Eduardo Lourenço

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo Lourenço

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Eduardo Lourenço de Faria Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1923 Editar o valor em Wikidata
São Pedro de Rio Seco, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónensaísta , profesor universitario , escritor , filósofo , crítico literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Hamburgo
Universidade de Coímbra
Universidade de Heidelberg
Universidade de Grenoble (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webeduardolourenco.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0522091 Dialnet: 158679 Editar o valor em Wikidata

Eduardo Lourenço de Faría, nado en São Pedro de Rio Seco (Almeida) o 23 de maio de 1923 e finado en Lisboa, o 1 de decembro de 2020[1], foi un profesor e filósofo portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Oriúndo dunha pequena aldea da Beira Interior, é o máis vello dos sete fillos de Abílio de Faría, capitán de Infantaría, e de Maria de Jesus Lourenço. Mudouse para a Garda en 1932 e ingresou no Colexio Militar en 1934, un ano despois de o pai partir para Nampula, en Mozambique.

En 1940, estudante na Universidade de Coímbra, encontra aí un ambiente aberto e propicio á reflexión cultural que sempre habería de proseguir. Obtén a licenciatura en Ciencias Histórico-Filosóficas en 1946. Tórnase profesor asistente da Facultade de Letras entre 1947 e 1953, colaborando con Joaquim de Carvalho. É nese período que publica o seu primeiro libro, Heterodoxia (1949), que reúne unha parte da súa tese de licenciatura, O Sentido da Dialéctica no Idealismo Absoluto. Colaborou tamén no Diario de Coímbra, publicando as Crónicas Heterodoxas.

En 1949 realiza unha estadía na Universidade de Bordéus 2, cunha bolsa do Programa Fulbright. Lector de Cultura Portuguesa entre 1953 e 1955 nas universidades de Hamburgo e Heidelberg, exerce a mesma actividade na Universidade de Montpellier de 1956 a 1958. Casa con Annie Salamon, en Dinard, en 1954. Tras un ano pasado na Universidade Federal da Bahia, como profesor convidado de Filosofía, pasou a vivir en Francia en 1960.

Fixou a residencia en Vence, en 1965. Foi lector na Universidade de Grenoble de 1960 a 1965 e maître assistant na Universidade de Nice até 1987, pasando a maître de conferences en 1986. Tornouse profesor xubilado en Nice en 1988.

En 1989 asume funcións como conselleiro cultural xunto da Embaixada Portuguesa en Roma, até 1991. Desde 1999 ocupa o cargo de administrador (non executivo) da Fundación Calouste Gulbenkian, en Lisboa.

O Centro de Estudos Ibéricos creou na súa homenaxe o Premio Eduardo Lourenço, atribuído desde 2005 e destinado a agraciar personalidades ou institucións con intervención relevante no ámbito da cultura, da cidadanía e da cooperación ibéricas.[2]

O 28 de novembro de 2015 foi creada polo Concello de Coímbra a Sala Eduardo Lourenço, na Casa da Escrita, destinada a albergar cerca de 3000 libros do intelectual.[3]

Tomou posesión a 7 de abril de 2016 como Conselleiro de Estado, designado polo Presidente Marcelo Rebelo de Sousa.

Influenciado pola lectura de Husserl, Kierkegaard, Nietzsche, Heidegger, Sartre ou polo coñecemento das obras de Dostoievski, Franz Kafka ou Albert Camus, foi asociado ao existencialismo, sobre todo ao redor dos anos cincuenta, altura en que colaborou na Árbore e se tornou amigo de Vergílio Ferreira. Nunca se deixou emparellar, porén, a calquera escola de pensamento, xa que, aínda que favorábel a ideas de esquerda, nunca abandonou unha actitude crítica perante esa esquerda.

Cunha clara autoridade moral, foille atribuído o Premio Europeo de Ensaio Charles Veillon (concedido en 1988 por ocasión da súa obra Nós e a Europa ou as Duas Razões) o ano en que foi colocado en Roma como agregado cultural portugués.

Crítico e ensaísta literario, virado predominantemente para a poesía, asinou ensaios polémicos como Presença ou a Contra-Revolução do Modernismo Português? no O Comercio do Porto (1960) ou un particular estudo sobre o neorrealismo titulado Sentido e Forma da Poesia Neorrealista (1968). Aproximouse á modernidade na obra de Fernando Persoa, a propósito da cal deu á estampa o volume Pessoa Revisitado (1973) ou Fernando Rei da nossa Baviera (1986). Indiferente á sucesión de correntes teóricas, e fuxindo tanto ao historicismo como a pretensas análises obxectivas, a perspectiva de Lourenço influenciou xa outros autores, como, por exemplo, Eduardo Prado Coelho, e encóntrase enunciada nun libro central, Tempo e Poesia (1974).

Eduardo Lourenço ten participado na Semana Galega de Filosfía.

En 2018 Basilio Losada resultou gañador do Premio Eduardo Lourenço.[4]

Faleceu o 1 de decembro de 2020 en Lisboa, aos 97 anos de idade.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Heterodoxia I (1949). Coimbra, Coimbra Editora.
  • O Desespero Humanista na Obra de Miguel Torga (1955). Coimbra, Coimbra Editora.
  • Heterodoxia II (1967). Coimbra, Coimbra Editora.
  • Sentido e Forma da Poesia Neo-Realista (1968). Lisboa, Editorial Ulisseia.
  • Fernando Pessoa Revisitado. Leitura Estruturante do Drama em Gente (1973). Porto, Editorial Inova.
  • Tempo e Poesia – À Volta da Literatura (1974). Porto, Editorial Inova.
  • Os Militares e o Poder (1975) Lisboa, Arcádia.
  • O Fascismo nunca Existiu (1976). Lisboa, Publicações D. Quixote.
  • Situação Africana e Consciência Nacional (1976). Amadora, Publicações Génese.
  • O Labirinto da Saudade – Psicanálise Mítica do Destino Português (1978). Lisboa, Publicações D. Quixote.
  • O Complexo de Marx ou o Fim do Desafio Português (1979). Lisboa, Publicações D. Quixote.
  • O Espelho Imaginário – Pintura, Anti-Pintura, Não-Pintura (1981). Lisboa, Imprensa Nacional – Casa da Moeda
  • Poesia e Metafísica – Camões, Antero, Pessoa (1983) Lisboa, Sá da Costa Editora.
  • Ocasionais I (1984). Lisboa, A Regra do Jogo.
  • Fernando, Rei da Nossa Baviera (1986). Lisboa, Imprensa Nacional – Casa da Moeda.
  • Heterodoxia I e II (1987). Lisboa, Assírio e Alvim.
  • Nós e a Europa ou as Duas Razões (1988). Lisboa, Imprensa Nacional – Casa da Moeda.
  • O Canto do Signo – Existência e Literatura (1957-1993) (1994). Lisboa, Editorial Presença. 2017 Lisboa, Gradiva
  • A Europa Desencantada – Para uma Mitologia Europeia (1994) Lisboa, Visão.
  • Cultura e Política na Época Marcelista (1996). Lisboa, Cosmos.
  • Nós Como Futuro (1997) Lisboa, Assírio & Alvim.
  • O Esplendor do Caos (1998). Lisboa, Gradiva.
  • Portugal como Destino seguido de Mitologia da Saudade (1999). Lisboa, Gradiva.
  • A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia (1999). Lisboa, Gradiva.
  • A Noite Intacta. (I)recuperável Antero (2000) Vila do Conde, Centro de Estudos Anterianos.
  • Destroços – O Gibão de Mestre Gil e Outros Ensaios (2004) Lisboa, Gradiva.
  • O Lugar do Anjo – Ensaios Pessoanos (2004). Lisboa, Gradiva.
  • A Morte de Colombo – Metamorfose e Fim do Ocidente como Mito (2005) Lisboa, Gradiva.
  • As Saias de Elvira e Outros Ensaios (2006). Lisboa, Gradiva.
  • Paraíso sem Mediação (2007). Porto, ASA Editores. (breves ensaios sobre Eugénio de Andrade)
  • A Esquerda na Encruzilhada ou Fora da História? – Ensaios Políticos (2009). Lisboa, Gradiva.
  • Pequena meditação europeia. A propósito de Guimarães (2011). Lisboa, Verbo-Babel.
  • Heterodoxias (O.C. Vol.I) (2011). Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian.
  • Tempo da Música, Música do Tempo (2012). Lisboa, Gradiva.
  • Os Militares e o Poder seguido de O Fim de Todas as Guerras e a Guerra Sem Fim (2013). Lisboa, Gradiva.
  • Do Colonialismo como Nosso Impensado (2014). Lisboa, Gradiva
  • Sentido e Forma da Poesia Neo-realista e Outros Ensaios, (O.C. Vol. II) (2014). Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian.
  • Do Brasil, fascínio e miragem (2015). Lisboa, Gradiva.
  • Crónicas quase marcianas (2016). Lisboa, Gradiva.
  • Tempo e Poesia, (O.C. Vol. III), (2016). Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian.
  • Da Pintura (2017) Lisboa, Gradiva.
  • Tempo Brasileiro: Fascínio e Miragem (2018) Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian. (O.C. Vol. IV)
  • Da Música (2019 Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian. (O.C. Vol. V)
  • Estudos sobre Camões (2019). Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian. (O.C. Vol. VI)
  • Antero. Portugal como Tragédia (2019). Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2020ː Prémio Árvore da Vida - Padre Manuel Antunes
  • 2019ː Prémio Livraria Lello – Eduardo Lourenço
  • 2018ː Prémio de Filosofia-Carreira da Câmara Municipal de Abrantes
  • 2016ː Premio Vasco Graza Moura-Cidadanía Cultural (2016) instituído pola Estoril-Sol en parceria coa editora Babel.[6]
  • 2016ː Prémio Europeu Helena Vaz da Silva para a Divulgação do Património Cultural
  • 2013ː Prémio Jacinto do Prado Coelho
  • 2012ː Prémio Universidade de Lisboa
  • 2011ː Premio Pessoa
  • 2011ː Prémio Vida e Obra (Sociedade Portuguesa de Autores)
  • 2008ː Medalla de Mérito Cultural do Ministerio da Cultura
  • 2008ː Medalla de Ouro da Cidade da Garda
  • 2007ː Doutoramento Honoris Causa, pola Universidade de Bolonha (2007)
  • 2007ː Creación da Cátedra Eduardo Lourenço de Historia da Cultura Portuguesa na Universidade de Bolonha
  • 2007ː Homenaxe no Congreso Internacional Xardíns do Mundo
  • 2006ː Premio Extremadura para a Creación
  • 2003ː Homenaxe da revista brasileira Metamorfoses
  • 2003ː Homenaxe da Biblioteca Municipal da Maia
  • 2001ː Premio Vergílio Ferreira
  • 2001ː Medalla de Ouro da Cidade de Coímbra
  • 1998ː Doutoramento Honoris Causa, pola Universidade Nova de Lisboa
  • 1996ː Doutoramento Honoris Causa, pola Universidade de Coímbra
  • 1996ː Premio Camões
  • 1995ː Doutoramento Honoris Causa, pola Universidade do Río de Xaneiro
  • 1992ː Premio António Sérgio
  • 1988ː Premio Europeo de Ensaio Charles Veillon
  • 2016ː Premio Vasco Graza Moura-Cidadanía Cultural (2016) instituído pola Estoril-Sol en parceria coa editora Babel.[6]

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Foron outorgadas a Eduardo Lourenço diversas condecoracións.[7]

Portuguesas[editar | editar a fonte]

  • Grande-Oficial da Antiga, Nobilíssima e Esclarecida Orde Militar de Sant'Iago da Espada, do Mérito Científico, Literario e Artístico (13 de xullo de 1981)Portugal
  • Grã-Cruz da Orde do Infante D. Henrique (10 de xuño de 1992)Portugal
  • Grã-Cruz da Antiga, Nobilíssima e Esclarecida Orde Militar de Sant'Iago da Espada, do Mérito Científico, Literario e Artístico (21 de maio de 2003)Portugal
  • Grã-Cruz da Orde da Liberdade (9 de xuño de 2014)Portugal

Estranxeiras[editar | editar a fonte]

  • Oficial da Orde Nacional do Mérito de Francia (1996)Francia
  • Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras de Francia (2000)Francia
  • Cabaleiro da Orde Nacional da Legião de Honra de Francia (2002)Francia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lusa, Pedro Rios. "Morreu Eduardo Lourenço, gigante do pensamento português". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-12-01. 
  2. "CEI - Centro de Estudos Ibéricos". www.cei.pt. Consultado o 2020-04-14. 
  3. Lusa. "Três mil livros de Eduardo Lourenço ganham nova casa em Coimbra". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-14. 
  4. asociacionescritoras-es. "Basilio Losada Castro vence Prémio Eduardo Lourenço 2018 Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-04-14. 
  5. "Morreu Eduardo Lourenço, gigante do pensamento português". 1/12/2020. Consultado o 1/12/2020. 
  6. 6,0 6,1 "Eduardo Lourenço vence 1.ª edição do Prémio Vasco Graça Moura - JN". www.jn.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-14. 
  7. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Eduardo Lourenço de Faria". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]