EfB Ishockey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EfB Ishockey
Fundación1964
CidadeEsbjerg,
Syddanmark
Dinamarca Dinamarca
EstadioEsbjerg Skøjtehal
(4.195 espectadores)
LigaSuperisligaen
Campionatos5
AdestradorDinamarca Olaf Eller
CoresAzul e branco e vermello
           
Na rede
http://www.esbjergenergy.dk/

O EfB Ishockey é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Esbjerg, no oeste de Xutlandia (Dinamarca). Xoga os seus partidos no Granly Hockey Arena, que ten unha capacidade para 4195 espectadores. Actualmente compite na Superisligaen, a máxima categoría do hóckey sobre xeo de Dinamarca, competición que gañou en cinco ocasións.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado o 4 de novembro de 1964 co nome de Esbjerg IK Oilers. Tan só cinco anos despois da súa fundación o club conseguiu o seu primeiro gran logro ao gañar o título de Liga en 1969, mais tardaría case vinte anos en conseguir o seu segundo título en 1988. Dende o 2004, ano no que o equipo consegue o seu último título ata a data, o club compite baixo o nome de E.I.K. (Esbjerg Ishockey Klub), mais debido aos problemas económicos do club, a súa licenza profesional foi transferida ao Esbjerg fB, un equipo dinamarqués de fútbol que compite na Superligaen, a máxima categoría do fútbol en Dinamarca. No 2005 foi renomeado como Esbjerg fB Ishockey.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]