Edward Daly
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de febreiro de 1891 Limerick |
| Morte | 4 de maio de 1916 prisión de Kilmainham |
| Causa da morte | ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Arbour Hill |
| Educación | CBS Sexton Street (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Bráithreachas na Poblachta |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Óglaigh na hÉireann |
| Participou no conflito | Alzamento de Pascua |
Edward "Ned" Daly ou Éamonn Ó Dálaigh (en irlandés), nado o 28 de febreiro de 1891 en Limerick (Irlanda) e executado o 4 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham Gaol, foi comandante do Primeiro Batallón de Dublín durante o Alzamento de Pascua de 1916. Era o home máis novo con rango militar e un dos prisioneiros máis novos que foron executados tralo Alzamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ned Daly naceu en Limerick (Irlanda), era o irmán máis novo de Kathleen Clarke, esposa de Thomas J. Clarke, e membro activo da Irmandade Republicana Irlandesa. O seu tío foi John Daly, un importante feniano que tomou parte no Alzamento Feniano de 1867.
O batallón de Daly, con base en Four Courts e nas áreas ao Norte e Leste do centro de Dublín, participou na loita máis intensa da revolta. Daly rendeu o seu batallón o 29 de abril. No xuízo alegou que o único que facía era cumprir ordes, mais foi condenado a morte e fusilado o 4 de maio de 1916 en Kilmainham Gaol á idade de 25 anos.
Os homes do seu batallón afirmaron que era un bo comandante, unha opinión compartida tamén por un oficial británico capturado polo batallón de Daly.
