Edward Weston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edward Weston
Edward Weston ca 1915.jpg
Edward Weston retratado por Fred R. Archer.
Nome completoEdward Henry Weston
Nacemento24 de marzo de 1886
 Highland Park, Illinois, EUA
Falecemento1 de xaneiro de 1958
 Carmel Highlands, California, EUA
CausaPárkinson
NacionalidadeEstadounidense
OcupaciónFotógrafo
CónxuxeCharis Wilson
FillosBrett Weston
MovementoGrupo f/64
Fotografía directa
Coñecido/a porNautilus, Pepper No. 30 e Nude
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
edward-weston.com
editar datos en Wikidata ]

Edward Henry Weston, nado en Highland Park (Illinois) o 24 de marzo de 1886 e finado en Carmel Highlands (California) o 1 de xaneiro de 1958, foi un fotógrafo estadounidense, un dos máis destacados dentro da fotografía directa e cofundador do Grupo f/64.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 24 de marzo de 1886 en Highland Park, dende mozo destacou polo seu traballo artístico na fotografía en branco e negro, encadrándose nos seus comezos no pictorialismo. En 1911 abriu un estudio de retratos en Glendale e en 1914 foi membro fundador de Los Angeles Camera Pictorialist, malia isto, nos anos vinte evolucionou cara unha fotografía máis abstracta.

En 1921 coñeceu a Tina Modotti, que se convirteu na súa amante, polo que entre 1923 e 1925 mantivo un estudio en México e relacionouse cos movementos artísticos do momento. A influencia do seu amigo Diego Rivera supuxo un cambio completo no seu estilo.[1]

O 12 de abril de 1924 expuxo unha serie de fotografías de temática industrial durante a Velada Estridentista, onde se reuniron varios artistas experimentais de diversas nacionalidades que nese momento traballaban ou estaban de visita na Cidade de México. Colaborou no movemento estridentista por medio de publicacións nas revistas Irradiador e Horizonte. Durante a súa estancia en México mantivo amizade con Manuel Álvarez Bravo, Nahui Ollin e Frida Kahlo.

En 1927 volta a California e instala un novo estudio en Carmel Highlands, contando coa colaboración do seu fillo Brett. Nos seus traballos fotográficos xa comeza a empregar unha gran profundidade de campo e un alto nivel de enfoque nas escenas de paisaxes, nos retratos e de modo especial nos primeiros planos de formas naturais poco comúns. A maioría da súa obra realizouna cunha cámara de fol de 8x10 pulgadas, coa que conseguía unha maior claridade e definición nas fotografías e que lle permitía obter as copias en papel por contacto. En 1932 é membro fundador do Grupo f/64, que propón unha estética próxima ao realismo, ao contrario que o movemento pictorialista.

En 1937 obtivo unha bolsa de estudos da Fundación Solomon R. Guggenheim, a primeira que se lle deu a un fotógrafo.

Faleceu o 1 de xaneiro de 1958 na súa casa de Wildcat Hill en Carmel Highlands, en California, a causa da síndrome de Parkinson.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gernsheim, H.; Gernsheim, A. (1965). A concise history of photography. Thames and Hudson. OCLC 425560. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]