Edward Turner Bennett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edward Turner Bennett
Nacemento6 de xaneiro de 1797
 Londres
Falecemento21 de agosto de 1836
 Londres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónzoólogo, ictiólogo e médico
IrmánsJohn Joseph Bennett
editar datos en Wikidata ]

Edward Turner Bennett, nado en Hackney (Londres), o 6 de xaneiro de 1797 e finado o 21 de agosto de 1836 en Londres, foi un médico, zoólogo e escritor inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

E, T. Bennett naceu en Hackney, e fixo prácticas de cirurxía, pero o seu principal interese sempre foi a zooloxía.

En 1822 intentou establecer unha sociedade de entomoloxía, que máis adiante se convertería nunha sociedade de zooloxía cunha certa conexión coa Sociedade linneana de Londres. Este foi o comenzo da Zoological Society of London, da cal Bennett foi secretario entre 1831 e 1836.

Entre as súas obras destacan The Tower Menagerie (1829) e The Gardens and Menagerie of the Zoological Society (1831). Tamén escribiu, xunto con G. T. Lay, a sección sobre peixes na obra Zoology of Beechey's Voyage (1839).

Honores[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Na súa honra dedicáronse as seguintes especies:[1]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

As abreviaturas Bennet e E. T. Bennet empréganse para indicar a Edward Turner Bennett como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bo Beolens, Michael Watkins, Michael Grayson. The Eponym Dictionary of Mammals. Ed. JHU Press, 2009. ISBN 0-8018-9304-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]