Edna Payne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edna Payne
EdnaPayne.jpg
Edna Payne
Nome completo5 de decembro de 1891
NacementoNova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Lugar31 de xaneiro de 1953 (61 anos)
FalecementoOs Ánxeles (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
LugarOs Ánxeles
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Cónxuxe(s)Jack Rollens (1917–1925)
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Edna Payne, nada o 5 de decembro de 1891 e finada o 31 de xaneiro de 1953, foi unha actriz cinematográfica de nacionalidade estadounidense, activa na época do cine mudo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nada na cidade de Nova York, os seus pais eran actores teatrais. Sendo nena, Payne xa actuaba no xénero do vodevil en espectáculos xunto aos seus pais, e en 1911 debutou no cine con Higgenses Versus Judsons. Ela fixo primeiros papeis dramáticos, e posteriormente actuou nuns poucos westerns, entre eles The Girl Stage Driver (1914).[1] Foi dirixida en varios filmes por Harry Solter, un cineasta que traballaba para Lubin Manufacturing Company. Aínda que a súa carreira desenvolveuse unicamente durante os anos 1910, ao longo da mesma Payne actuou nun total de 67 producións, a miúdo como protagonista, aínda que co paso do tempo houbo de actuar para pequenas produtoras en cintas de baixo orzamento.

A actriz deixou definitivamente a pantalla en 1917, tras casar co actor Jack Rollens, do cal se divorciou en 1925.

Edna Payne faleceu nos Ánxeles en 1953, aos 61 anos de idade, por mor dunha enfermidade hepática. Foi enterrada no Cemiterio Hollywood Forever, en Hollywood[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kehr, Dave (6 de xuño de 2010). "Long-Lost Silent Films Return to America". The New York Times. 
  2. Find a Grave

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]