Edita de Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edita de Lorenzo
Nacemento1968
 Ourense
Ocupaciónenxeñeira de telecomunicacións
editar datos en Wikidata ]

María Edita de Lorenzo Rodríguez, nada en Ourense o 21 de setembro de 1968,[1] é enxeñeira de Telecomunicacións e profesora titular do Departamento de Teoría da Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo (Uvigo). En 2009 foi elixida decana da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Uvigo converténdose na primeira muller en Galicia ao fronte dunha escola de enxeñaría.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Edita de Lorenzo comezou os seus estudos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Uvigo en 1986, formando parte da segunda promoción. Tras rematar a carreira foi docente durante case dous anos na Universidade de Valladolid e no 1994 regresou a Vigo, onde fixo a súa tese de doutoramento.[3] Dende 1998 é profesora titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo.[4]

En 2009 foi elixida decana da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Uvigo, cargo que ocupou durante seis anos.[5] Ademais é: Vicedecana/Vicepresidenta do COETG/AETG dende maio de 2017,[6] Secretaria da Xunta Directiva da Asociación PuntoGal dende xuño de 2017[7] e Vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia dende 2011.[4][8]

É cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), que forma parte do IEEE. As súas liñas de investigación se encadran dentro da análise e síntese de antenas e os sistemas de detección radar, participando en numerosos proxectos de investigación relacionados con sistemas de comunicacións.[4]

Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GIRL STEM, unha iniciativa para derrubar os estereotipos de sexo na tecnoloxía". Voluntariado Dixital. Consultado o 13-8-2020. 
  2. "Calendario 2017. Mulleres da Universidade de Vigo" (PDF). Uvigo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-08-2020. Consultado o 12-8-2020. 
  3. 3,0 3,1 "A profesora Edita De Lorenzo convértese na primeira directora dunha enxeñaría en Galicia". Universidade de Vigo. Consultado o 2020-08-12. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Edita de Lorenzo" (PDF). Uvigo. Consultado o 12-08-2020. 
  5. Pontevedra, Diario de (2020-02-27). "RUMBO AL 8-M. Edita de Lorenzo: "No era consciente de ser la primera, pero sí me sentí muy observada"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2020-08-12. 
  6. "AETG/COETG Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia". www.aetg.gal. Consultado o 2020-08-12. 
  7. "» Directiva da asociación". Consultado o 2020-08-12. 
  8. Referentes. "María Edita de Lorenzo Rodríguez". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-08-12. 
  9. Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21.