Saltar ao contido

Efipo de Olinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEfipo de Olinto
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Olinto, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortep. século IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, escritor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Efipo (en grego antigo Ἔφιππος Ephippos) foi un historiador grego nado en Olinto que escribiu sobre Alexandre Magno .

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Suponse que viviu durante o reinado de Alexandre ou pouco despois, pero non se sabe con certeza. Se fose a mesma persoa mencionada por Flavio Arriano con este nome, sería Efipo nomeado polo rei superintendente (ἐπίσκοπος) de Exipto xunto con Esquilo de Rodas, e podería demostrarse que viviu nesta época.

Ateneo de Naucratis fai referencia á súa obra co título Sobre a morte de Alexandre e Hefesto, aínda que Diodoro de Sicilia e outros autores parecen telo consultado. Polos fragmentos existentes, probabelmente estivo máis centrado no carácter e nas actividades privadas das persoas que nas súas accións políticas e militares.

Plinio o Vello fala dun Efipo que era unha autoridade sobre as plantas, pero pénsase que era unha persoa diferente[1].

  1. Ephippus of Olynthus a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 25