que Chang e a súa nai regresaron a Shanghai con el. Porén, a parella acabaría por divorciarse en 1930; en consecuencia, tanto Chang como o seu irmán máis novo, Zhang Zijing (1921-1997), quedaron co seu pai.

Aos 18 anos, Chang enfermou de disentería. No canto de procurar atención médica, o pai bateu nela e obrigouna a permanecer no seu cuarto durante seis meses. Finalmente, a escritora decidiu fuxir coa nai, coa que viviu os dous anos seguinte, até ingresar na universidade.[3]

  1. Pong 2009, pp. 193-195.
  2. 2,0 2,1 Sun 1988.
  3. Lee & Stefanowska 2006, p. 274.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]