Edith Schönert-Geiß

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdith Schönert-Geiß
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1933
Dresden, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xuño de 2012.
Berlín.
Alemaña Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá.
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín.
Coñecido porEstudos de numismática grega.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalUlrike Peter Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1963): Membro de Honra da Sociedade Numismática Romanesa.
- (1987): Membro de Honra da Sociedade Numismática de Stara Zagora.


Edith Schönert-Geiß, nada o 7 de agosto de 1933 en Dresden (Saxonia) e finada o 12 de xuño de 2012 en Berlín, foi unha numismática alemá salientable polas súas investigacións sobre numismática grega, sinaladamente de Tracia.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de finalizar a educación secundaria en Dresden, Edith Schönert estudou Ciencias da Historia na Universidade Humboldt de Berlín. Aos seus 23 anos, o 1 de setembro de 1956, comezou a traballar no Instituto Central de Historia Antiga e Arqueoloxía, dependente da Academia de Ciencias da República Democrática Alemá, onde se implicou na continuación do proxecto Griechisches Münzwerk, sobre cecas gregas, que finalmente acabou por dirixir.[1][2][4]

Aínda que o seu apelido orixial é Schönert, logo do seu casamento substituíuno polo do seu marido, Geiß, e máis tarde comezou a asinar as súas publicacións co composto Schönert-Geiß.[3]

En 1960 acadou o doutoramento cunha tese titulada Provinzialprägung der Stadt Perinthos ("Cuñaxe provincial da cidade de Perinthos"), presentada na Universidade Humboldt. En 1966 logrou a súa habilitación como profesora universitaria co seu estudo Die frühe Silberprägung von Byzantion ("A primeira cuñaxe de prata de Bizancio").[1][2]

Con motivo da súa xubilación o 31 de agosto de 1998 foi honrada cunha publicación científica na súa homenaxe.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

  • (1965): Die Münzprägung von Perinthos. Belín.
  • (1970-1972): Die Münzprägung von Byzantion. Berlín. 1970: parte 1; 1972: parte 2.
  • (1981): Münzen aus der urchristlichen Umwelt (con K. Matthiae). Berlín.
  • (1987): Die Münzprägung von Maroneia. Berlín. ISBN 3-05-000226-3
  • (1991): Die Münzprägung von Augusta Traiana und Traianopolis. Berlín. ISBN 3-05-000940-3
  • (1999): Bibliographie zur antiken Numismatik Thrakiens und Mösiens. Berlín. ISBN 3-05-003286-3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ulrike, P. (2012 -a-).
  2. 2,0 2,1 2,2 Ulrike, P. (2012 -b).
  3. 3,0 3,1 Von Felix, L. (2012).
  4. "Griechisches Münzwerk". Akademie der Wissenschaften Berlin.
  5. Ulrike, P. [ed.] (1998).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]