Edith Joan Lyttleton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edith Joan Lyttleton
AlcumeG. B. Lancaster
Nacemento18 de decembro de 1873
Lugar de nacementoEpping Forest
Falecemento10 de marzo de 1945 e 1944
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeNova Zelandia e Reino Unido
Ocupaciónescritora
Na rede
IMDB: nm0484134 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edith Joan Lyttelton, nada en Epping[1] (Tasmania) o 18 de decembro de 1873 e finada en Londres o 10 de marzo de 1945[2], foi unha escritora de Australasia, coñecida co pseudónimo literario de G. B. Lancaster.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Clyne Vale, unha granxa familiar de ovellas. En 1879 a súa familia mudouse a outra granxa en Rakaia, Canterbury (Nova Zelandia). Foi a autora máis lida no seu país a comezos do século XX. Escribiu sobre a formación da identidade colonial e o legado do imperialismo nas vidas dos colonos e os seus descendentes. Os seus escenarios foron Australia, Canadá e Nova Zelandia. Foi influenciada por Rudyard Kipling e Robert Louis Stevenson.

En 1909 mudouse de Nova Zelandia a Londres. O seu primeiro grande éxito foi The Law-bringers (1913), levada ao cinema en Hollywood co título de The Altar Stairs. Pageant (1933) estivo nas listas das obras máis vendidas nos Estados Unidos, e con esta obra gañou a Medalla de Ouro da Australian Literary Society.[3]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Sons O' Man (1904)
  • The Spur to Smite (1905)
  • The Tracks We Tread (1907)
  • The Altar Stairs (1907)
  • Jim of the Ranges (1910)
  • The Honorable Peggy (1911)
  • The Law-Bringers (1913)
  • Food Divine (1917)
  • The Savignys (1918)
  • Pageant (1933)
  • The World is Yours (1933)
  • Promenade (1938)
  • Grand Parade (1943)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Terry Sturm. "Lyttleton, Edith Joan". Te Ara. The enciclopedy of New Zealand (publicado en 1996 en Dictionary of New Zealand Biography) (en inglés). 
  2. "Deaths". The Times (en inglés) (Londres). 13 de marzo de 1945. p. 1. 
  3. "Australian Literature: Society's Annual 'Drama Night'". The Age (en inglés). 6 de outubro de 1934. p. 21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]