Saltar ao contido

Efteling

Efteling
Loon op Zand (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Efteling (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Persoas e organizacións
 Forma xurídica
 Propietario/a
 Visitantes anuais
5600000 (2024)
5560000 (2023)
5430000 (2022)
3300000 (2021)
2900000 (2020)
5260000 (2019)
5400000 (2018)
5180000 (2017)
4760000 (2016)
4680000 (2015)
4400000 (2014)
4150000 (2013)
4230000 (2012)
4125000 (2011)
4000000 (2010)
4000000 (2009)
3290000 (2008)
3240000 (2007)
3050000 (2006) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
31 de maio de 1952 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie72 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Sede
 Rúa
 Código postal
5171 KW Editar o valor en Wikidata
 Enderezo
Europalaan 1 Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
Best Large Park (en) Traducir (26 de setembro de 2018)
Thea Awards (en) Traducir (2017)
Thea Awards (en) Traducir (2012)
Thea Classic Award (2004)
Thea Awards (en) Traducir (1997)
Applause Award (en) Traducir (1992)
Pomme d'Or (en) Traducir (1972) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Best Large Park (en) Traducir (2 de agosto de 2019)
Best Large Park (en) Traducir (agosto de 2018) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+31-416-537-777 Editar o valor en Wikidata
 Correo
IMDB: co0210377 Facebook: efteling Twitter: Efteling Instagram: efteling LinkedIn: efteling Youtube: UCoulm-mYV-JzzRgu4o6rGVw TikTok: efteling Last fm: Efteling Musicbrainz: 0929c4c6-1ce7-45cb-babf-0f297faf21df Discogs: 2634515 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Efteling é un parque temático dos Países Baixos. O parque está situado en Kaatsheuvel, no concello de Loon op Zand , na provincia holandesa de Brabante do Norte, veciño á cidade de Tilburg. É o parque de maior tamaño do país cun total de 72 hectáreas construídas e 62 atraccións en activo. Efteling sitúase como o terceiro parque máis visitado en Europa, só por detrás do primeiro en número de asistencia Disneyland Paris e o segundo, o alemán Europa-Park.

Efteling foi inaugurado en 1935 coa apertura dun parque deportivo e de sendeirismo. Despois de que o proxecto permanecese inactivo durante os anos da guerra, o Stichting Natuurpark de Efteling (Fundación do Parque Natural de Efteling) creouse en 1950 para dirixir o crecemento e futuras expansións do parque, aínda conceptualizado como un parque de descanso e natural. O comité directivo do parque estaba formado naquel entón polo alcalde de Loon op Zand, R.J. van der Heijden, o cineasta Peter Reijnders e o deseñador Anton Pieck (1895-1987). A fundación recibiu o nome dunha granxa local do século XVI chamada Ersteling. Despois de que en 1950 se cavase un estanque, que aínda existe e ao que poden acceder os visitantes no parque actual, e en 1951 se construíse unha casa de té tematizada, Efteling xa como parque de atraccións abriu o 31 de maio de 1952, data que hoxe o parque considera a súa data oficial de fundación. [1]

Áreas temáticas

[editar | editar a fonte]

Inicialmente Efteling presentou aos seus visitantes catro áreas temáticas divididas nos catro puntos cardinais, no entanto tras unha reestruturación do ano 1990, engadíronselle tematizacións a cada área pivotando sobre o concepto artístico de Anton Pieck ,o Sprookjesbos, de ser un gran bosque de fadas : a Norte pasou a ser Reizenrijk; Oeste, Marerijk; Leste, Ruigrijk; e Sur, Anderrijk. En 2017, coa apertura de Symbolica, toda a zona de acceso e o paseo principal do parque ata Symbolica, con esta incluída, pasou a formar a súa propia área temática, Fantasierijk.

Reizenrijk (Reino das Viaxes)

[editar | editar a fonte]

Inclúe a atracción Carnaval Festival, no que o visitante viaxa por áreas tematizadas de 7 países diferentes.

Marerijk (Reino das Fadas)

[editar | editar a fonte]

O Bosque das Fadas ocupa o centro desta área temática, na que se poden visitar animatrónicos e decoracións de máis dunha trintena de contos de fantasía clásicos como A sereíña, A vendedora de mistos, O traxe novo do emperador, O príncipe ra, O lobo e os sete cabuxos ou Rumpelstiltskin.

Ruigrijk (Reino das Aventuras)

[editar | editar a fonte]

Área coas montañas rusas máis rápidas coma a Double-Loop Python (inaugurada en 1981)

Anderrijk (O Outro Reino)

[editar | editar a fonte]

Área adicada a atraccións con temáticas de culturas non occidentais como a Dark Ride acuática Fata Morgana-As mil e unha noites con máis de 140 animatrónicos inaugurada en 1986 ou Piraña

Fantasierijk (Reino da Fantasía)

[editar | editar a fonte]

Buatizada tras a inauguración de Symbolica: Palace of Fantasy.

Baron 1898

[editar | editar a fonte]
Baron 1898, montaña rusa do tivo Dive Coaster, antes da caída de 90 graos de pendente.

Baron 1898 é unha montaña rusa do tipo Dive Coaster (caracterizada por ter unha baixada de 90 graos de inclinación) producida polo fabricante suízo Bolliger & Mabillard , está situada na área de entrada en Ruigrijk. Inaugurouse o 1 de xullo de 2015. A banda sonora da montaña rusa foi creada pola Orquestra Filharmónica de Bruxelas.

Os visitantes asumen o papel dos empregados de Hooghmoed, empresa mineira familiar; a cola comeza cun pre-show onde se cruza unha ponte de ferro sobre un regato real ata as oficinas centrais e os cuarteis da mina, onde os hóspedes terán unha audiencia co ferreño Barón que, mediante unha aplicación de proxeccións e animatrónica, ofrecerá aos visitantes unha breve charla sobre seguridade, antes de advertirlles severamente que non crean na lenda da "Witte Wieven". Os hóspedes pasarán da oficina á tenda de maquinaria e mantemento da mina para abordar os coches especiais da mina. É entón cando os espíritos das "Mulleres sabias" atacan de súpeto os vagóns da montaña rusa; este efecto conséguese mediante a tecnoloxía de proxección e os animatrónicos (as pantasmas proxectadas voan sobre cabezas de xinetes, e varios tubos parecen estourar). Despois duns segundos, o vagón do tren cae 37,5 metros no devandito pozo cheo de fume e sae executando un xiro Immelmann sobre os raís. Os pilotos entran nunha curva na que se acada zero g antes de viaxar por unha hélice de 360° de ritmo rápido, seguidos por un pequeno bunnyhop. Segue o freo final, que conduce á zona de almacenamento de equipos do complexo mineiro onde desembarcan os visitantes.

O corredor de saída segue tematizado e conduce a un café chamado a Melkhuisje (literalmente a leiteira). Isto débese a unha tradición na que os mineiros normalmente tomaban un vaso de leite despois de horas de traballo nas minas.

A pista de Baron 1898 foi fabricada nos Estados Unidos, mentres que a súa réplica do pozo da mina foi producida en Hungría.[2]

Symbolica

[editar | editar a fonte]
Vagóns de tecnoloxía trackless en Symbolica

Symbolica é unha Dark Ride con tecnoloxía trackless, isto é os vagóns dos visitantes móvense libremente sobre o interior dos salóns, sen vías ou raís fixos para o seu percorrido. A atracción baséase nas aventuras dentro do Castelo que vive a mascota do parque Pardoes, un mago do planeta Symbolica. Cun custo de 35 millóns de euros, esta é a atracción máis cara da historia do parque e a atracción de parque temático máis cara de todo Benelux. A atracción construíuse no medio do parque no Paseo de Entrada de Pardoes na zona temática do Reino de Fantasía durante o ano 2016. Esta área tivo que ser completamente reconstruída para dar cabida ao castelo da Dark Ride, como a rotonda Brink, que tivo que ser demolida.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Efteling". disneyparksfanon. Consultado o 11-10-2024. .
  2. "Baron 1898". eftelingfansite.de. Consultado o 11-10-2024. .