Saltar ao contido

Eesti Raudtee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eesti Raudtee

Editar o valor en Wikidata
Tipoempresa estatal
Fundación1992
LocalizaciónTalín, Estonia Estonia
Industriatransporte
Na rede
evr.ee Editar o valor en Wikidata
Facebook: eestiraudtee Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

AS Eesti Raudtee, coñecida como Eesti Raudtee ou EVR, é a empresa nacional de infraestruturas ferroviarias de Estonia. Posúe unha rede de 1 191 quilómetros de vía férrea de vía ancha (1 524 mm) en todo o país, incluíndo os 192 quilómetros empregados polos trens de proximidades Elron arredor de Talín. O seu único accionista é o Goberno de Estonia.

Creación e primeiras operacións

[editar | editar a fonte]

Pouco despois da Restauración da Independencia de Estonia, a empresa estatal Eesti Raudtee estableceuse como a compañía ferroviaria nacional de Estonia o 1 de xaneiro de 1992.[1] As actividades da empresa consistían principalmente no movemento de mercadorías ferroviarias, en particular de produtos petrolíferos rusos, aos portos estonianos libres de xeo no mar Báltico; os servizos de pasaxeiros eran normalmente proporcionados por operadores separados que funcionaban coa infraestrutura de Eesti Raudtee a través dunha serie de acordos de acceso ás vías.[1]

Privatización

[editar | editar a fonte]

A mediados do ano 2000 anunciouse que o goberno estoniano estaba a procurar privatizar as súas operacións ferroviarias.[2][3] O 31 de agosto de 2021, o 66% das accións da empresa vendéronse a Baltic Rail Services, un consorcio de Rail World (25.5%), Jarvis (25.5%), Railroad Development Corporation (5%), e OÜ Ganiger Invest, liderado polos empresariosestonianos Jüri Käo e Guido Sammelselg (44%).[4][5]

Como resultado da privatización, introducíronse rapidamente novas estruturas de xestión na empresa, xunto cun investimento considerable destinado a instaurar as mellores prácticas internacionais, entre outros obxectivos.[6] En 2002 Eesti Raudtee presentou un novo logotipo e unha nova identidade corporativa durante o seu décimo aniversario. O novo logotipo eran as dúas letras "E" e "R", de cor vermella, que se fusionan para simbolizar o nome da empresa.

Tras as eleccións de 2003, o goberno estoniano cambiou as normas sobre os dereitos de acceso aberto e puxo un límite ao nivel das taxas de acceso ás vías que se podían impor, o que afectou negativamente á viabilidade comercial de Eesti Raudtee, provocando que as relacións entre Baltic Rail Services e o estado se deteriorasen. En xullo de 2005, Baltic Rail Services emitiu unha notificación de disputa ao goberno estoniano na que afirmaba que se producira un incumprimento dos tratados bilaterais de investimento.[7] En abril de 2006, a disputa entre as dúas partes escalara aos niveis máis altos e plantexouse a posible venda da participación en Eesti Raudtee.[8][9]

Renacionalización e reestruturación

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2007 o goberno estoniano renacionalizou Eesti Raudtee, o que puxo fin á participación de Baltic Rail Services.[10][11][1] Durante o ano 2009 fundáronse dúas novas filiais de propiedade total de EVR: EVR Infra, responsable da xestión da infraestrutura ferroviaria, e EVR Cargo, que asumiu as operacións de transporte de mercadorías da empresa matriz.[12][13] Segundo se informou, esta reorganización tivo como obxectivo cumprir coa lexislación da Unión Europea.[14] En 2012 o operador de mercadorías AS EVR Cargo (renomeado Operail en 2018) separouse de Eesti Raudtee; case ao mesmo tempo, EVR Infra pasou a chamarse Eesti Raudtee.[15][16]

Investimentos en infraestruturas e modernización

[editar | editar a fonte]

Os últimos anos da década de 2010 e os primeiros da de 2020 estiveron marcados por unha serie de investimentos na infraestrutura ferroviaria de Estonia. En decembro de 2017, completáronse os traballos de modernización de 57 km da liña clave Tapa-Tartu, o que facilitou que os trens de pasaxeiros circulasen a unha velocidade máxima de 120 km/h, mentres que os trens de mercadorías tamén puideron circular a unha velocidade de ata 80 km/h.[17] Entre 2018 e 2021 Mipro volveu sinalizar a liña Lääne-Harju que vai cara ao oeste desde Talín.[18] En xullo de 2020 anunciouse o lanzamento dun programa de investimento dunha década de duración, destinado a elevar os niveis de calidade e seguridade.[19] En decembro de 2020 unha empresa conxunta formada polas empresas de enxeñaría españolas Ardanuy Ingeniería e Ayesa Ingenieria y Arquitectura obtivo un contrato de 3,7 millóns de euros para elaborar os requisitos técnicos e os deseños preliminares dun programa de electrificación de 25 kV e 50 Hz que abrangue case a totalidade da rede ferroviaria non electrificada de Estonia.[20]

Cooperación rexional

[editar | editar a fonte]

En maio de 2018 a empresa, xunto coas compañías ferroviarias de Letonia e Lituania, asinou un acordo para establecer conxuntamente a ruta de transporte de mercadorías Amber Train dende Šeštokai a través de Riga ata Talín.[21] Como parte desta iniciativa, construíuse unha nova terminal de mercadorías multimodal conectada directamente co porto de Muuga, o que facilita o transbordo de mercadorías entre o mar e a rede ferroviaria estoniana.[22] O 13 de setembro de 2022 o primeiro servizo Amber Train partiu de Muuga cara a terminal de Kaunas; as mercadorías da terminal tamén se transportarán a Muuga na viaxe de regreso, a maioría das cales se enviarán a Finlandia.[23][24]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Eesti Raudtee". rrdc.com (en inglés). Consultado o 2025-04-13. 
  2. "Smallest state in privatisation vanguard". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  3. "Rail Estonia dumped amid controversy". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  4. "Baltic Rail Services Completes the Purchase of a Controlling Interest in Eesti Raudtee, Estonian State Railway" (PDF). Railroad Development Corporation. Consultado o 14 de abril de 2025. 
  5. "Estonian agreement". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  6. "International best practice takes root in Europe". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  7. "Dispute in Estonia". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  8. "Sell-out mooted in Estonia". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  9. "Threats fly in Estonian conflict". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  10. "Raudtee tagasiost sai heakskiidu". Äripäev. 2007-10-10. Consultado o 2025-04-14. 
  11. "EVR's private interlude is over - Railway Gazette". web.archive.org. 2012-05-31. Consultado o 2025-04-14. 
  12. "Eesti Raudtee". Eesti Raudtee (en estoniano). Consultado o 2025-04-14. 
  13. "AS EVR Infra". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  14. "EVR split takes effect - Railway Gazette". web.archive.org. 2019-04-24. Consultado o 2025-04-14. 
  15. "Company History". Eesti Raudtee. 2017-06-23. Consultado o 2025-04-14. 
  16. "Operail". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  17. "Tapa – Tartu modernisation completed". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  18. "Estonian signalling contract awarded". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  19. "Estonia’s ‘ambitious’ rail investment plan gets underway". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  20. "Estonian electrification design contract awarded". Railway Gazette International (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  21. "Baltic railway leaders sign Amber Train agreement". ERR (en inglés). 2018-05-29. Consultado o 2025-04-14. 
  22. Briginshaw, David (2020-05-15). "Bids invited for Estonian multimodal freight terminal". International Railway Journal (en inglés). Consultado o 2025-04-14. 
  23. "The Amber Train embarks on its first journey today". www.baltictimes.com. Consultado o 2025-04-14. 
  24. "Amber Train test journey started". Railway PRO (en inglés). 2022-09-30. Consultado o 2025-04-14. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]