Edite Soeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdite Soeiro
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1934 Editar o valor em Wikidata
Benguela, Angola Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 2009 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Edite Castro Soeiro, nada en Benguela (Angola) o 31 de marzo de 1934 e finada o 27 de xullo de 2009,[1][2] foi unha xornalista portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Benguela en 1934, que daquela pertencía á provincia ultramarina de Angola e foi alí onde, en 1950 iIniciou a actividade xornalística n'O intransigente[2] onde era a única muller na profesión; despois pasou a traballar na revista Noticia (de Angola).

En 1962, mudouse a Lisboa e foi xefe de redacción da revista Flama. En 1967, trasladouse á delegación lisboeta do semanario Notícia, de Angola, da que foi redactora xefa, e onde se converteu na primeira xornalista portuguesa en escribir sobre deportes, unha das súas paixóns.[1] Nesta condición, en 1968, Edite foi a primeira muller en Portugal en cubrir, como enviado especial, uns Xogos Olímpicos na Cidade de México.

Volveu á Flama en 1972 como redactora xefe, e permaneceu alí ata que a publicación pechou en 1976. Despois pasou ao recentemente creado semanario O Jornal, onde foi redactora e editora do suplemento O Jornal Ilustrado. Durante varios anos, tamén foi colaboradora habitual doutra publicación do mesmo grupo, o espectáculo semanal Se7e.

En 1993, incorporouse ao equipo fundador da revista Visão,[3] onde permaneceu no cargo ata 2007.[1] O seu nome aínda estaba na ficha técnica da revista como membro da oficina editorial.

O 13 de setembro de 2006 foi galardoada polo Club de Xornalistas, co Premio Gazeta de mérito polo conxunto da súa carreira.[4]

Morreu o 27 de xullo de 2009, aos 75 anos en Lisboa, logo de varias complicacións na súa saúde.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "A 27 de Julho de 2009, morreu Edite Soeiro". abaciente.blogspot.com (en portugués). 26 de xullo de 2010. Consultado o 2 de decembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Morreu a jornalista Edite Soeiro". expresso.pt (en portugués). 27 de xullo de 2009. Consultado o 2 de decembro de 2022. 
  3. Redacción (29 de xullo de 2009). "Profissionais destacam as qualidades da jornalista Edite Soeiro". jn.sapo.pt (en portugués). Archived from the original on 01 de agosto de 2009. Consultado o 2 de decembro de 2022. 
  4. Redacción (10 de Agosto de 2011). "Prémios Gazeta de Jornalismo entregues hoje nas ruínas do Convento do Carmo". barlavento.online.pt (en portugués). Archived from the original on 08 de agosto de 2010. Consultado o 2 de decembro de 2022.