Edward Carson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Carson
Sir Edward Carson, bw photo portrait seated.jpg
Nome completoEdward Henry Carson
Nacemento9 de febreiro de 1854
Lugar de nacementoDublín
Falecemento22 de outubro de 1935
Lugar de falecementoIsle of Thanet
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterTrinity College Dublín
Ocupaciónpolítico, xuíz e Barrister
PaiEdward Henry Carson
NaiIsabella Lambert
CónxuxeAnnette Kirwan e Ruby Frewen
FillosWilliam Henry Lambert Carson, Walter Seymour Carson e Edward Carson (Conservative politician)
PremiosKnight Bachelor, par vitalício e Doctor of Law (honorary)
Na rede
WikiTree: Carson-6475
editar datos en Wikidata ]

Sir Edward Carson, nado como Edwar Henry Carson o 9 de febreiro de 1854 en Dublín (Irlanda) e finado o 22 de outubro de 1935 en Kent (Inglaterra), foi líder dos unionistas irlandeses, ademais de avogado e xuíz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carson naceu no seo dunha adiñeirada familia protestante de Dublín. Estudou Dereito no Trinity College de Dublín. Comezou a súa carreira política en 1892, cando foi elixido Procurador Xeral (Solicitor-Xeral) por Irlanda, aínda que entón nin sequera era membro da Cámara dos Comúns. Foi elixido membro do Parlamento pola Universidade de Dublín ese mesmo ano, como unionista, aínda que o seu partido perdese as eleccións fronte aos liberais.

Foi nomeado Procurador Xeral por Inglaterra en 1900, sendo nomeado cabaleiro ex officio. sostivo este cargo ata que o goberno conservador dimitiu en 1905, pasando a ser membro do consello privado do reino.

En 1910, a petición de James Craig, aceptou o liderado dos unionistas. O 28 de setembro de 1912 foi o primeiro asinante do Pacto do Ulster, mediante o cal os unionistas comprometíanse a impedir a aplicación da Home Rule "con todos os medios necesarios". En xaneiro de 1913 fundou a Ulster Volunteer Force (UVF) -Forza Voluntaria do Ulster-, o primeiro grupo lealista de natureza paramilitar. A pesar dos esforzos de Carson, a Home Rule foi finalmente aprobada, pero o inicio da Gran Guerra impediu a súa aplicación.

O 25 de maio de 1915, Asquith nomeouno Fiscal Xeral dentro do goberno de coalición formado tras a caída do goberno liberal. Con todo, renunciou ao cargo o 19 de outubro, pola súa oposición á política que o goberno estaba seguindo nos Balcáns, durante a primeira guerra mundial. Cando Ashquit dimitiu, volveu ao goberno como Primeiro Lord do Almirantado e Ministro sen carteira.

A principios de 1918 decidiuse estender o servizo militar obrigatorio a Irlanda, aprobándose a Home Rule como contrapartida. Carson non estivo de acordo, dimitindo novamente o 21 de xaneiro de 1918. Deixou o seu escano pola Universidade de Dublín e presentouse por Belfast. Continuou liderando aos unionistas, pero cando finalmente en 1920 aprobouse a Home Rule (baixo o nome de Lei de Goberno de Irlanda), impulsou ao seu partido para que traballase por evitar que os seis condados do Ulster estivesen baixo a lexislación da nova Home Rule. Este obxectivo conseguiuse cando Irlanda se dividiu e abriuse o Parlamento de Irlanda do Norte.

Carson, xa desde ese momento, advertiu que a marxinación dos católicos en Irlanda do Norte acabaría por desestabilizar a rexión, como finalmente acabou ocorrendo.

Como avogado, defendeu ao Marqués de Queensberry tras ser denunciado nun folleto por Oscar Wilde, dándose a circunstancia de que Wilde e Carson eran rivais desde o Trinity College.

Lord Carson retirouse da política en 1929. Tras a súa morte, o goberno de Irlanda do Norte rendeulle un funeral con honras de Xefe de Estado. O seu corpo foi enterrado na Catedral de Santa Ana de Belfast, sendo ata agora a única persoa que recibiu tal honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]