Edgar Kant
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de febreiro de 1902 Talín |
| Morte | 16 de outubro de 1978 Lund |
| Reitor | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Tartu |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Xeografía económica |
| Ocupación | xeógrafo, economista, catedrático, guerrilleiro |
| Empregador | Universidade de Tartu Universidade de Lund |
| Partido político | Fronte Nacional para a Implementación da Constitución |
| Membro de | |
| Premios | |
Edgar Kant, nado en Talín o 21 de febreiro de 1902 e finado en Lund o 16 de outubro de 1978, foi un xeógrafo e economista estoniano. Sentou as bases da xeografía urbana de Estonia.[1] As súas principais actividades foron o estudo da situación xeopolítica de Estonia, a xeografía urbana do país e a edición de "Atlas de Estonia".[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1928 licenciouse na Universidade de Tartu.[1] Dende 1934 foi lector (dende 1936 profesor) na Universidade de Tartu.[1]
Dende 1938 foi membro da Academia de Ciencias de Estonia; tamén foi o xefe do departamento de ciencias humanitarias.[1]
En setembro de 1944 marchou a Suecia onde traballou na Universidade de Lund.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 Kändler, Tiit (2002). A Hundred Great Estonians of the 20th Century. Estonian Encyclopaedia Publishers. pp. 66–67. ISBN 9985-70-103-8.
| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
