Eflornitina
| Eflornitina | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| C₆H₁₂F₂N₂O₂ | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||||||||


A eflornitina ou α-difluorometilornitina (DFMO), vendida co nome comercial Ornidyl entre outros, é un medicamento usado para tratar a tripanosomíase africana (enfermidade do sono) e o crecemento excesivo de pelo facial en mulleres. [1][2][3][4] Úsase especificamente para o segundo estadio da enfermidade do sono causada por Trypanosoma brucei gambiense e pode utilizarse xunto co nifurtimox.[3][5] Adminístrase por vía intravenosa ou topica.[3][4] É un inhibidor da ornitina descarboxilase.[2]
Efectos secundarios comúns cando se aplica como crema son erupcións cutáneas, arroibamento e sensación de queimura.[4] Os efectos secundarios da forma inxectable son supresión da medula ósea, vómitos e convulsións.[5] Non está claro se é seguro o seu uso durante o embarazo ou lactación.[5] Recoméndase para nenos de máis de 12 anos.[5]
A eflornitina foi desenvolvida na década de 1970 e iniciou o seu uso médico en 1990.[6] É un dos medicamentos da Lista de medicinas esenciais da OMS.[7] Nos países onde non hai normalmente casos de enfermidade do sono, este medicamento non está moi dispoñible; por exemplo, nos Estados Unidos a forma inxectable pode obterse nos Centros para o Control e Prevención de Enfermidades.[5] En rexións do mundo onde a enfermidade do sono é común, a eflornitina proporciónaa gratis a Organización Mundial da Saúde.[8]
Usos médicos
[editar | editar a fonte]Enfermidade do sono
[editar | editar a fonte]A enfermidade do sono ou tripanosomíase africana trátase con pentamidina ou suramina (dependendo da subespecie do parasito causante) administrada por inxección intramuscular na primeira fase da doenza, e con melarsoprol e eflornitina por inxección intravenosa na segunda fase da doenza. A eflornitina adoita darse en combinación con nifurtimox, que reduce o tempo de tratamento a 7 días de infusións de eflornitina mái 10 días de tabletas orais de nifurtimox.[9]
A eflornitina é tamén efectiva en combinación con outros fármacos, como melarsoprol e nifurtimox. Un estudo de 2005 comparou a seguridade da eflornitina soa coa do melarsoprol e atopou que a eflornitina era máis efectiva e segura no tratamento da segunda fase da enfermidade do sono causada por Trypanosoma brucei gambiense.[10] A eflornitina non é efectiva no tratamento se a infección é por Trypanosoma brucei rhodesiense debido á baixa sensibilidade do parasito ao fármaco, polo que no seu lugar, utilízase melarsoprol.[11] Outro ensaio de control aleatorizado feito en Uganda comparou a eficacia de varias combinacións destes fármacos e atopou que a combinación nifurtimox-eflornitina era o réxime de tramtamento de primeira liña máis prometedor.[12]
Un ensaio de control aleatorizado realizado no Congo, Costa do Marfil, República Democrática do Congo e Uganda para determinar se un réxime intravenoso de 7 días era tan eficiente coma o réxime estándar de 14 días para casos novos e recaídas, obtivo resultados que mostraban que o réxime máis curto era eficaz nos casos de recaídas, pero era inferior ao réxime estándar para casos novos da doenza.[13]
O tratamento de combinación nifurtimox-eflornitina (NECT) é un réxime efectivo para o tratamento da tripanosomíase africana en segunda fase causada por T. b. gambiense.[14][15]
Resistencia do tripanosoma
[editar | editar a fonte]Despois da súa introdución no mercado na década de 1980, a eflornitina substituíu o melarsoprol como medicamento de primeira liña contra a tripanosomíase africana humana debido á súa reducida toxicidade para o hóspede.[13] Informouse de Trypanosoma brucei resistantes á eflornitina na década de 1980.[13]
O xene TbAAT6, conservado no xenoma dos tripanosomas, considérase que codifica o transportador de membrana que fai entrar a eflornitina na célula.[16] A perda deste xene debido a mutacións específicas causa resistencia á eflornitina en varios tripanosomas.[17] Non é eficaz en pacientes de tripanosomíase africana humana causada por un tripanosoma que contén un xene TbAAT6 mutado ou non efectivo. A resistencia á eflornitina incrementou o uso de melarsoprol malia a súa toxicidade, o cal estivo ligado á morte do 5 % dos pacientes receptores.[13]
Exceso de pelo facial en mulleres
[editar | editar a fonte]A crema tópica con efloretina é un tratmento indicado para o hirsutismo facial en mulleres.[1][18] É a única prescrición tópica que fai máis lento o crecemento do pelo facial.[19] En estudos clínicos coa marca Vaniqa, o 81 % das mulleres mostraban unha mellora clínica despois de 12 meses de tratamento.[20] Observáronse resultados positivos despois de 8 semanas.[21] Porén, ao deixar de usar a crema producíase un recrecemento do pelo ata os niveis basais en 8 semanas.[22]
O tratamento con Vaniqa reduce significativamente a repercusión psicolóxica do hirsutismo facial.[23]
Neuroblastoma
[editar | editar a fonte]Nalgúns países, como nos Estados Unidos, a efloritina está indicada para reducir o risco de recaída en persoas con alto risco de neuroblastoma.[2]
Contraindicacións
[editar | editar a fonte]Tópicas
[editar | editar a fonte]Nos ensaios clínicos, os datos dun limitado número de embarazos expostos indican que non hai evidencias clínicas de que o tratamento con eflornitina afecte adversamente a mulleres grávidas ou fetos.[24]
Administración oral
[editar | editar a fonte]Non se realizaron estudos adecuados e ben controlados con eflornitina sobre o embarazo en humanos. A eflornitina só debería usarse durante o embrazo se os posibles beneficios superan os posibles riscos para o feto. Porén, como a tripanosomíase africana ten unha alta taxa de mortalidade se non se trata, o tratamento con eflornitina pode xustificar o potencial risco para o feto.[25]
Efectos secundarios
[editar | editar a fonte]A eflornitina non é xenotóxica; non se observaron efectos indutores de tumores en estudos de carcinoxenicidade, incluíndo un estudo de fotocarcinoxenicidade.[26] Non se detectaron efectos teratoxénicos.[27]
Forma tópica
[editar | editar a fonte]A forma tópica da eflornitina véndese co nome comercial Vaniqa. O efecto secundario do que se informa máis frecuentemente é o acne (7–14 %). Outros efectos secundarios comunmente reportados (> 1%) son problemas cutáneos, tales como reaccións nos pelos en crecemento, perda de pelo, sensación de queimura, picada ou formigo, pel seca, proído, arroibamento ou erupcións.[1]
Forma intravenosa
[editar | editar a fonte]A dose da forma intravenosa da eflornitina véndese co nome comercial Ornidyl. A maioría dos efectos secundarios relacionados co uso sistémico por inxección son transitorios e reversibles ao deixar de tomar o fármaco ou diminuír a súa dose. As anormalidades hematolóxicas ocorren frecuentemente, e están entre o 10 e o 55 %. Estas anormalidades están realcionadas coa dose e adoitan ser reversibles. A trombocitopenia pénsase que se debe a un defecto de produción en vez de á destrución periférica. Observáronse convulsións en aproximadamente o 8 % dos pacientes, pero pode estar máis relacionada co estado da doenza que co fármaco. Produciuse unha perda auditiva reversible no 30–70 % dos pacientes que recibiran unha terapia a longo prazo (máis de 4–8 semanas de terapia ou unha dose total de >300 g); a perda da audición en altas frecuencias é a primeira que aparece, seguida de perda nas frecuencias medias e baixas. Como o tratmento da tripanosomíase africana é de curto prazo, é improbable que os pacientes perdan audición.[1]
Interaccións
[editar | editar a fonte]Forma tópica
[editar | editar a fonte]Non se fixeron estudos de interacción coa forma tópica.[24]
Mecanismo de acción
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A eflornitina é un "inhibidor suicida", que se une irreversiblemente á ornitina descarboxilase (ODC) e impide que o substrato natural ornitina acceda ao sitio activo (Figura 1). Dentro do sitio activo da ODC, a eflornitina sofre descarboxilación coa axuda do cofactor piridoxal 5'-fosfato (PLP). Debido a este grupo adicional difluorometil en comparación coa ornitina, a eflornitina pode unirse ao residuo veciño Cys-360, permanecendo fixada permanentemente no sitio activo.[27]
Evidencias
[editar | editar a fonte]O mecanismo de reacción da ornitina descarboxilase (ODC) de Trypanosoma brucei coa ornitina caracterizouse por espectroscopia UV-VIS para identificar os intermediarios que se forman durante a reacción. O método específico da espectroscopia de fluxo parado de multi-lonxitudes de onda utiliza luz monocromática e fluorescencia para identificar cinco intermediarios específicos debido a cambios nas medidas de absorbancia.[28] O número de recambio do estado estacionario, kcat, da ODC calculouse que era 0,5 s−1 a 4 °C.[28] A partir desta caracterización, determinouse o paso limitante da velocidade para a liberación do produto putrescina na reacción da ODC coa ornitina. Ao estudar o mecanismo de reacción hipotético para a eflornitina, a información recollida de péptidos radioactivos e mapado da efloretina, cromatografía líquida de alta presión, e secuenciación en fase de péoptidos suxeriu que os residuos Lys-69 e Cys-360 están unidos covalentemente no sitio activo da ODC de T. brucei.[29] Utilizando espectrometría de masas de bombardeo de átomos rápidos (FAB-MS), detrminouse que a conformación estrutural da eflornitina despois da súa interacción coa ODC era (S)-((2-(1-pirrolina-metil) cisteína, un aduto imina cíclico. A presenza deste determinado produto estaba apoiada pola posibilidade de reducir máis o produto final a (S)-((2-pirrol) metil) cisteína en presenza de NaBH4 e oxidar o produto final a (S)-((2-pirrolidina) metil) cisteína (Figura 2).[29]
Sitio activo
[editar | editar a fonte]A inhibición suicida da ODC pola eflornitina bloquea fisicamente o acceso do substato natural ornitina ao sitio activo do encima (Figura 3).[27] Existen dous sitios activos distintos formados pola homodimerización da ornitina descarboxilase. O tamaño da abertura do sitio activo é de aproximadamente 13,6 Å. Cando estas aberturas no sitio activo están bloqueadas, non hai outros camiños polos que a ornitina poida entrar no sitio activo. Durante o estado intermedio da eflornitina co PLP, a súa posición preto da Cys-360 permite que ocorra unha interacción. Como o fosfato do PLP está estbilizado pola Arg 277 e o bucle rico en Gly (235-237), o grupo difluorometil da eflornitina pode interaccionar e permanecer fixado tanto á Cys-360 coma ao PLP antes da transiminación. Como se mostra na figura, o anel de pirrolina inerfire coa entrada da ornitina (Figura 4). A eflornitina permanece permanentemente unida na súa posición á Cys-360. Como a ODC ten dous sitios activos, cómpren dúas moléculas de eflornitina para inhibir completamente a actividade da ODC de descarboxilación da ornitina.
- Mecanismo de reacción eflornitina-ODC.
- Figura 2
Evidencias experimentais do produto final da eflornitina.[29]
- Figura 1
(A) Estrutura 3D da L-ornitina; (B) estrutura 3D da eflornitina. esta molécula é similar á estrutura da L-ornitina, pero o seu grupo alfa-difluorometil permite a interacción coa Cys-360 do sitio activo. - Figura 3
Sitio activo da ODC formado por homodimerización (estruturas da superficie verdes e brancas). (A) ornitina no sitio activo da ODC, coa Cys-360 salientada en amarelo; (B) produto da descarboxilación da eflornitina unido á Cys-360 (salientada en amarelo). O anel de pirrolina bloquea a entrada da ornitina no sitio activo.[30]
Historia
[editar | editar a fonte]A eflornitina desenvolveuse inicialmente para o tratmento do cancro no Instituto de Investigación Merrell Dow a finais da década de 1970, pero viuse que non era efectiva para tratar tumores malignos. Porén, descubriuse que era moi efectiva para reducir o crecemento dos pelos,[22] así como no tratamento da tripanosomíase africana (enfermidade do sono),[31] especialmente a forma de África occidental (causada por Trypanosoma brucei gambiense).
Tratamento da enfermidade do sono
[editar | editar a fonte]O fármaco rexistrouse para o tratamento da enfermidade do sono gambiense o 28 de novembro de 1990.[11] Porén, en 1995 Aventis (agora Sanofi-Aventis) parou a produción do fármaco, cuxo principal mercado eran os países africanos, porque non lle daba beneficios.[32]
En 2001, Aventis e a OMS formaron unha colaboración de cinco anos durante a cal Aventis produciu máis de 320.000 viais de pentamidina, uns 420.000 de melarsoprol e unhas 200.000 botellas de eflornitina, para darllos á OMS e ser distribuídos pola asociación Médicos sen Fronteiras[33][34] nos países onde a enfermidade do sono é endémica.
Segundo Médicos sen Fronteiras, isto só ocorreu despois de "anos de presión internacional", e coincidindo co período no que se xerou a atención dos medios a causa do lsnzamento doutro produto baseado na eflornitina (a crema Vaniqa para a prevención do hirsutismo facial en mulleres),[32] mentres que a súa formulación que salva vidas (para a enfermidade do sono) non se estaba producindo.
Sociedade e cultura
[editar | editar a fonte]
Status legal
[editar | editar a fonte]A eflornitina, vendida co nome de marca Vaniqa, foi aprobada pola Unión Europea e a FDA dos Estados Unidos[35] entre outros. É un tratamento de prescrición tópico que fai máis lento o crecemento dos pelos faciais.[19][18]
O Ornidyl, a marca da forma inxectable da eflornitina, ten licenza de Sanofi-Aventis, e a súa produción cesou nos Estados Unidos.[36]
En xullo de 2025, Norgine B.V. retirou a súa petición na Unión Europea para unha autorización de comercialización de Ifinwil (marca de efloretina) para o tratamento de persoas con alto risco de neuroblastoma (cancro de células nerviosas en diferentes partes do corpo).[37]
Nomes de marca
[editar | editar a fonte]A eflornitina véndese cos nomes de marca Iwilfin, Ornidyl e Vaniqa.[35]
Investigación
[editar | editar a fonte]Terapia quimiopreventiva
[editar | editar a fonte]Sinalouse que a ornitina descarboxilase (ODC) mostra unha alta actividade en célluas tumorais, promovendo o crecemento e división celulares, mentres que a ausencia de actividade da ODC orixina a diminución da putrescinae, causando a alteración da síntese de ARN e ADN. Os fármacos que inhiben o crecemento celular considéranse candidatos para a terapia do cancro, así que a eflornitina críase que tiña unha posible utilidade como axente anticancro.
Porén, varios ensaios clínicos demostraron resultados de menor importancia.[38] Atopouse que a inhibición da ODC pola eflornitina non mata as células proliferantes, o que a fai ineficaz como axente quimioterápico. A inhibición da formación das poliaminas pola actividade da ODC pode ser mellorada por medios dietéticos e bacterianos porque se encontra en altas concentracións no queixo, carne vermella e algunhas bacterias intestinais, proporcionando reservas se a ODC está inhibida.[39] Aínda que o papel das poliaminas na carcinoxénese aínda non está clara, sinalouse que a síntese de poliaminas é máis un axente causante que un efecto asociativo do cancro.[38]
Outros estudos suxeriron que a eflornitina podería axudar a facer certa quimioprevención rebaixando os niveis de poliaminas na mucosa colorrectal, cunha evidencia preclínica forte adicional dispoñible para a aplicación da eflornitina na carcinoxénese colorrectal e de pel.[38][39] Isto fixo que a eflornitina fose unha terapia quimiopreventiva de apoio especialemnte para o cancro de colon en combinación con outros medicamentos. Varios estudos adicionais atoparon que a eflornitina en combinación con outros compostos diminúe as concentracións de carcinóxenos como etilnitrosourea, dimetilhidrazina, azoximetano, metilnitrosourea e hidroxibutilnitrosamina no cerebro, medula espiñal, intestino, glándulas mamarias e vexiga urinaria.[39]
Usos veterinarios
[editar | editar a fonte]A eflornitina é efectiva en ratos.[40][41] Bacchi et al. 1980 atoparon que era curativa da infección por T. b. brucei en ratos e xeralmente sen toxicidade.[40] Klug et al. 2016[40] opinan que isto demostra que é prometedora para o tratamento oral. Porén, Jansson et al. 2008 tamén trataron ratos con ela con éxito e atoparon que a farmacocinética da administración oral en ratas moi negativa.[41] Brun et al. 2010[41] opinaron que os resultados de Jansson acabaron coas perspectivas de usala para un tratamento oral.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "Vaniqa- eflornithine hydrochloride cream". DailyMed. 18 de setembro de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2024.
- 1 2 3 "Iwilfin- eflornithine hydrochloride tablet". DailyMed. 21 de decembro de 2023. Consultado o 26 de febreiro de 2024.
- 1 2 3 "19th WHO Model List of Essential Medicines (April 2015)" (PDF). WHO. abril de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015.
- 1 2 3 "Eflornithine". The American Society of Health-System Pharmacists. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2016.
- 1 2 3 4 5 "CDC - African Trypanosomiasis - Resources for Health Professionals". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 10 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2016. Consultado o 6 de decembro de 2016.
- ↑ Steverding D (2016). "Sleeping Sickness and Nagana Disease Caused by Trypanosoma brucei". En Marcondes CB. Arthropod Borne Diseases. Springer. p. 292. ISBN 978-3-319-13884-8. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017.
- ↑ World Health Organization (2023). The selection and use of essential medicines 2023: web annex A: World Health Organization model list of essential medicines: 23rd list (2023). Geneva: World Health Organization. hdl:10665/371090. WHO/MHP/HPS/EML/2023.02.
- ↑ "Trypanosomiasis, human African (sleeping sickness)". World Health Organization. febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2016. Consultado o 7 de decembro de 2016.
- ↑ Babokhov P, Sanyaolu AO, Oyibo WA, Fagbenro-Beyioku AF, Iriemenam NC (xullo de 2013). "A curresnt analysis of chemotherapy strategies for the treatment of human African trypanosomiasis". Pathogens and Global Health 107 (5): 242–252. PMC 4001453. PMID 23916333. doi:10.1179/2047773213Y.0000000105.
- ↑ Priotto G, Fogg C, Balasegaram M, Erphas O, Louga A, Checchi F, Ghabri S, Piola P (decembro de 2006). "Three drug combinations for late-stage Trypanosoma brucei gambiense sleeping sickness: a randomized clinical trial in Uganda". PLOS Clinical Trials 1 (8 (número de artigo: e39)). PMC 1687208. PMID 17160135. doi:10.1371/journal.pctr.0010039.
- 1 2 Lutje V, Seixas J, Kennedy A (xuño de 2013). "Chemotherapy for second-stage human African trypanosomiasis". The Cochrane Database of Systematic Reviews 2013 (6 (número de artigo: CD006201)). PMC 6532745. PMID 23807762. doi:10.1002/14651858.cd006201.pub3.
- ↑ Chappuis F, Udayraj N, Stietenroth K, Meussen A, Bovier PA (setembro de 2005). "Eflornithine is safer than melarsoprol for the treatment of second-stage Trypanosoma brucei gambiense human African trypanosomiasis". Clinical Infectious Diseases 41 (5): 748–751. PMID 16080099. doi:10.1086/432576.
- 1 2 3 4 Vincent IM, Creek D, Watson DG, Kamleh MA, Woods DJ, Wong PE, Burchmore RJ, Barrett MP (novembro de 2010). "A molecular mechanism for eflornithine resistance in African trypanosomes". PLOS Pathogens 6 (11 (número de artigo: e1001204)). PMC 2991269. PMID 21124824. doi:10.1371/journal.ppat.1001204.
- ↑ "Nifurtimox-eflornithine combination treatment for sleeping sickness (human African trypanosomiasis): WHO wraps up training of key health care personnel". World Health Organization. 23 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014.
- ↑ Franco JR, Simarro PP, Diarra A, Ruiz-Postigo JA, Samo M, Jannin JG (2012). "Monitoring the use of nifurtimox-eflornithine combination therapy (NECT) in the treatment of second stage gambiense human African trypanosomiasis". Research and Reports in Tropical Medicine 3: 93–101. PMC 6067772. PMID 30100776. doi:10.2147/RRTM.S34399.
- ↑ Sayé M, Miranda MR, di Girolamo F, de los Milagros Cámara M, Pereira CA (2014). "Proline modulates the Trypanosoma cruzi resistance to reactive oxygen species and drugs through a novel D, L-proline transporter". PLOS ONE 9 (3 (artigo número: e92028)). Bibcode:2014PLoSO...992028S. PMC 3956872. PMID 24637744. doi:10.1371/journal.pone.0092028.
- ↑ Barrett MP, Boykin DW, Brun R, Tidwell RR (decembro de 2007). "Human African trypanosomiasis: pharmacological re-engagement with a neglected disease". British Journal of Pharmacology 152 (8): 1155–71. PMC 2441931. PMID 17618313. doi:10.1038/sj.bjp.0707354.
- 1 2 "NHS and UKMi New Medicines Profile" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2010.
- 1 2 Balfour JA, McClellan K (xuño de 2001). "Topical eflornithine". American Journal of Clinical Dermatology 2 (3): 197–201; discussion 202. PMID 11705097. doi:10.2165/00128071-200102030-00009.
- ↑ Schrode K, Huber F, Staszak J (The Eflornithine Study Group) (marzo de 2000). Evaluation of the long-term safety of eflornithine 15% cream in the treatment of women with excessive facial hair, Poster 294. 58th Annual Meeting American Academy of Dermatology. San Francisco; USA. Erro no estilo Vancouver: initials (Axuda)
- ↑ Schrode K, Huber F, Staszak J, Altman DJ, Shander D, Morton J (The Eflornithine Study Group) (marzo de 2000). Randomized, double-blind, vehicle-controlled safety and efficacy evaluation of eflornithine 15% cream in the treatment of women with excessive facial hair. Poster 291. 58th Annual Meeting of the Academy of Dermatology. San Francisco; USA. Erro no estilo Vancouver: initials (Axuda)
- 1 2 Wolf JE, Shander D, Huber F, Jackson J, Lin CS, Mathes BM, Schrode K (xaneiro de 2007). "Randomized, double-blind clinical evaluation of the efficacy and safety of topical eflornithine HCl 13.9% cream in the treatment of women with facial hair". International Journal of Dermatology 46 (1): 94–98. PMID 17214730. doi:10.1111/j.1365-4632.2006.03079.x.
- ↑ Jackson J, Caro JJ, Caro G, Garfield F, Huber F, Zhou W, Lin CS, Shander D, Schrode K (Eflornithine HCl Study Group) (setembro de 2007). "The effect of eflornithine 13.9% cream on the bother and discomfort due to hirsutism". International Journal of Dermatology 46 (9): 976–81. PMID 17822506. doi:10.1111/j.1365-4632.2007.03270.x. Erro no estilo Vancouver: initials (Axuda)
- 1 2 "Vaniqa Summary of Product Characteristics 2008". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2009.
- ↑ "Ornidyl Drug Information". Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2011.
- ↑ Malhotra B, Noveck R, Behr D, Palmisano M (setembro de 2001). "Percutaneous absorption and pharmacokinetics of eflornithine HCl 13.9% cream in women with unwanted facial hair". Journal of Clinical Pharmacology 41 (9): 972–978. PMID 11549102. doi:10.1177/009127000104100907. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016.
- 1 2 3 Vaniqa Product Monograph (PDF). Cipher Pharmaceuticals Inc. 8 de xullo de 2015 – vía Drug and Health Product Register, Canada.
- 1 2 Brooks HB, Phillips MA (decembro de 1997). "Characterization of the reaction mechanism for Trypanosoma brucei ornithine decarboxylase by multiwavelength stopped-flow spectroscopy". Biochemistry 36 (49): 15147–15155. PMID 9398243. doi:10.1021/bi971652b.
- 1 2 3 Poulin R, Lu L, Ackermann B, Bey P, Pegg AE (xaneiro de 1992). "Mechanism of the irreversible inactivation of mouse ornithine decarboxylase by alpha-difluoromethylornithine. Characterization of sequences at the inhibitor and coenzyme binding sites". The Journal of Biological Chemistry 267 (1): 150–158. PMID 1730582. doi:10.1016/S0021-9258(18)48472-4.
- ↑ Grishin NV, Osterman AL, Brooks HB, Phillips MA, Goldsmith EJ (novembro de 1999). "X-ray structure of ornithine decarboxylase from Trypanosoma brucei: the native structure and the structure in complex with alpha-difluoromethylornithine". Biochemistry 38 (46): 15174–15184. PMID 10563800. doi:10.1021/bi9915115.
- ↑ Pepin J, Milord F, Guern C, Schechter PJ (decembro de 1987). "Difluoromethylornithine for arseno-resistant Trypanosoma brucei gambiense sleeping sickness". Lancet 2 (8573): 1431–1433. PMID 2891995. doi:10.1016/S0140-6736(87)91131-7.
- 1 2 "Supply of sleeping sickness drugs confirmed". Médecins Sans Frontières. 3 May 2001. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2015.
- ↑ "Sanofi-Aventis Access to Medicines Brochure" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de novembro de 2008.
- ↑ "IFPMA Health Initiatives: Sleeping Sickness". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2006.
- 1 2 Vaniqa Training Programme Module 5 (Informe).
- ↑ "Drugs@FDA: FDA-Approved Drugs". accessdata.fda.gov. Consultado o 27 de xullo de 2025.
- ↑ "Ifinwil EPAR". European Medicines Agency (EMA). 25 de xullo de 2025. Consultado o 27 de xullo de 2025. O texto copiouse desta fonte que ten copyright da Axencia Europea do Medicamento. A reprodución está autorizada sempre que se mencione a fonte.
- 1 2 3 Raul F (abril de 2007). "Revival of 2-(difluoromethyl)ornithine (DFMO), an inhibitor of polyamine biosynthesis, as a cancer chemopreventive agent". Biochemical Society Transactions 35 (Pt 2): 353–5. PMID 17371277. doi:10.1042/BST0350353.
- 1 2 3 Gerner EW, Meyskens FL (outubro de 2004). "Polyamines and cancer: old molecules, new understanding". Nature Reviews. Cancer 4 (10): 781–792. PMID 15510159. doi:10.1038/nrc1454.
- 1 2 3 Klug DM, Gelb MH, Pollastri MP (xuño de 2016). "Repurposing strategies for tropical disease drug discovery". Bioorganic & Medicinal Chemistry Letters (Elsevier) 26 (11): 2569–2576. PMC 4853260. PMID 27080183. doi:10.1016/j.bmcl.2016.03.103. NIHMS 777366.
- 1 2 3 Büscher P, Cecchi G, Jamonneau V, Priotto G (novembro de 2017). "Human African trypanosomiasis". Lancet (Elsevier) 390 (10110): 2397–2409. PMID 28673422. doi:10.1016/s0140-6736(09)60829-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eflornitina |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Número do ensaio clínico NCT02395666 para "Preventative Trial of Difluoromethylornithine (DFMO) in High Risk Patients With Neuroblastoma That is in Remission" en ClinicalTrials.gov
- Número do ensaio clínico NCT02679144 para "Neuroblastoma Maintenance Therapy Trial (NMTT)" en ClinicalTrials.gov