1000 12/16

Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego
Barreiros Azor.jpg
Modelo de camión Barreiros.
Ficha técnica
Título orixinalEduardo Barreiros, o Henry Ford galego
DirectorSimón Casal de Miguel
ProdutorContinental Producciones
GuiónJosé Luis Acosta
IntérpretesManuel Regueiro, Christian Escuredo, Manolo Solo, Brais Varela, María Tasende, Rebeca Montero, Salvador del Río
MúsicaAntonio Meliveo
FotografíaIñigo Zubicaray
Estrea2011
Duración99 min
OrixeGalicia Galicia
XéneroLongametraxe para televisión

Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego[1] é un telefilme producido por Continental Producciones e Salero Films, coa participación de TVG, Canal Sur, Telemadrid, Canal 9 e Euskal Telebista.

Rodado en Galicia, dirixido por Simón Casal e protagonizado por Manu Regueiro, Julio Pereira e María Tasende, contou co asesoramento e a cesión de imaxes da Fundación Eduardo Barreiros.

Céntrase na figura do que chegou a ser un dos seis empresarios máis importantes de Europa nos anos 1960 construíndo o imperio industrial de Barreiros, que comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo).

Sinopse[editar | editar a fonte]

Eduardo Barreiros (Manu Regueiro) é un rapaz que vive coa súa familia nunha aldea ourensá, onde axuda ao seu pai (Salvador del Río) cobrando as viaxes da súa liña de autobuses. Pouco despois comeza a traballar nun taller mecánico e tras participar na guerra civil monta a súa propia empresa. Un día ocórreselle a idea de transformar os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo), o que lle da un gran pulo á súa empresa. Tras mudarse a Madrid coa súa muller (María Tasende) e o seu fillo, constrúe unha fábrica en Madrid e tenta expandir o seu negocio, loitando contra os obstáculos impostos polo seu socio comercial, Chrysler, e as propias autoridades españolas, especialmente o presidente do INI, Juan Antonio Suances (Xulio Lago).

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

O filme foi rodado orixinalmente en galego, con algúns diálogos en castelán e inglés. Foi estreado na Televisión de Galicia o 23 de xaneiro de 2013.[2] Para a súa distribución fóra de Galicia, realizouse unha dobraxe ao castelán. Os exteriores rodáronse na Coruña, Ferrol, Pontedeume e Aranga.[3]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Na 45ª edición do Festival Internacional World Fest de Houston (2012),[4] recibiu o máximo galardón, o platino, seleccionada entre títulos de todo o mundo, distinción que lle permite acceder automaticamente á selección oficial do Festival de Seúl.[5]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2011 Mellor director Simón Casal de Miguel Nomeado
Mellor filme para televisión Continental Producciones, Salero Films e TVG Gañador
Mellor dirección de produción Carlos Amoedo Nomeado
Mellor dirección artística Antonio Pereira e Ángel Amaro Nomeados
Mellor maquillaxe e peiteado Cristina Couto Nomeada
Mellor deseño de vestiario María Fandiño Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. crtvg.es, ed. (23 de xaneiro de 2013). "Televisión de Galicia estrea a tv-movie "Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego"". Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  2. "Televisión de Galicia estrea a tv-movie "Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego"". CRTVG. 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  3. "Una mini serie repasará la historia del empresario gallego Eduardo Barreiros". Faro de Vigo (en castelán). 3 de novembro de 2010. Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  4. 45th Wordlfest-Houston Arquivado 25 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. Palmarés do 45th Wordlfest-Houston. (en inglés)
  5. No Festival de Houston, o máis antigo dos que se dedican ao cine e ao vídeo independente, foron descubertas figuras do nivel de Steven Spielberg ou George Lucas, e onde hai tal grao de competitividade que a edición pasada recibiu 4.500 solicitudes procedentes de máis de 37 países.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]