Crianza dos fillos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Educación dos nenos»)
Unha muller nepalesa cargando un bebé nas costas.

A crianza ou educación dos nenos é o proceso de promover e apoiar o desenvolvemento físico, emocional, social, económico e intelectual dun neno, dende a infancia ata a idade adulta. A crianza dos fillos refírese a todos os aspectos da educación dun neno, alén da relación biolóxica.[1]

Os encargados máis comúns so os pais biolóxicos do neno en cuestión, aínda que noutros casos poden ser un irmán maior, un avó, un titor legal, tía, tío ou outro membro da familia ou un amigo da familia.[2]

Os gobernos e a sociedade tamén poden ter un papel na crianza dos nenos. En moitos casos, os nenos orfos ou abandonados reciben coidado de pais dos que non teñen ningunha relación de sangue. Outros poden ser adoptados, criados en fogares de acollida, ou colocados nun orfanato. As habilidades da crianza varían, e un pai con boas habilidades pode ser ser un bo pai.[3]

O pediatra e psicanalista inglés Donald Winnicott describe que o concepto da paternidade é «suficientemente bo» cando se cumpren un mínimo de requisitos previos para o desenvolvemento saudable do neno. As opinións sobre as características que fan que un pai sexa bo o «suficientemente bo» varían dunha cultura a outra. Ademais, a investigación apoia que a historia dos pais, tanto en termeos de relacións de calidade variable así como a psicopatoloxía dos pais, sobre todo no que atinxe ás experiencies adversas, pode influír fortemente nos resultados da sensibilidade dos menores por parte dos seus proxenitores.[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Davies, Martin (2000). The Blackwell encyclopedia of social work. Wiley-Blackwell. p. 245. ISBN 978-0-631-21451-9. 
  2. Bernstein, Robert (20 de febreiro de 2008). "Majority of Children Live With Two Biological Parents". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2008. Consultado o 26 marzo de 2009. 
  3. Johri, Ashish. "6 Steps for Parents So Your Child is Successful". humanenrich.com. Consultado o 2 de marzo de 2014. 
  4. Schechter, D.S., & Willheim, E. (2009). Disturbances of attachment and parental psychopathology in early childhood. Infant and Early Childhood Mental Health Issue. Child and Adolescent Psychiatry Clinics of North America, 18(3), 665-687.
  5. Grienenberger, J., Kelly, K. & Slade, A. (2005). Maternal Reflective Functioning, Mother-Infant Affective Communication and Infant Attachment: Exploring The Link Between Mental States and Observed Caregiving. Attachment and Human Development, 7, 299-311.
  6. Lieberman, A. F., Padrón, E., Van Horn, P. and Harris, W. W. (2005), Angels in the nursery: The intergenerational transmission of benevolent parental influences. Infant Ment. Health J., 26: 504–520. doi: 10.1002/imhj.20071