Eduardo Fajardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Fajardo
Eduardo Fajardo, 2012
Nome completoEduardo Martínez Fajardo
Nacemento14 de agosto de 1924 (99 anos)
LugarMosteiro, Meis, provincia de Pontevedra Galicia Galicia
Falecemento4 de xullo de 2019
LugarCidade de México
NacionalidadeEspaña e México
Cónxuxe(s)Carmelita González
Profesiónactor
Coñecido/a porEduardo Martínez Fajardo
Na rede
IMDB: nm0265761 Allocine: 70847 Rottentomatoes: celebrity/edward_fajardo Allmovie: p22546 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Martínez Fajardo, nado no Mosteiro (Meis) o 14 de agosto de 1924 e morto en México o 4 de xullo de 2019[1], foi un actor de cinema galego. Traballou en arredor de 160 filmes entre 1947 e 2002, salientando o seu importante rol dentro do Spaghetti Western.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De adolescente marchou a Santander a facer o Bacharelato. Entre 1942 e 1946 traballou como actor de dobraxe. Iniciouse no cinema en Héroes del 95 (Raúl Alfonso, 1947). Os seus primeiros papeis foron como actor secundario en filmes que acadaron certa sona no seu momento, como Locura de amor (Juan de Orduña, 1948), Balarrasa (José Antonio Nieves Conde, 1950) ou Alba de América (Juan de Orduña, 1951).

En 1953 trasladouse a México, onde compaxinou a participación no cinema con aparicións televisivas. Regresou a España e retomou a carreira cinematográfica, cunha frenética actividade que o levou a participar até nunha media de quince títulos anuais, abundando os papeis de vilán en Spaghetti Westerns.

Na súa etapa final compaxinou o cinema e a dobraxe con aparicións televisivas en series como La Barraca (1979), Os gozos e as sombras (1982) ou Tristeza de amor (1986).

Participou tamén en obras de teatro, pasando da actuación (Candida, 1985) á dirección co proxecto Teatro sin barreras para persoas con discapacidade, do que é responsable desde 2002.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Don Quijote de la Mancha (1947).
  • La dama de armiño (1947).
  • Locura de amor (1948).
  • Agustina de Aragón (1950).
  • Balarrasa (1951).
  • La leona de Castilla (1951).
  • Alba de América (1951).
  • Orgullo de mujer (1955).
  • Escuela de rateros (1956).
  • Macario (1960).
  • Ánimas Trujano (1961)).
  • El séptimo de caballería (1965).
  • La ciudad no es para mí (1966).
  • Winchester, uno entre mil (1968).
  • El taxi de los conflictos (1969).
  • Salario para matar (1971).
  • No es bueno que el hombre esté solo (1973).
  • El último viaje (1974).
  • Los cuatro mosqueteros (1974).
  • Polvos mágicos (1979).
  • Esto es un atraco (1987).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]