Editar Adhiambo Ochieng
Editar Adhiambo Ochieng | |
---|---|
Nacemento | 1989 |
Lugar de nacemento | Kibera |
Nacionalidade | Kenya |
Ocupación | woman human rights defenders e activista polos dereitos das mulleres |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Editar Adhiambo Ochieng é unha activista de Kenya que aboga e defende os dereitos das mulleres e axuda ás sobreviventes de violencia sexual.
En 2020, converteuse na primeira gañadora do Premio Wangari Maathai en Kenya pola súa contribución para frear a expansión da pandemia de COVID-19 nos barrios marxinais de Kibera.[1][2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ochieng naceu e medrou en Kibera, un dos barrios marxinais máis grandes de Nairobi.[4][2] Foi violada ós 6 anos, e violada en grupo ós 16, após o cal os seus atacantes fachendearon do seu delito. Ela sinala estas experiencias persoais como exemplos da violencia sexual normalizada contra as mulleres, así como a forza das mulleres para vivir, e o impulso do seu activismo.[3]
Ochieng dirixe o Centro Feminista para a Paz, os Dereitos Humanos e a Xustiza en Kibera, que fundou ela.[2] É unha feminista interseccional, e o seu obxectivo é unha sociedade que "permita o pleno desenvolvemento, a seguridade, o acceso á igualdade de dereitos, unha xustiza xusta e a autorrealización das mulleres novas". O seu centro ten como obxectivo desenvolver o liderado entre as mulleres novas, servindo como unha plataforma multixeracional de organización e de creación de redes.[5] Anima ás mulleres a falar sobre as súas historias, creando conciencia e apoio ó dar a coñecer os puntos en común destas experiencias. O centro que dirixe serve como unha rede de apoio para mulleres vulnerábeis, como as que abandonan relacións abusivas.[3] Segundo o goberno de Kenya, o 45% das mulleres e as mozas entre 15–49 anos sufriron algún tipo de violencia. Moitos casos non se denuncian, e poucos reciben atención médica ou xustiza.
Editar tamén proporciona produtos sanitarios a mulleres vulnerábeis, apoia a aplicación da Resolución 1325 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas como unha forma de incluír ás mulleres nos plans de paz e seguridade, e educa ás mulleres sobre os seus dereitos constitucionais. É tamén organizadora de ferramentas con Peace Brigades International Kenya, colaborando con outras defensoras dos dereitos humanos de Nairobi (WHRD).[3] Ela estaba entre as máis de 56 persoas arrestadas durante unha marcha o 7 de xullo de 2020 contra a brutalidade policial, xa que a policía de Kenya matara a máis de 100 persoas ata ese momento en 2020.
Durante a pandemia de COVID-19 coordinou servizos porta a porta, doazóns de alimentos, e máscaras reusables para sobreviventes de violencia sexual e mulleres vulnerábeis na comunidade, ademais de achegar información sobre a pandemia á xente local.[2] Foi panelista durante a discusión anual sobre os dereitos humanos das mulleres realizada polo Consello de Dereitos Humanos da ONU, sobre o tema da COVID-19 e os dereitos das mulleres.[6] Presentouse, sen acadalo finalmente, para o escano parlamentario da Circunscrición electoral de Kibra polo partido Ukweli durante as eleccións parciais do 7 de novembro de 2019, obtendo 59 votos dun total de 41,984 emitidos.[7]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Gañou o premio Wangari Maathai en 2020 polos seus servizos comunitarios en Kibera durante a pandemia de COVID-19, converténdose na primeira gañadora do premio.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Kibra Activist Editar Ochieng' Wins Wangari Maathai Award" (en inglés). Consultado o 2020-06-28.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Kibra activist Editar Ochieng wins Wangari Maathai awardco." (en inglés). 2020-06-09. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-28.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Editar Adhiambo Ochieng, Kenyan Woman Human Rights Defender". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-06-28.
- ↑ "Copia arquivada". 27 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Faces of 4 brilliant, youthful Kenyan women doing greatness behind progressive politics arena". Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "HUMAN RIGHTS COUNCIL HOLDS SECOND PANEL OF ITS ANNUAL FULL-DAY DISCUSSION ON THE HUMAN RIGHTS OF WOMEN ON COVID-19 AND WOMEN’S RIGHTS, THEN HOLDS INTERACTIVE DIALOGUE WITH THE COMMISSION OF INQUIRY ON BURUNDI". Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "IEBC Announces Kibra Final Tally" (en inglés). Consultado o 2021-03-08.