Efecto Föhn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Efecto Foehn»)
A orografía obriga a masa de aire a ascender, condensando o vapor de auga e producindo choivas. Na outra ladeira da montaña (sotavento) o aire, xa seco, descende aumentando rapidamente a presión atmosférica e a temperatura.

O efecto Föhn, tamén transcrito Foehn, é o nome que recibe o vento cálido e seco que bufa en sotavento dunha cordilleira. O Föhn foi descrito por primeira vez no Tirol, onde recibiu este nome.

Este vento prodúcese en relevos montañosos cando unha masa de aire cálido e húmido é forzada a ascender para salvar ese obstáculo. Isto fai que o vapor de auga se arrefríe e experimente un proceso de condensación ou sublimación inversa formando nubes primeiro e precipitándose deseguido nas ladeiras de barlovento (nubes e choivas orográficas). Cando isto ocorre existe un forte contraste climático entre ambas as vertentes, con grande humidade e choiva a barlovento, mentres que a sotavento o tempo está despexado e a temperatura aumenta polo proceso de compresión adiabática. Este fenómeno está motivado porque o aire xa seco e cálido descende rapidamente pola ladeira, quecendo a medida que aumenta a presión ao descender.

Efectos[editar | editar a fonte]

En Galicia, esta situación de ventos é frecuente no Alto do Fiouco, provocando o peche da autovía A-8 a barlovento, mentres a sotavento, xa na Terra Chá, o tempo está despexado.[1]

Nomes[editar | editar a fonte]

O vento Föhn recibe distintos nomes en función do lugar onde se produce, como o chinook nas Montañas Rochosas. En España chámaselle airín de les castañes en Asturias, abriguna en Cantabria, solano en Castela, levante no estreito de Xibraltar, cierzo no Val do Ebro, ou fogony no Pireneo catalán.

Notas[editar | editar a fonte]